A cerámica de Sargadelos naceu da iniciativa ilustrada de Antonio Raimundo Ibáñez nos primeiros anos do século XIX, coa inauguración dunha fábrica de louza na parroquia de Santiago de Sargadelos pertencente ao concello de Cervo (Lugo) no ano 1806.Previamente á inauguración en 1970 do novo Sargadelos en Cervo (Lugo), Isaac Díaz Pardo inicia en 1949 en Sada (A Coruña), preto dun castro celta, un obradoiro cerámico que acaba converténdose no complexo industrial de Cerámica do Castro.Tratábase de restaurar nesta nova etapa o espírito de empresa do antigo Sargadelos asociado a unha concepción cultural revisionista do que significaba Galicia. O deseño e a calidade uníronse coa historia, convertendo a marca Sargadelos nun referente icónico do que é e representa Galicia.Dende ese momento, Sada ten o enorme privilexio de acoller unha das fábricas de cerámica máis importantes de Galicia.Sargadelos foi un proxecto liderado por Díaz Pardo e Seoane de recuperación económica e cultural de Galicia que fixeron desta marca algo máis que unha empresa.En 1970 tamén se inaugura en Castro - Sada, o Museo Galego de Arte contemporánea Carlos Maside para agrupar as obras e documentación dos artistas da xeración dos anos 30, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuño da creación artística contemporánea galega. O museo atópase ao carón das instalacións do Laboratorio de Formas de Galicia e da fábrica de cerámica do O Castro e nas súas tres plantas, pódense ver obras de artistas galegos como Castelao, Maside, Colmeiro, Lugrís, Seoane, Souto, etc., xunto a eles están as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. A última planta está dedicada ao debuxo humorístico.O museo leva o nome de Carlos Maside" pola proposta de Rafael Dieste, non só porque o museo gardaba unha considerable colección das súas obras, senón tamén pola pureza conceptual, o carácter metódico, ordenado e experimental ademais das súas ideas sobre a arte e as funcións que deberían cumprir."
O museo atópase no complexo arquitectónico cedido por Cerámicas Castro, é unha construción dedicada ás mostras cerámicas, libraría, a investigación, deseño, editorial, e sala de exposicións temporais, como consecuencia do acordo entre a empresa Cerámicas Castro e o Laboratorio Formas de Galicia. Este último era unha entidade creada en Arxentina por Luis Seoane e Isaac Díaz Prado cuxo obxectivo era cambiar a situación de esquecemento que estaban sufrindo as artes en Galicia.A edificación do Museo é a parte máis característica do complexo, está ideada e realizada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat, a construción consiste en tres plantas, con doce salas de exposicións e un auditorio deseñado por Díaz Pardo. Ten unha agrupación de módulos hexagonais distribuídos arredor dun gran módulo hexagonal central. As exposicións divídense nas tres plantas, e na actualidade a colección consta de 2100 obras e 500 delas en exposición permanente. Nas dúas primeiras contemplaremos obras de Castelao, xermolo do Movemento Renovador, e obras doutros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto etc.; e dos Renovadores, con obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Luis Seoane. Xunto a eles están as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. Tamén podemos contemplar na mesma planta obras de artistas de Vangarda como os pertencentes ao grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ao debuxo humorístico e o cómic. Este museo serve como testemuño da importancia que tivo o movemento renovador da arte galega a partir de Castelao. O museo recolle o noso pasado artístico máis próximo de xeito que poderemos comparalo co noso presente sen ningún tipo de prexuízos e polo mero feito de ver a evolución artística de Galicia.
Na provincia da Coruña, no O Castro, contamos cunha actividade cultural para realizar. Trátase do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside". O complexo arquitectónico, aparte de estar formado polo museo, conta tamén cun edificio que se dedica á fábrica de cerámica e, outro para a exposición e venda de produtos. Este proxecto xurdiu nos anos setenta, grazas a intelectuais e artistas que loitaron para recuperar a cultura galega e que así perdurase no tempo. O edificio do museo, dedicado a Carlos Maside, foi rematado no ano 1986 e é o máis moderno da construción. Chama a atención do visitante pois está composto por formas hexagonais.Carlos Maside foi un pintor galego importante de principios do século XX que mesturaba diferentes artes: o cubismo, o realismo máxico e o expresionismo. A súa vida, como a de moitos artistas, quedou paralizada debido á historia política e á necesidade de exilio da época. As súas publicacións paralízanse ata despois da guerra, onde dedica outra vez, tempo a pintar.No museo, podemos gozar das súas obras e, ademais, grazas ás tres plantas que contén o edificio, podemos atopar pinturas de Castelao, Seoane, Laxeiro, Maside, entre outros artistas. Grazas a este proxecto, as xeracións presentes e futuras, poden coñecer a estes artistas e gozar das súas obras.Na fábrica fabrícanse certas vasillas e figuras que corresponden ao nome de cerámica de Sargadelos. O seu nome provén do municipio Sargadelos e a súa cerámica caracterízase por ser branca con detalles azuis ou vermellos. É coñecida a nivel nacional e a nivel internacional e a súa fábrica orixinal sitúase en Lugo.