Miño é un municipio costeiro situado na ría de Betanzos, nas denominadas "Mariñas Coruñesas". As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foron declaradas como reserva o 28 de maio de 2013, abranguen 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113 970 hectáreas e nela vive unha poboación de unhas 195 000 persoas. Tamén é un lugar de interese comunitario (LIC) e pertence á Rede Natura 2000.Limita ao norte co municipio de Pontedeume, ao leste co de Vilarmaior e ao sur cos de Paderne e Irixoa. A localidade está situada a 27 quilómetros ao leste da Coruña, a unha altitude de 10 metros sobre o nivel do mar. O municipio é atravesado por tres ríos: o río Lambre, que discorre ao longo da súa corrente por unha ruta chea de encanto e que ten a súa desembocadura en Ponte do Porco, no límite co municipio de Paderne, formando a praia da Alameda; o río Baxoi, que se atopa na rúa do "Camiño inglés" e ao longo do seu curso dispón dunha fonte gótica e dun merendeiro e que desemboca na Praia Grande de Miño, formando a marisma e, por último, o río Xarío que pasa polas parroquias de Villanueva e Perbes, desembocando nun lado da Praia Grande.O porto de Miño, é un porto mixto con uso pesqueiro e deportivo. Conta con dous pantaláns, ambos para uso deportivo, pero só un deles se pode utilizar para uso pesqueiro.
Miño é un municipio de gran atractivo turístico debido á existencia de catro praias: a Praia Grande, con bandeira azul desde o ano 1984; a Ribera, máis coñecida como "a pequena"; a Alameda, con grandes variacións entre preamar e baixamar e a praia de Perbes, ademais da Praia Lago. A Praia Grande, Perbes e a Ribera ostentan actualmente a Bandeira Azul, como recoñecemento á calidade das súas augas, equipamentos, accesos, etc. O pequeno porto de Miño atópase ao abrigo dun pequeno dique, adxacente á praia Pequena de Miño. Está conectado coa praia da Ribeira a través do paseo marítimo. Esta praia está situada nun entorno urbano e é de augas tranquilas e resgardada do vento. O embarcadoiro queda en seco coa baixamar.A visita ao porto está recomendada para persoas con problemas de mobilidade.No porto está situado o club náutico de Miño, onde se pode practicar deportes como o windsurf, vela e o piragüismo. Durante os meses de xullo e agosto en colaboración co concello de Miño organizan cursos de iniciación para estes deportes náuticos. Miño conta cunha confraría de mariñeiros formada por mariñeiros de baixura e mariscadoras. O seu traballo desenvólveno con verdadeira vocación. Entre outros mariscos a ameixa é un dos máis valorados nesta zona. No ano 2016 Miño contaba con 18 mariscadoras.
Miño é un municipio costeiro situado nas Rías Altas de Galicia, máis concretamente, na ría de Betanzos, dentro da provincia da Coruña. A vila de Miño, limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior e ao sur cos municipios de Paderne e Irixoa. É un municipio que atrae a moito turismo grazas ás súas cinco praias principais: Praia Grande, praia da Ribera, praia da Alameda, praia de Perbes e Praia Lago. Ademais, no municipio podemos gozar do paso de tres ríos: o río Lambre, que ten a súa desembocadura en Ponte do Porco; o río Baxoi que transcorre ata a súa desembocadura na Praia Grande e, o terceiro, o río Xarío que pasa polas parroquias de San Xoán de Vilanova e Perbes, desembocando na Praia Grande de Miño.Como todo municipio costeiro, conta cun porto. O porto pesqueiro de Miño é pequeno, conta con catro liñas de pantaláns para atracar as embarcacións e sitúase na desembocadura da ría de Betanzos. Por culpa dos temporais e dos remuíños que causa a corrente, en numerosas ocasións, tivo que inhabilitarse este porto por destrozos na zona.O concello de Miño conta cunha confraría de mariñeiros. Esta trátase dunha agrupación de persoas que ten como obxectivo principal defender e representar os intereses das persoas que son socias, a maioría mariñeiros de distintas modalidades.