Skip to main content

Nautic Destination

Redes. Porto. Barrio mariñeiro

Sobre este patrimonio

Redes é unha pequena localidade pertencente ao concello de Ares, na provincia da Coruña. Como todo pobo mariñeiro que se prece dispón do seu propio porto, que, aínda que pequeno, dispón de rampa para subir as embarcacións. O punto neurálxico de Redes xira en torno á praza do Pedregal e o seu porto. Desde esta praza podemos acceder ata Punta do Castelo e observar toda a esencia das vivendas tradicionais mariñeiras do pobo de Redes.Redes conserva moitas casas de estilo indiano, o que lle aporta un colorido que non pasa desapercibido.O seu nome vénlle da costume tradicional de colgar as redes a secar tras unha xornada de pesca nas ricas augas das Rías Altas.A praia de Area Morta, é a praia semiurbana de Redes, ten unha lonxitude de 210 metros, é unha praia resgardada de area fina na que os visitantes poden descansar despois de percorrer esta pequena pero encantadora vila mariñeira.En Redes graváronse películas, video-clips e series de televisión.

Para saber máis

Redes é un pequeno pobo de pescadores e debe a súa orixe ao mar, o seu nome procede dos aparellos de pesca que utilizan os mariñeiros nas súas saídas ao mar, as redes.Na segunda metade do século XIX e a metade do século XX moitos habitantes do pobo emigraron a América, en busca dun futuro mellor, concretamente a Cuba, Brasil, Santo Domingo e Puerto Rico. Ao seu regreso, cun bo colchón económico, construíron as súas casas á imaxe e semellanza das que coñeceron nos países aos que emigraron, é o que chamamos casas indianas", estas pódense atopar no barrio mariñeiro do pobo. Construíronse con materiais nobres como a pedra e a madeira, están pintadas de cores chamativos ou neutros, azuis ou tellas. Tamén podemos gozar de construcións modernas nese mesmo entorno. As casas están colgadas enriba do mar e as que dan ao porto contan con accesos de escaleiras desde a auga á mesma casa. Os mariñeiros amarraban as súas barcas á beira das súas vivendas.A praza do Pedregal é a praza principal do pobo. Esta praza está rodeada de casas indianas e desde ela accédese ao porto. Na rúa Nova podemos atopar as casas máis tradicionais e peculiares do pobo, é unha das rúas máis bonitas da vila. Esta rúa remata na Punta do Castelo, unha antiga batería militar que defendía a costa da comarca.O porto é un pequeno embarcadoiro cunha pequena rampla para subir as embarcacións ou botalas ao mar.O porto de Redes debe o seu nome á multitude de cabrias coas redes colgadas a secar que se podían ver hai moitos anos nesta localidade aresá. Por iso celébrase cada mes de agosto a festa da cabria. A cabria son estruturas de madeira onde os mariñeiros colgaban as súas redes en forma de cortina para deixalas secar no seu regreso do traballo diario de pesca no mar. Suxireron porque na localidade carecían de lugares para esta labor. Amosase ao inicio da festa o uso destas estruturas e a continuación hai unha sardiñada, ademais de mercados tradicionais, música de gaitas, pasarrúas, cursos de cestería e encaixes.A praia de Redes é a praia de Area Morta, unha pequena praia á que se accede entre as rúas do pobo.Pero Redes tamén é coñecida por ser plató para algunhas películas como "Silencio" de Almodóvar, "Padre Casares" da Televisión de Galicia ou como escenario para anuncios televisivos."

Para coñecelo mellor

En Redes, unha pequena localidade costeira situada na parroquia de Camouco, do municipio de Ares (A Coruña), podemos atopar todos os encantos dun municipio mariñeiro. Dentro das Rías Altas, Redes atópase na Ría de Ares e conta con moitos lugares naturais para descubrir.O nome do municipio, procede dunha tradición dos pescadores pois, antigamente, tras recoller a pesca do día, estendían sobre unhas estacas de madeira as propias redes para que así secasen no porto. As estruturas de madeira sobre as que se colgaban, seguen presentes no porto e cada mes de agosto, remémorase a tradición nunha das festas de Redes: a festa da Cabria.O pobo en si, é un escenario fotográfico: estreitas ruelas, coloridas casas de indianos de principios do século XX como o Edificio Singular e casas mariñeiras sobre o mar con tradicionais balcóns. Estas casas sobre o mar, contan con propios embarcadoiros e fan coñecer a Redes como a Venecia galega. As súas rúas son moi poucas e lembraríamos moi fácil os seus nomes: Rúa de Arriba, Rúa de Abaixo, Rúa Nova, Rúa do Medio e Rúa Ribeira. Ademais, o pobo conta cun pequeno cabo onde se sitúan as ruínas das antigas baterías da fortaleza (século XVIII) que protexía a entrada á ría de Ares. O seu porto é pequeno, conta cunha costa para subir as embarcacións e a pesca diaria. Ofrécenos unha panorámica preciosa das casas mariñeiras pois, todas elas teñen unhas escaleiras para acceder directamente ao mar. Redes é un pobo con encanto e foi escenario de películas, video-clips e de series de televisión.

Galería

Redes. Porto. Barrio mariñeiroRedes. Porto. Barrio mariñeiroRedes. Porto. Barrio mariñeiroRedes. Porto. Barrio mariñeiroRedes. Porto. Barrio mariñeiro

Localización

Localidade
Redes
Concello
Ares
Provincia
A Coruña
País
España

O ben

Tipo
Porto
Eco-destino
Rías de Ares y Betanzos
Contorna
Rural
Relevancia
Local

Como chegar

Acceso
Por mar
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
43.424132219433666
Longitud
-8.20325168237421