Skip to main content

Nautic Destination

Pontevedra. Santuario da Virxe da Peregrina

Sobre este patrimonio

O Santuario da Virxe da Peregrina foi construído entre os anos 1778-1782 converténdose así nunha das edificacións máis importantes e simbólicas da cidade de Pontevedra. A súa construción foi dirixida polo arquitecto portugués Antonio Souto coa colaboración de Bernardo José Mier. Unha das características máis singulares do santuario é o seu aspecto circular debido a que a súa planta ten forma de cuncha de vieira, o cal é o símbolo dos peregrinos que realizan o camiño de Santiago. Ademais, dentro dela a nave ten forma de cruz. A fachada principal está coroada por dúas torres xemelgas e un campanario e atópase dividida en dous corpos: un inferior e outro superior. No corpo inferior está situada a porta principal e unhas grandes pilastras pareadas próximas ás fiestras. O corpo superior destaca por presentar unha maior decoración que o inferior, xa que nel se atopan tres hornaciñas adornadas con arcos onde se sitúan as figuras da Peregrina, San Roque e Santiago. O interior do santuario é luminoso e atópase cuberto por unha cúpula, ademais nel atópase unha pila para a auga bendita traída do Pacífico por Casto Méndez Núñez (1824-1869) feita nunha cuncha de molusco. O altar presídelo unha imaxe que foi traída por peregrinos franceses que realizaban o camiño de Santiago e tras dela, destaca o retablo neoclásico da imaxe da Virxe da Peregrina creado por Melchor del Prado e Juan Pernas Gambino.

Para saber máis

O Santuario da Virxe da Peregrina atópase situado no centro histórico da cidade de Pontevedra, concretamente na praza da Peregrina. Como o seu nome indica está dedicado á Virxe da Peregrina, cuxa imaxe é a patroa da provincia de Pontevedra e do Camiño Portugués de Santiago. A tradición conta que os peregrinos que chegaban por mar e desembarcaban en Baiona, no seu paso pola cidade de Pontevedra esta virxe lles sinalaba o camiño cara á cidade de Santiago de Compostela.Este santuario cun estilo barroco tardío de formas neoclásicas foi declarado monumento histórico-artístico en 1982 e Ben de Interese Cultural (BIC) en 2011. O seu retablo maior o cal presenta un estilo neoclásico foi erixido en 1789, obra de Melchor del Prado e Juan Pernas Gambino.A Virxe da Peregrina é a patroa da cidade e en honra dela celebranse as festas da cidade. Estas festas celebran o día da Virxe Peregrina o segundo domingo de agosto durante o cal a imaxe da virxe sae do templo en procesión. É a única ocasión do ano na que a imaxe da virxe abandona o templo e para este evento a visten cun traxe de ouro e marfil bordado polas monxas clarisas de Lugo. Esta imaxe data do século XIX e é obra do escultor catalán Luis Vermell. Estas festas duran sete días durante os cales se celebran concertos e espectáculos e unha gran tirada de fogos artificiais.

Para coñecelo mellor

O barrio antigo de Pontevedra foise transformando co paso dos anos e, actualmente, converteuse nun dos casos antigos de Galicia mellor conservados. Esta zona posúe unha arquitectura ben coidada e fermosa que adquiere valor co peso da súa historia.No centro histórico de Pontevedra, na praza da Peregrina, atopamos o Santuario da Peregrina, construído a partir de 1778. Este templo, cuxa arquitectura mestura os estilos barroco e neoclásico, conta cunha planta inspirada nunha vieira, símbolo da peregrinación por excelencia. A súa fachada principal é obra de Antón Souto e a portada acolle a imaxe da Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra, datada do século XIX. No ano 1982, foi declarada monumento histórico-artístico.Situada ao noroeste da Península Ibérica, Pontevedra é unha cidade administrativa, monumental, turística e de servizo. Urbe de arte e historia, conta cunha zona monumental que, tras a de Santiago de Compostela, se posiciona como a máis importante de Galicia.

Galería

Pontevedra. Santuario da Virxe da PeregrinaPontevedra. Santuario da Virxe da Peregrina

Localización

Localidade
Pontevedra
Concello
Pontevedra
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Igrexa
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
0.700km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.43082500
Longitud
-8.64361300