O descubrimento de América foi un fito histórico de gran repercusión. Nun principio os descubridores, pensando que xa se descubriran todas as terras, querían crear unha ruta alternativa de comercio coa ruta das especias. Velaquí a sorpresa, cando en realidade o que atoparon foi un novo continente. O 1 de marzo de 1493, a Carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas de Baiona que foi o primeiro porto de toda Europa en recibir a noticia do Descubrimento de América.
A Real Vila está chea de elementos para conmemorar esta chegada e con eles existe unha Ruta Pinzoniana que percorre todos estes monumentos e dura aproximadamente 45 minutos.
Comezando na Praza de Pedro de Castro fronte ao pazo Mendoza atópase un monólito da Arribada. É unha rocha de vinte toneladas que ten na súa parte frontal unha carabela esculpida polo baionés Ángel Fernández. Este monólito foi levantado por orde do Instituto de Cultura Hispánica en 1965 para conmemorar a arribada da Carabela Pinta. Cruzando a estrada en dirección ao paseo marítimo de fronte véxese o porto de Baiona, á dereita véxese o peirao onde se sitúa a Estación marítima e a lonxa. Hai moitos pantaláns onde están atracados os veleiros do Real Club de Yates Monterreal e ao lonxe véxese o gran espigón, a Doca, que protexe o porto de Baiona. Nun dos pantaláns atópase a réplica da Carabela Pinta, construída en 1993, con motivo da celebración do V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. Alberga un pequeno museo no seu interior, onde se contemplan as figuras que representan á tripulación e aos indíxenas americanos, ademais das reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos atopados no Novo Mundo.
Continuando polo paseo marítimo en dirección cara á praia de Ribeira, sobre dela, atópase un muro que pertencía á antiga lonxa. Presenta varios arcos e nel existen varios elementos como o Azulexo da Arribada, colocado entre dous dos arcos, este mural reflicte as rutas tomadas por Pinzón e Colón, coas carabelas "Pinta" e "Niña", respectivamente, ao seu regreso do descubrimento do Novo Mundo. A obra foi inaugurada en 1963.
Detrás deste muro atópase unha singular construción, o Pozo da Aguada que, segundo a tradición, serviu para abastecer de auga á Carabela Pinta, antes de partir de Baiona a Palos, o día 11 de marzo de 1493. Os tripulantes encheron, a man, os tonéis que serviron para consumo da tripulación durante a travesía, crese que levaron nove tonéis de auga e nove de viño. Trátase dunha construción de pedra en forma cadrada, que destaca pola súa soberbia traza, típica destas construcións naquela época.
Enfronte atópase o Parque da Palma, o parque de maior extensión do municipio, situado no inicio da Península de Monte Boi. A súa situación é única xa que pecha ambas beiras pola praia Cuncheira e pola praia Ribeira, pechando o parque atópase a maxestuosa Fortaleza de Monterreal, e en primeiro termo véxese o baluarte onde se atopa o coñecido monumento "Encontro entre dous mundos" erixido moi próximo ao lugar onde foi enterrado o primeiro nativo americano falecido no Vello Continente. Foi inaugurado o 1 de marzo de 1993 por S.A.R. Don Felipe de Borbón, para conmemorar o V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. É obra do escultor Magín Picallo.
Finalmente baixando polo outro lado da ladeira do baluarte, do lado da praia Cuncheira, observando a marabillosa vista desde este lado. Na cima atópase o monte Sansón coroado pola Virxe da Rocha. Baixando a vista temos unha visión do Rompeolas, lugar desde onde se ven bater as ondas os días de forte temporal. Este lado da península dá cara ao mar aberto e percíbese na praia Cuncheira coa súa area feita de cunchas trituradas, é aquí, onde se atopaba o antigo balneario erixido a finais do século XIX aproveitando o aporte de algas ricas en iodo.
Continúase rodeando esta praia e chegando ao Paseo Pinzón. En primeiro lugar, atópase a rosa dos ventos, colocada en 1998 en honra a dous galegos, Diego Carmona e Vasco Gallego que deron a volta ao mundo na nave "Juan Sebastián Elcano". A ruta culmina na estatua de Pinzón que é un agasallo do pobo irmán de Palos de la Frontera (Huelva). A obra é unha escultura que representa ao gran capitán da carabela Pinta, artífice do Descubrimento, e foi inaugurada en 1977. É obra do escultor A. León Ortega.
Desde aquí véxense as illas Estelas, a muralla almenada da fortaleza e ao lonxe as illas Cíes e a inmensidade do mar.
