Skip to main content

Nautic Destination

O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

Sobre este patrimonio

Atopámonos en A Pasaxe, onde podemos ver o monolito de pedra como porto xacobeo en forma de onda de mar. Este é o punto de entrada en Galicia ao camiño portugués pola costa. Aquí contámosvos como comezou todo...

O Camiño Portugués pola costa que se inicia en Oporto foi oficializado en 2016, cruza o río Miño desde Caminha ata A Guarda. Nos seus orixes medievais, peregrinos do século XII xa utilizaban esta vía costeira como alternativa á ruta por Tui. Destaca a peregrinación do arcebispo de Canterbury, Santo Tomás Becket. Segundo os relatos dispoñibles, o relixioso utilizou o Mosteiro de Oia como albergue, cando peregrinou a Santiago de Compostela.

A popularidade do camiño foi impulsada pola coroa portuguesa e o clero, como parte da identidade cultural e relixiosa, e apoia-se ademais en calzadas romanas como a Vía XX (per loca maritima). Tamén existen escritos que sitúan a orixe da emblemática vieira do Camiño de Santiago, na costa entre Porto e Vigo. Feito que tamén apunta a que o Camiño Portugués da Costa, ten unha tradición moito maior da que se podería presumir

As augas do Atlántico polas que discorre o camiño portugués pola costa conta a lenda que foron as que deron lugar á orixe da vieira do Camiño de Santiago. Así pois, conta a lenda que cando os restos de Santiago chegaron á altura das illas Cíes, os peregrinos observaron que na beira se estaba a celebrar unha voda onde xogaban uns xinetes montados a cabalo, lanzando ao aire unha lanza e tiñan que recollela antes de que caese ao chan. Cando chegou o turno do noivo, este lanzou a vara ao aire e esta desviouse ao mar. O noivo, nun intento de alcanzala, desbocouse co seu cabalo no mar. Ante os ollos de todos os presentes, o noivo, o cabalo e a lanza afundíronse na auga, pero de súpeto reapareceron xunto á embarcación que transportaba os restos do Apóstolo. O asombroso da historia, é que cando o noivo reaparece xunto á embarcación, faino totalmente cuberto de conchas de vieira, dos pés á cabeza. Os discípulos interpretárono como un milagre e este feito insólito deu lugar á tradición da vieira de Santiago.

Galería

O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTAO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

Localización

País
España

O ben

Tipo
Ruta Xacobea
Eco-destino
Río Miño

Como chegar

Acceso
Por mar