Coa conmemoración do quinto centenario do Descubrimento de América construíuse a réplica da Carabela La Pinta, realizada nos estaleiros de A Guarda onde periodicamente regresa para o seu mantemento. Converteuse en museo por parte do concello e foi reacondicionada en 1999, dotándoa de todos os elementos da época colombina, de tal xeito que se pode contemplar tal e como chegou a Baiona en 1493. A réplica da Carabela La Pinta está situada no medio do porto de Baiona. Accédese á embarcación por unha pasarela que a conecta co paseo marítimo que leva directa á cuberta do barco onde se observa a proa e a popa diferenciadas por niveis. Na popa atópase o cartógrafo con varias das ferramentas da época empregadas para a navegación e detrás del o timón. No medio da cuberta están as escaleiras que baixan á bodega e nela pódense ler varios paneis informativos e figuras relacionadas cos viaxes e as mercadorías que trouxeron: ouro, plantas e sementes (millo, mandioca, batata, fabas, cacahuetes...), especias (ají, canela...), plantas téxtiles (algodón, manguei) plantas medicinais (tabaco, mochoacán e almáciga) plantas colorantes (bixa e xagua), froitas, árbores madeireiras (hiáco, mangle, ceiba e caoba) e animais. A información que se ten sobre as carabelas é moi escasa. Foron importadas de oriente polos portugueses, os que lle incorporaron a vela latina ou triangular. Foi evolucionando ao longo do século XV, substituíuse a vela latina pola redonda que lle permitía ser máis manexable e menos vulnerable aos golpes de mar. Ademais, logrouse que fose máis estable e baixarlle o centro de gravidade. A Pinta era a máis veloz das tres naves chegando a acadar 15 millas por hora.
A botadura da réplica realizouse no peirao de Camposancos en A Guarda o 23 de setembro de 1991. Foi construída polos estaleiros Castro e mide 22 metros de eslora, 6,60 de manga e 2,30 de puntal, e custara 150 millóns das antigas pesetas. Para a súa execución seguiron os planos realizados polo enxeñeiro naval José Luis López, que investigou previamente a documentación da época das carabelas. A idea era que xunto ás réplicas da Niña e a Santa María cruzasen o océano e servisen como embaixadas flotantes de España en terras americanas. Cando se disolveu a sociedade do Quinto Centenario e se acabou o diñeiro, a idea foi quedando no esquecemento. A chegada da carabela Pinta a Baiona chegou nun contexto histórico propicio para a vila xa que en 1425 o Rei Juan II decidiu que os portos da Coruña e de Baiona sexan os únicos que poidan descargar mercadorías do estranxeiro, autorizando ao de Baiona a importar e exportar calquera clase de mercadoría. Grazas a esta orde o porto de Baiona era o máis importante no sur de Galicia e norte de Portugal. E os habitantes da vila gozaban dun bo desenvolvemento socioeconómico. Data sinalada de gran importancia é a do 1 de marzo de 1493 na que Torre do Príncipe do castelo de Monte Boi avista a chegada dun navío célebre: A Pinta", capitaneada por Martín Alonso Pinzón e tripulada por Cristóbal García Sarmiento, sendo o primeiro pobo de Europa en ter coñecemento do descubrimento do Novo Mundo. A Pinta bordeou o castelo de Monte Boi, desembarcando Pinzón na praia de Ribeira. Os Reis Católicos concederon numerosos privilexios aos 650 veciños de Baiona como a exención de servir na Armada de Castilla e licenza para emprender por conta propia a guerra en corso. Igualmente, os Reis concedían a Baiona os títulos de Nobre e Leal Vila e a península de Monte Boi pasou a chamarse desde entón Monterreal. En 1974 o ministerio de Traballo instaura o día 1 de marzo, día da Arribada da Pinta, como Festa local oficial, que se celebra o primeiro fin de semana de marzo conmemorando dita arribada con representacións teatrais, espectáculos e feira medieval, cuxo nome actualmente é a Festa da Arribada."
A Pinta é unha das tres carabelas ou embarcacións de vela que usou Cristóbal Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo" como consecuencia do descubrimento de América en 1492. As outras dúas carabelas son a Niña e a Santa María. O porto de Baiona, en Pontevedra, foi o primeiro de Europa en recibir a noticia do descubrimento de América. En 1493, o capitán Martín Alonso Pinzón atracou nestas augas galegas. Polo V Centenario do Descubrimento, construíuse unha copia da embarcación La Pinta. Tras o acondicionamento do seu interior, esta pódese visitar, pois atópase nun dos peiraos de Baiona. Para lembrar que esta localidade foi o primeiro porto en saber do descubrimento de Colón, organízase a Festa da Arribada. Trátase dunha das celebracións máis populares da provincia e ostenta o título de Festa de Interese Turístico Internacional.