Skip to main content

Nautic Destination

AS CASITÉRIDES. RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICO

Descrición

Con este itinerario coñecerás e gozarás dunha navegación pola historia e as paisaxes axudado da visión aumentada, de audios e dos nosos guías especializados para descubrir as rías de Arousa, Pontevedra e Vigo bañadas polo océano Atlántico. Un achegamento ás vilas, illas e cidades onde poderán apreciar as súas orixes e forma de vida. Baiona, Vigo, Pontevedra, Cambados, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ou o río Ulla son algúns dos lugares onde os fenicios e outros pobos, deixaron a súa pegada. Esta civilización fenicio-púnica xurdiu da zona de Oriente Próximo e, oculta baixo a grandeza das civilizacións inimigas de Grecia e Roma, non tiveron o protagonismo que en moitas ocasións mereceu. Foi un pobo de bos navegantes que crearon vías marítimas por todo o Mediterráneo, chegando mesmo ao sur de Gran Bretaña pasando por Galicia e a Bretaña francesa. Fundaron máis de 80 cidades e portos onde levaron os seus produtos e, máis profundamente, a súa cultura. Hai 3.000 anos, un grupo de fenicios partiu desde a actual costa libanesa creando a ruta marítima que levaría por nome Ruta das Casitérides, ou as Kassitérides en honra de como bautizaron as illas do estaño, nas Rías Baixas. Delas falan escritos de Heródoto, Estrabón ou Plinio o Vello.

Que inclúe

  • Visita guiada con guía oficial ás Illas Cíes e illas Ons.
  • Entradas a museos.
  • Media pensión (almorzo e xantar).
  • Patrón instructor.
  • Miradoiros de realidade aumentada.
  • Audioguía en 5 idiomas.

Non inclúe

  • Todo aquilo non especificado no itinerario e en "O prezo inclúe".
  • Entradas a monumentos, e guías locais non indicados no itinerario como incluídos.
  • Xantares ou ceas non indicados no itinerario como incluídos.

Servizos opcionais

Aloxamento en terra 125EUR (Suxeito a dispoñibilidade)

Actividades complementarias

Condicionado a un mínimo de prazas. Actividade opcional río Ulla: Adulto 99EUR, Menores de 12 anos 69EUR. Actividade opcional Bouzas-Viana do Castelo: Adulto 169EUR (Mínimo 4 persoas).

Recomendacións

  • Os camarotes das embarcacións están equipados con almofadas e roupa de cama, aínda que se aconsella levar saco de durmir.
  • Aconséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo (tipo náutico con sola non negra), crema e lentes de sol.
  • Maleta de viaxe branda para estibar no barco.

Observacións

Servizo en condicións meteorolóxicas adversas. Este programa ten prevista unha alternativa ao tránsito entre as rías para aqueles tripulantes SEN EXPERIENCIA NÁUTICA que non queiran realizar o tránsito entre rías. Tamén ofrece unha alternativa de navegación e visitas no interior da Ría para o caso de que as malas condicións afecten á visita a unha das Illas.

Galería

AS CASITÉRIDES. RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICOAS CASITÉRIDES. RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICOAS CASITÉRIDES. RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICOAS CASITÉRIDES. RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICOAS CASITÉRIDES. RUTA ATLÁNTICA DOS FENICIOS E MUNDO GALAICO

Reserva

Prezo
Prezo por persoa 950EUR Prezo grupos (a partir de 4 persoas) 730EUR Suplemento uso camarote individual 380EUR Nenos ata 12 anos, desconto 40%
Presentación
09:50
Inicio
10:00

A actividade

Duración
5 días, 5 noites + 2 días opcionais
Dificultade
Baixo
Embarcación
Jeanneau so29i
Jeanneau so32i
Jeanneau so39i
Beneteau 39 CLIPER
Disponibilidade
12 maio, 9 xuño, 7 xullo, 8 setembro, 13 outubro
Día opcional Río Ulla:
11 maio, 8 xuño, 6 xullo, 7 setembro, 12 outubro
Día opcional Bouzas - Viana do Castelo:
17 maio, 14 xuño, 12 xullo, 13 setembro, 18 outubro

Onde

Encontro
Porto Marina de Vilagarcía (Pontevedra) 42°35'54.3N 8°46'08.5"W"
Saída
Puerto de Vilagarcía de Arousa
Chegada
Puerto de Vilagarcía de Arousa

Operador

Operador
Viento Aparente
Xestor
Ana VeigaBooking
Teléfono
900 907 828

Solicitar reserva