Sanxenxo está situado na Ría de Pontevedra, é a capital do turismo das Rías Baixas grazas á súa privilexiada situación e á beleza da súa costa. Ten ademais 27 km. de costa nos que caben máis de 24 areais entre os que se atopan varios deles merecedores da Bandeira Azul Europea. Froito da súa boa ubicación, Sanxenxo é famosa polo seu Porto Deportivo e as súas condicións especiais para a navegación, non en balde, moitos equipos de vela de España e doutros lugares do mundo acheganse ata Sanxenxo para adestrar.O porto, que foi inaugurado polo Rei de España Don Juan Carlos I o 4 de novembro de 2005, dispón dunha bocana de 50 m. e un calado que oscila de 5 a 8 m. e 450 amarre de entre 8 e 45 m., os servizos inclúen travel-lift de 40 toneladas, internet wifi nos pantaláns, recollida de todo tipo de residuos, vixilancia 24 horas, acceso restrinxido aos pantaláns e demais.Na localidade celébranse regatas tan importantes como o Trofeo Presidente Xunta de Galicia ou o Circuito Nacional Clase 6mR. Entre os fans de Sanxenxo, atópase a súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos I, participante asiduo destas probas deportivas a bordo do Bribón.Sanxenxo tamén foi punto de partida da regata transoceánica máis importante do mundo, a Volvo Ocean Race, coa disputa dunha regata costeira.
O porto deportivo de Sanxenxo completa a súa oferta cunha área comercial situada na marina e está dotada de servizos de restauración, náutica, agasallos, etc. Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo cunha superficie concesional de 123.222 m². As súas instalacións comprenden unha lámina de auga de 90.000 m², 450 puntos de amarre e máis de 25.000 m² de espazo peonil.Estamos a falar dunha das zonas turísticas de Galicia por excelencia, polo que a oferta lúdico-deportiva é moi ampla. Vela, pesca deportiva, submarinismo, golf, hípica, karts, rutas de sendeirismo, está garantida.Se a esta oferta lúdica sumamos o interese gastronómico de Sanxenxo e de toda Galicia, o pack está máis que completo. En Sanxenxo e nas poboacións do seu contorno, podemos gozar de típicos pobos mariñeiros como Portonovo ou Combarro, este último declarado conxunto histórico artístico. Tamén podemos visitar a Península do Grove e a illa da Toxa, Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia ou Barrantes, así como a Ruta do Viño. Sanxenxo forma parte dos concellos que conforman a Comarca do Salnés. Unha das comarcas de Galicia con maior densidade de poboación e unha das que presentan un maior dinamismo económico e demográfico. É por iso que está consolidada como un destino turístico a ter moi en conta.
A localidade de Sanxenxo conta co porto deportivo Juan Carlos I. Destaca polas súas modernas instalacións que permiten gozar ao máximo do mar ás persoas afeccionadas ás actividades acuáticas e aos seus barcos. Ademais, conta cunha zona comercial moi próxima que está dotada de servizos de restauración, náutica e agasallos. Este porto deportivo é onde se realiza a regata transoceánica máis importante do mundo, a Volvo Ocean Race, a cal se iniciou neste mesmo lugar.Por outra banda, Sanxenxo é o gran protagonista no ano 2019, pois acolle o campionato de Europa de Endurance. Nesta competición, unhas vinte embarcacións mediránse en velocidade pola Ría Pontevedra durante as súas dúas probas. Sanxenxo é un municipio galego que se atopa situado na provincia de Pontevedra. Localízase na comarca do Val do Salnés, na costa do Océano Atlántico, na ría de Pontevedra e na Ría de Arousa.O nome deste pobo mariñeiro provén de San Ginés que se trata do santo patrón da localidade. En 1842, a vila denominábase Sanjenjo; en 1877, Sangenjo e finalmente, en 1983, a súa denominación cambiou a Sanxenxo, que é como se chama actualmente o municipio.