Os Reis Católicos decidiron apoiar o mariñeiro Cristóbal Colón, que pretendía atopar unha nova ruta á India como fixeran antes os portugueses. Así que o 17 de abril de 1492 Colón asinou cos reis as Capitulacións de Santa Fe, documentos polos cales se autorizou, sen financiar, a expedición ás Indias polo mar cara ao Occidente.
A expedición partiu con tres naves, A Santa María, A Pinta e A Niña, desde o porto de Palos de la Frontera en Huelva, o 3 de agosto de 1492. Cristóbal Colón ía na nave Santa María mentres que os irmáns Pinzón capitaneaban as outras dúas.
O primeiro contratiempo sucedeu ao pouco de saír, a Pinta tiña o timón estragado, motivo polo cal fixeron escala nas Canarias para reparar a nave.
Non sería o único contratiempo, Colón estimara que a distancia entre España e Xapón (onde cría que ía) era de entre 3000 e 5000 quilómetros, cando en realidade serían 19000 quilómetros. O continente americano sitúase a 6500 quilómetros e despois de dous meses sen divisar terra o descontento entre a tripulación foi en aumento.
Pronto os mariñeiros comezaron a amotinarse en contra do seu capitán, pero Colón, coa axuda dos irmáns Pinzón conseguiu sososalos. Co paso dos días a ansiedade foi en aumento e os altos cargos, incluídos os irmáns Pinzón foron opoñéndose a esta empresa. Dous meses e nove días despois do comezo da súa viaxe, o 12 de outubro de 1492 por fin se avistou terra. Chegaran a Guanahani, nas Bahamas, e foi renomeada como San Salvador. Desde esta illa viaxaron ás Bahamas e foron descubrindo pequenas illas como Santa María da Concepción, outra que chamou Fernandina en honra ao rei Fernando e uns días máis tarde outra illa que chamou Isabela.
O 25 de decembro de 1492, a nave Santa María, encallou en unhas rochas da illa La Española, actualmente composta por Haití e República Dominicana e quedou inservible. Cristóbal Colón tivo unha idea, e cos restos daquela nave decidiu construír o primeiro asentamento occidental en América que consistía nunha torre e unha fortaleza que chamou Fuerte de Navidad. Emprenderon a viaxe de retorno coas dúas naves que quedaban e á altura das Azores un temporal separounos. Ao mando da Pinta atopábase Martín Alonso Pinzón que estaba enfermo de sífilis e decidiu facer caso ao miñorano Cristóbal García Sarmiento e tomar terra en augas galegas para descansar. Así que o 1 de marzo de 1493 a Torre do Príncipe do castelo de Monte Boi avista a chegada dun navío célebre: "A Pinta", sendo o primeiro pobo de Europa en ter coñecemento do descubrimento do Novo Mundo. A Pinta bordeou o castelo de Monte Boi, desembarcando Pinzón na praia de Ribeira.
A Niña non chegaría ata o 11 de marzo a Portugal, concretamente a Cascaes.
O concello de Baiona, pertencente á provincia de Pontevedra, celebra desde o 1 de marzo de 1493 ser o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia do descubrimento de América. Para non esquecer esta data tan importante, a capital municipal conta con diferentes monumentos relacionados coa Carabela La Pinta que se poden descubrir seguindo a Ruta Pinzoniana.
En primeiro lugar atópase a réplica da Carabela La Pinta realizada en 1993, que está atracada no porto. Seguindo o percorrido, destaca a praza de Pedro de Castro, para despois chegar á lonxa de Baiona, onde se atopa o Manolito da Arribada". Este monumento consta dunha rocha cunha carabela esculpida que foi realizada polo escultor baionés Ángel Fernández en 1965. No paseo da praia A Ribeira atópase un mural de azulexos do ano 1963 que describe as rutas que seguiron Pinzón e Colón coas carabelas La Pinta e La Niña. Preto do mural, atopamos un pozo do século XV, coñecido como "O pozo da Aguada" e que, supostamente, é onde os tripulantes da La Pinta conseguiron auga para a súa posterior viaxe de Baiona a Palos de la Frontera (Huelva).
Outra obra da Ruta Pinzoniana é o "Monumento Encontro entre dous mundos", creado polo escultor galego Magín Picallo en 1993, que amosa grupos de figuras humanas elaboradas en pedra. Finalmente, a "Estatua de Martin Alonso Pinzón", o capitán da La Pinta, marca o final do percorrido. Dita estatua atópase no paseo Pinzón desde 1977 e é unha obra de pedra realizada polo escultor Antonio León Ortega."