Protexida polo estreito de Rande esténdese unha praia de pequenas dimensións e de augas tranquilas. É un areal de 100 metros de longo e uns 15 de ancho e desde ela divísanse as bateas que se estenden ao longo da ría. Os tipos de fondos, que se atopan na Ría de Vigo caracterízanse por estar protexidos do mar aberto e por atoparse nunha zona privilexiada sometida á acción conxunta da desembocadura do río na ría e as correntes dominantes, sobre todo no verán, dirección norte sur. O afloramento que se produce nas rías xunto co perímetro costeiro conforman o hábitat idóneo dun gran número de organismos mariños.En a parte submarina, habitan bogavantes Homarus gammarus, centolos Maja squinado, polbos Octopus vulgaris, mexillóns Mytilus galloprovincialis tanto nas rochas como criando en bateas, moluscos como a ameixa, berberechos e chocos Sepia officinalis.Nas praias máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como linguados Solea lascaris, rodaballos Psetta máxima congrio Conger conger ou fanecas Trisopterus luscus. Esta zona da ría é ás veces visitada por mamíferos mariños como arroaces Tursiops truncatus ou golfiños Delphinus delphis. Outro dos tesouros que se poden ver son restos arqueolóxicos doutros tempos como da batalla de Rande. Aínda que están tapados por sedimentos no corazón da ría de Vigo descansan a maioría das naves desta épica batalla. Tanto galeóns españois como restos de naves francesas xa que estes incendiaron as súas naves despois de perder a batalla.
Os fondos da enseada de San Simón tamén agochan outros segredos. Esta ría foi testemuña da Batalla de Rande que foi un dos episodios históricos máis comentados e librouse o 23 de outubro de 1702 entre as alianzas anglo-holandesa e hispano-francesa, durante a Guerra de Sucesión Española.A batalla, que durou apenas dez horas, saldouse co afundimento de varias embarcacións de ambos os bandos. Os almirantes de flota hispano-francesa, Manuel Velasco Tejada e o francés Chateau-Renault deciden, ao verse totalmente rodeados, queimar as súas propias embarcacións para que os inimigos non puidesen levar a mercadoría. Co cal no seo da ría atópanse en bo estado algúns dos galeóns que foron saqueados e afundidos polo almirante Sir George Rooke ao mando da escuadra anglo-holandesa e outras estruturas que quedaron da queima dos navíos españois como bolas de canóns e outros materiais non perecedoiros.Os pecios atópanse a unha profundidade de entre tres e 26 metros e distínguense un total de seis pecios relacionados co combate naval. O galeón era un tipo de embarcación propia dos séculos XVI e XVII e a máis utilizada nas viaxes hispánicas a ultramar. É unha evolución das naos e carracas, pretendéndose un navío que combinase maniobrabilidade e unha maior capacidade de carga. Ademais, debería ir ben artillado, para a protección dos convoyes ás indias, xa que estaban sometidos a constantes ataques piratas. Constrúese con unhas dimensións de eslora, manga e puntal 4-2-1 respectivamente e podía levar unha carga de entre 300 toneladas e máis de 1000. A estrutura do casco era débil, pois, aínda que a quilla e sobrequilla eran apropiadas á súa lonxitude, as cuadernas encaixadas entre elas, estaban demasiado separadas e, ademais, tiñan un só forro reforzado unicamente por cintóns á altura das cubertas. A palabra castelo empezou a aplicarse aos navíos de guerra cando os construtores fortificaron as súas partes anterior e posterior para imitar os fortíns terrestres co obxecto de ter solidez no momento do abordaxe, que era a maneira máis común de enfrontamento naval. A sección media da cuberta era máis esbelta. De uns 40 metros de eslora, os galeóns tiñan un aspecto redondeado que lles daba unha imaxe compacta e pesada.
Redondela é un municipio da provincia de Pontevedra que foi habitado desde tempos inmemoriais pois, no Monte Penide ou Monte Mirallo e Ventosela, atopáronse diferentes restos de dolmens, petroglifos e gravados rupestres que o demostran.Cerca de Redondela, atópase a ponte de Rande que une os municipios de Redondela e Moaña. Nesta zona, produciuse hai moitos anos a coñecida como Batalla de Rande. Esta foi unha importante batalla naval producida o 23 de outubro de 1702 no estreito de Rande. O Estreito de Rande está entre a Punta da Besta e Punta Rande e é a parte máis ancha da Ría de Vigo.A praia da punta, coñecida como "Punta Areiño", só é visible cando a marea está baixa. Caracterízase polas súas augas transparentes e o seu gran banco para mariscar. A praia de Rande atópase case debaixo da ponte e conta con unhas vistas incríbles á Ría de Vigo e á Illa don Simón.A ría de Vigo garda riquezas e tesouros pois, das diferentes batallas producidas no mar, moitas mercadorías quedaron na profundidade. De feito, aínda hoxe se segue buscando os galeóns afundidos xunto cos seus tesouros.