Skip to main content

Nautic Destination

Mercado Municipal de O Grove

Sobre este patrimonio

Nas inmediacións da praza de O Corgo atópanse o concello, a Confraría de Pescadores San Martín" e tamén o Mercado Municipal, edificio que comparte coa lonxa. Os produtos deste mercado proveñen da localidade, frescos do mar e verduras e hortalizas da Comarca do Salnés, carnes, queixos e conxelados. Ten un total de 25 postos de peixe e marisco, 18 de froitas e verduras, 1 de conxelados e 5 carnicerías onde se desenvolve a gran oferta comercial deste mercado, que é o principal abastecedor de produtos frescos do municipio. A propia Confraría ten un punto de venda, a peixería "San Martiño" que desde 2009 se puxo en funcionamento para poder vender produto directamente ao consumidor baixo unha marca de calidade denominada Baixura Galega e así dese xeito rentabilizar o produto e non depender de intermediarios. Tamén se organizan xornadas gastronómicas coma as "Xornadas de Exaltación da Centola" que se realiza durante a ponte da Constitución, a principios de decembro, que é cando se abre a veda deste marisco. Non só serven para promocionar o produto e a súa versatilidade culinaria senón tamén para divulgar o papel da praza de abastos, onde pode atoparse este produto fresco a diario. A praza de O Corgo dispón de zonas verdes dedicadas a xogos infantís e zonas destinadas ao descanso e ao paseo. Por todos lados atópanse esculturas relacionadas co mar e o seu mundo que amosan a tradición mariñeira deste pobo."

Para saber máis

Denomínanse como prazas de abastos aquelas instalacións pechadas e normalmente cubertas onde se fai a venda de produtos perecedeiros, queixos, viños, licores e mesmo artesanais, situadas normalmente en núcleos poboacionais. O mercado municipal ten unha gran atracción entre os seus usuarios porque abastece con produtos frescos locais á poboación de O Grove, en especial os produtos pesqueiros xa que a lonxa está anexa ao mesmo edificio e o propio mercado posúe unha peixería da propia Confraría de Pescadores San Martiño". Ademais, os xoves pola mañá pódese asistir ao mercadillo semanal onde, aparte de vender produtos perecedeiros, véndense téxtiles, zapatos e outros utensilios. É un día moi concurrido xa que moita poboación que vive nos arredores aproveita para achegarse e mercar bens necesarios. Ao chegar o mes de outubro celébrase en O Grove a "Festa do Marisco". Festa gastronómica que se leva celebrando desde 1963 e dispón ao consumidor da degustación de marisco a prezos populares. Esténdense varias carpas con zonas de degustación e de presentación do produto tanto vivo en peceras como en neveiras fresco. É un evento gastronómico-cultural que pon en relevo os piares básicos da economía deste pobo costeiro que é o turismo e a pesca. Ademais de poder degustar o marisco tamén se celebran concertos e eventos e están expostos noutras carpas produtos de artesanía propia da zona como colares, zapatos, pulseiras ou pendentes realizados con cunchas.

Para coñecelo mellor

O municipio de O Grove, na provincia de Pontevedra, destaca pola súa estupenda localización, pois beneficia ao sector pesqueiro e ao marisqueo. Grazas aos profesionais que cada día traballan no mar, podemos mercar diferentes produtos frescos no seu gran mercado municipal. A tamén coñecida como Praza de Abastos de O Grove sitúase na céntrica Praza de O Corgo, no porto e comparte edificio coa lonxa, polo que resulta máis sinxelo que o peixe e o marisco que nela se vende estea aínda máis fresco. Ademais de especies do mar, os vendedores e vendedoras deste mercado tamén ofrecen verduras, hortalizas, froitas, queixos, pan artesán, pan de millo, empanadas ou diferentes produtos cárnicos. En total, hai 25 postos onde venden peixe e marisco; 18, con froitas e verduras; 5 carnicerías e un posto con produtos conxelados.

Galería

Mercado Municipal de O GroveMercado Municipal de O GroveMercado Municipal de O Grove

Localización

Localidade
O Grove
Concello
O Grove
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Mercado municipal
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Local
Relevancia
Local

Como chegar

Acceso
Por mar
Distancia
Caminando 3 minutos.2 minutos en coche

A visita

Horario
Horario: luns a venres de 9:00 - 14:30 h
Visitábel
Si
Interpretación
Non
Accesible
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.49746400
Longitud
-8.86441900