Skip to main content

Nautic Destination

Zona Ulla Deza. Fauna e flora. Xeral Rede Natura

Sobre este patrimonio

Este espazo está dentro da Rede Natura 2000, ten 1.633 ha que abarcan unha importante rede hidrográfica arredor do río Ulla. Está declarado como Zona de Especial Conservación (ZEC) Sistema fluvial Ulla-Deza e atravesa tanto os municipios de Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Rianxo dentro da provincia da Coruña como os de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces da provincia de Pontevedra. O principal río é o Ulla, nace na comarca luguesa da Ulloa e percorre ata a desembocadura, na ría de Arousa, uns 130 quilómetros sendo o terceiro río galego, tras o Miño e Sil. Serve de límite provincial entre A Coruña e Pontevedra e recibe por ambas as beiras achegas de múltiples afluentes formando así unha extensa rede fluvial. Toma augas do Sar, o río de Santiago de Compostela e tamén, ao outro lado, do Deza que dá nome a unha das comarcas de forte tradición gandeira. O territorio que abarca este espazo natural atópanse áreas urbanas e industriais, humedais continentais e hábitats mariños. Atópanse hábitats costeiros con vexetación halofítica, formacións herboas naturais e seminaturais e atópanse pequenas extensións de bosques en regueiros de tilos e alcornocais Quercus suber de distribución escasa no conxunto de humedais e corredores fluviais. Entre as especies máis destacadas atópanse os anfibios como a salamandra rabilarga Chioglossa lusitánica, o sapillo pintón Discoglossus galganoi, réptiles como o lagarto verdinegro Lacerta schreiberii e especies de peixes de interese comunitario como sábalo Alosa alosa, Bermejuela Chondrostoma arcasii, a boga Chondrostoma dueriense, a lamprea Petromyzon marinus e o salmón Salmo salar.

Para saber máis

Ao longo do trazado deste sistema fluvial Ulla-Deza, a paisaxe móstrase moldeada pola actividade humana con zonas industriais e campos de cultivo, bosque de ribeira e pradeiras, especies ligadas á auga como anfibios e peixes. Con todo, en ocasións a natureza do río reclama a súa bravura en fervenzas de altos voos. A máis famosa é a do río Toxa, tributario do Deza, polos seus 25 metros de caída. Fermosos sendeiros conducen ata ela e comunícanse co entorno do mosteiro de Carboeiro que é outro dos atractivos da zona. Respecto á flora o carballo Quercus robur é a árbore dominante na cunca do Ulla, aínda que pola acción humana vese fortemente reducido a pequenas manchas fundamentalmente enclavadas nas marxes fluviais e os escares máis inaccesibles. O toxal-brezal é a formación de matogueira máis frecuente nas ladeiras desarboradas e a súa variedade cromática constitúe un atractivo paisaxístico en case todas as épocas do ano. O bosque de ribeira está formado por amieiros Alnus glutinosa, freixos Fraxinus spp., bidueiros Betula alba e salgueiros Salix spp. Aínda se atopan salmóns Salmo salar buscando lugares para desovar, sendo a cunca Ulla-Deza unha das máis salmoníferas de Galicia. A troita Salmo truta, a lamprea Petromyzon marinus ou a anguía Anguilla anguilla son recursos piscícolas de enorme importancia ecolóxica e económica nesta cunca. Especies de aves e mamíferos adaptados á vida nos ríos merecen especial mención. Destaca a presenza do merlo acuático Cinclus cinclus, martín pescador Alcedo atthis, lavandeira cascadeña Motacilla cinerea, garza real Ardea cinerea, nutria Lutra lutra, desmán dos Pireneos Galemys pyrenaicus e teixón Meles meles.

Para coñecelo mellor

A Comarca do Deza, situada no centro de Galicia conta cos seguintes concellos: Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón. O río Deza é un dos maiores afluentes do río Ulla e ambos os ríos son os que serven para limitar as provincias da Coruña e Pontevedra. A cunca Ulla-Deza é unha zona onde podemos atopar enormes salmóns, troitas, lampreas, sollas ou especies como a anguía. Ademais, poderemos ver diferentes aves, como o merlo acuático, martín pescador, a garza real ou nutrias, entre outras. A vexetación tamén resulta moi relevante nas marxes fluviais, atoparemos diferentes matogueiras, toxos e árbores como os amieiros, freixos, bidueiros e salgueiros. O Sistema fluvial Ulla-Deza -no que tamén se integra o municipio pontevedrés de Valga- está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000 desde o 2004 e ocupa aproximadamente máis de mil cen hectáreas polo curso dos ríos Ulla e Deza. A Rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea que loita pola conservación da natureza.

Galería

Zona Ulla Deza. Fauna e flora. Xeral Rede NaturaZona Ulla Deza. Fauna e flora. Xeral Rede NaturaZona Ulla Deza. Fauna e flora. Xeral Rede Natura

Localización

Localidade
Cordeiro
Concello
Valga
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Conxunto intermareal
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Natural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.70564000
Longitud
-8.70598900