O porto de Vigo ten unha superficie de 241.238 m2, está considerado como un dos primeiros portos pesqueiros comercializadores do peixe para consumo humano do mundo e a lonxa de Vigo é famosa por mover boa parte de todo o peixe que se consume en España e EuropaÉ nesta primeira venda cando se lle pon o prezo de saída ao produto e etiquétase por primeira vez. Na etiqueta ten que especificar a zona de captura, os datos de contacto, nome común e científico da especie, o peso, o método de produción e presentación que especifica se o produto é salvaxe ou de acuicultura, datos do buque e a arte de pesca, data de captura e expedición, marca e código de trazabilidade. Dita marca poderá acompañar o produto durante todo o proceso de comercialización sempre que os demais operadores da cadea sexan tamén usuarios certificados.O etiquetado informa da trazabilidade do produto e axuda á elección do peixe e/ou marisco asegurando que a compra é dun produto local fresco e de calidade.O Porto Pesqueiro de Vigo consta de catro dársenas. A de descarga, avituallamento, estancia e reparacións. Unha zona de viveiros e outra de frigoríficos.Disponse de cinco lonxas en función da procedencia e tipo das capturas, así atópase a de Altura, a de Bajura e Grandes Peixes, de Litoral, de Mariscos e a Lonxa Dixital. Tamén inclúe edificios para departamentos de armadores, para locais de elaborado de peixe e marisco fresco de exportadores e vendedores, así como para as súas oficinas
Os 6000 empregos directos e as 357 empresas pesqueiras que facturan máis de 3000 millóns de euros ao ano fan de Vigo a cidade da pesca de Galicia. Neste municipio é onde se descarga máis peixe fresco de toda Europa. Ademais, en Vigo tamén se desenvolve todo o proceso que ten que ver coa pesca e os seus produtos. Como os estaleiros onde se constrúen os grandes barcos, a descarga, na impresionante Lonxa de Vigo e o ir e vir de todas esas embarcacións.Para realizar visitas á lonxa para grupos pódese consultar coa Autoridade Portuaria e seguir en directo as subastas de peixe.A Confraría de Pescadores de Vigo ou Confraría de San Francisco formouse en 1944 como asociación interclasista da rama do mar. Como naquela época España estaba baixo o réxime franquista a confraría caracterizábase pola ausencia total de liberdade sindical e asociativa, impondo o carácter confesional católico obrigatoriamente.A finais do franquismo o asociacionismo comeza a florecer. O ámbito territorial abarca desde Punta Cubillón, polo leste, ata Punta de A Serra, polo oeste, na marxe sur da ría de Vigo.Agrupa diversas embarcacións, dedicadas á pesca de altura, pesca litoral e artes menores que faenan en augas das rías galegas e caladoiro cantábrico noroeste. Conta con 150 asociados entre empresarios e mariñeiros, e acolle no seu seo a Agrupación de marisqueo a pé da Illa de Toralla". Por outra banda, existe a Cooperativa de armadores de Vigo. Que reúne ao navieiro e empresa navieira que se encarga de equipar, avituallar, aprovisionar, dotar de tripulación e manter en estado de navegabilidade unha embarcación da súa propiedade ou baixo a súa posesión, co obxecto de asumir a súa xestión náutica e operación. A cooperativa consta de 160 socios entre os cales se atopan varias asociacións de armadores de pesca. Estas asociacións e organizacións posúen personalidade xurídica e actividade separada de ARVI, compartindo domicilio social no Porto de Vigo. Todas elas participan no Clúster do Sector pesqueiro Extractivo e Produtor, de carácter tecnolóxico e de investigación.ARVI e as Asociacións de Armadores e Organizacións de Produtores de Pesca domiciliadas en Vigo, lograron constituír o grupo de armadores de buques pesqueiros máis importante de España e un dos máis importantes da UE."
Vigo é unha cidade galega situada na provincia de Pontevedra que se caracteriza por xerar unha gran actividade pesqueira. O seu porto pesqueiro, situado no océano Atlántico, é un dos maiores do mundo e é xestionado pola Autoridade Portuaria de Vigo.O porto de Vigo é o porto que maior cantidade de peixe descarga e, como a maioría dos portos, conta cunha lonxa. A lonxa consiste nun lugar onde se realiza a primeira venda dos produtos mariños pois, os pescadores e pescadoras comercializan os seus produtos. En primeiro lugar, cando os barcos volven ao porto, o peixe organízase en caixas dependendo da súa especie e tamaño. Despois, trasládase á lonxa, onde o peixe é pesado e etiquetado para poder vendelo.A lonxa de Vigo encárgase de reunir diferentes comerciantes para a compra e venda dos produtos mariños. A partir destas vendas, realizadas durante a madrugada, o peixe desprazase a diferentes mercados e lugares tanto de España como de Europa