Skip to main content

Nautic Destination

CULTIVO DO MEXILLÓN E OUTRAS ARTES DE PESCA NA RÍA DE VIGO

Descrición

  • Levámolos a coñecer o cultivo do mexillón na ría de Vigo e a súa historia. A bordo dunha lancha pequena e co noso patrón Ramón, navegaremos o interior da ría de Vigo para coñecer algunha das 800 bateas aproximadamente que hai nesta ría. Sairemos desde o pequeno pero entrañable porto pesqueiro de Cesantes (Redondela). Realizaremos unha travesía pola Ensenada de San Simón, un espazo cun alto valor ecolóxico ao ser considerado dentro da Rede Natura 2000 pola súa gran biodiversidade de flora e fauna.
  • A bordo da lancha iremos un grupo reducido, máximo 10 persoas e visitaredes de cerca onde se cultiva o mexillón en Galicia. Coñeceredes todo o proceso, desde a recollida da cría, o desdobramento ata o proceso de empaquetado e comercialización. E todo a pé de batea. Unha ruta na que vos mostraremos outras artes pesqueiras empregadas nesta parte da ría, como é o marisqueo a flote ou a arte da nasa coa que se pesca o polbo e a nécora.
  • Pero tamén haberá un espazo para coñecer parte da historia que aconteceu neste territorio, como a Batalla de Rande, as diferentes funcións que desempeñou a illa de San Simón (sen desembarcar) ou a importancia de Vigo para o escritor francés Jules Verne.
  • Pasaremos por baixo da maxestuosa ponte de Rande e por último desembarcaremos na antiga fábrica de conservas do alemán, actualmente o Museo Meirande. Faremos unha pequena parada para coñecer este curioso espazo, actual centro de interpretación da Batalla de Rande.
  • Unha ruta de 2 horas para coñecer o cultivo do mexillón na ría de Vigo e parte da súa historia. Ideal para familias onde os máis pequenos poderán descubrir a vida do mar xa que a ruta ten un gran compoñente didáctico.

Que inclúe

  • Barco ida e volta
  • Guía acompañante a bordo
  • Entrada ao museo Meirande (sempre que estea aberto)
  • Seguro de Responsabilidade civil

Non inclúe

  • Degustación nin bebida
  • Propinas ao guía
  • Calquera cousa non especificada no apartado "inclúe"

Galería

CULTIVO DO MEXILLÓN E OUTRAS ARTES DE PESCA NA RÍA DE VIGOCULTIVO DO MEXILLÓN E OUTRAS ARTES DE PESCA NA RÍA DE VIGOCULTIVO DO MEXILLÓN E OUTRAS ARTES DE PESCA NA RÍA DE VIGO

Reserva

Prezo
Prezo adultos = 46EURPrezo nenos entre 2 e 10 anos = 29 EURMenores de 2 anos gratisGrupo Mínimo: 4 persoas
Prazas
de 4 a 8

A actividade

Duración
2 horas
Dificultade
Baixo
Embarcación
Motora
Accesible
Baixa
Disponibilidade
TODO O ANO

Onde

Encontro
Porto de Cesantes
Saída
Puerto Deportivo Cesantes
Chegada
Puerto Deportivo Cesantes

Operador

Operador
Bluscus - Turismo Marinero
Xestor
Pablo Mariño
Teléfono
644 97 21 81