A Dama de Silgar é unha escultura que está situada na pedra do Corbeiro fronte á praia de Silgar e ao comezo do paseo marítimo. É moi popular en Sanxenxo, trátase dunha estatua situada no medio do mar e amosa a unha muller espida e o seu peso recae sobre unha táboa de surf, destaca o movemento xa que parece que está a ofrecer unha gran cuncha a alguén que a contempla desde abaixo ou tamén que quere devolvela ao seu lugar orixinal. Por outra banda, o seu cabelo desprazase cara arriba de xeito gracil dándolle máis sensación de movemento, ten unha forma de cornos "en "V" coa que representa a inicial do apelido do escultor. Inspírase na mitoloxía celta e simboliza a beleza do mar.O escultor desta obra é o galego Alfonso Vilar Lamelas e foi doada en 1995 polo propio autor como sinal de afecto cara ao municipio. No centro de Sanxenxo, na praza do Mar, atópase outra escultura chamada Atlante. É unha figura antropomorfa que permanece tumbada, mirando ao ceo, coas mans prácidamente entrelazadas na súa nuca. Ten uns 20000 quilos de peso, 14 metros de longo e con 4 metros de ancho.O autor desta obra de grandes dimensións é Francisco Leiro, é unha figura máis actual que a dama de Silgar, pero o seu aspecto parece máis antigo. Representa a un mariñeiro observando a inmensidade do ceo e ten polo seu torso unha especie de pequenos chanzos que serven aos visitantes para subirse ao seu abdome, que é liso, e así poder sacarse fotografías e observar a escultura desde outros ángulos."
A costa de Sanxenxo e Portonovo destacan polas súas praias así atópase a praia de Silgar que é un fermoso areal urbano, rodeado dun estupendo paseo no centro de Sanxenxo, a de Baltar que ten forma de media cuncha, situada nun ámbito urbano. É de area branca e fina, ventosa e con augas tranquilas, é unha praia idónea para o baño e os deportes náuticos como a motonáutica e o windsurf.Outra das praias é a de Caneliñas que está ubicada nun entorno urbano, nas inmediacións do núcleo de Portonovo, limitada, na súa marxe esquerda, polo miradoiro de Portonovo e, na marxe dereita, pola Punta de Canelas, moi arborada. Praia de area branca e fina, conta cun tramo rochoso.As praias de Canelas e Pasariñas ubicadas nun entorno semiurbano, a praia de Montalvo ubicada nun entorno rural con area branca e fina formando suaves dunas con vexetación dispersa que delimitan a praia do piñeiral próximo. Entre as praias de Montalvo e Pragueira atópase a praia de Bascuas. Outras praias rurais son a de Major caracterizada polo seu complexo dunar que limita á súa esquerda con Punta Faxila e coa marxe dereita con outra forma rochosa que separa da praia Pragueira.E sen esquecer A Lanzada, unha das praias galegas máis emblemáticas, ademais de ser unha das de maior extensión con 2,5km, posuír un gran complexo dunar e estar situada nun espazo natural dentro da Rede Natura 2000, formando parte do Complexo intermareal Umia- O Grove.
Sanxenxo é un municipio galego que se atopa situado na provincia de Pontevedra. Localízase na comarca do Val do Salnés, na costa do Océano Atlántico, na ría de Pontevedra e na Ría de Arousa.O nome deste pobo mariñeiro provén de San Ginés que é o santo patrón da localidade. En 1842, a vila denominábase Sanjenjo; en 1877, Sangenjo e finalmente, en 1983, a súa denominación cambiou a Sanxenxo, que é como se chama actualmente o municipio.Sanxenxo conta cunha fermosa praia e cun cómodo paseo onde podemos atopar a escultura A Madama de Silgar. Esta obra foi realizada en abril de 1995 por Alfonso Vilar Lamenes e está ubicada no medio do mar, sobre a pedra do Corbeiro. A Dama de Silgar amosa a unha muller espida sobre unha táboa de surf. O xesto da escultura evoca a oferta dunha gran cuncha a alguén que a contempla desde abaixo ou, simplemente, a intención de devolvela ao océano. Por outra parte, na Praza do Mar, atópase a obra de Francisco Leiro, coñecida como a escultura Atlante. Este conxunto escultórico de bronce pesa 20.000 quilos e mide 14 metros. Representa a un Deus que, segundo a mitoloxía grega, vivía nas profundidades do Atlántico.