Skip to main content

Nautic Destination

Meira. Porto de Meira. San Bartolomeu

Sobre este patrimonio

Meira é unha parroquia do concello pontevedrés de Moaña, un concello que pertence ao grupo de municipios que conforman a península do Morrazo, en harmonía con Bueu, Cangas e Marín e que ofrecen aos seus visitantes un senfín de oportunidades para gozar das paisaxes máis increíbles, as praias máis encantadoras ou da súa gastronomía elaborada con peixes e mariscos frescos da ría.

O seu porto, situado no norte da ría de Vigo, é un porto pesqueiro. É un porto abrigado e conta con distintas instalacións, como a marina seca Illa de Samertolameu, ou o atraque de barcos de mercadorías ou pasaxeiros.

No Porto de Meira tamén se atopa a Sociedade Deportiva Samertolameu, unha entidade que se remonta moitos anos atrás, en 1933 cando gañou a súa primeira Bandeira da República, unha competición organizada polo Club Náutico de Vigo. Tras o golpe de estado e a ditadura non se realizaron máis competicións ata que no ano 1952, unha tripulación combinada de Meira e Tirán, gaña a primeira copa do Generalísimo. En 1960 Meira conseguirá o Campionato de España.

A parroquia de Meira, conta cunha completa zona de lecer nos arredores do porto, nela os máis pequenos poden gozar dos seus parques infantís con multitude de columpios e de praia a ambos lados do porto. Moi preto está a praia da Junquera e máis instalacións deportivas. Atopámonos nunha zona urbana, polo que nas inmediacións dispoñemos de todos os servizos que necesitamos.

Para saber máis

A S.D. Samertolameu créase como tal no ano 1979 para competir dentro das federacións. Tiña 3 disciplinas, fútbol, atletismo e remo.

Desde 1981 ata 1995 a S.D. atopa un lugar destacado dentro do remo galego, conseguindo infinidade de vitorias. Na actualidade esta sociedade é un referente no remo español e a súa escola deportiva continúa dando grandes resultados nas competicións en distintas categorías. Moaña conserva un importante patrimonio cultural, o Museo das Carreiras, o Pazo do Rosal, e o Pazo El Real, A Igrexa de San Martiño, as rutas ata as praias de Vedeira, Meira, Domaio, O Con ou A Borna. Descubre o paseo marítimo que percorre o casco urbano ou a zona de Chan da Arquiña no Monte Xaxán onde se atopa un monumento megalítico co mesmo nome e unha mámoa con máis de 5000 anos, composta dunha cámara poligonal con 11 pedras verticais e un corredor de 5 pedras.

O casco urbano de Moaña ofrece aos visitantes todos os servizos e opcións de lecer que poida necesitar. Moaña é destino de sol, praia e natureza, pero tamén gastronómico e cultural. Punto de partida para coñecer toda a comarca do Morrazo ou para gozar unhas estupendas vacacións sen deixar a localidade. O seu porto está ubicado na antiga Illa de San Bartomeu, xa que agora está unida á terra firme.

Para coñecelo mellor

Meira é a parroquia máis grande de Moaña e conta con varias aldeas bastante poboadas. O porto de Meira atópase no norte da Ría de Vigo, separado do de Moaña pola praia da Xunqueira. Máis concretamente, localízase na enseada de San Bartolomé de Meira, e alí hai un Club de Remo que conta co mesmo nome. No porto destacan os traballos de pesca e o cultivo do mexillón. O club de remo de Samertolameu remóntase a 1979 pero a tradición do remo en Meira comeza nos anos 30 no Club Náutico de Vigo. A día de hoxe, este club converteuse nun referente histórico a nivel nacional.

Moaña é un concello que está situado na provincia de Pontevedra, na costa do Morrazo. Esta última está formada por cinco concellos: Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa.

Galería

Meira. Porto de Meira. San BartolomeuMeira. Porto de Meira. San BartolomeuMeira. Porto de Meira. San Bartolomeu

Localización

Localidade
Moaña
Concello
Moaña
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Parroquia
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.28138100
Longitud
-8.71927600