Descrición
- Este itinerario náutico cultural está vinculado á enogastronomía, á cultura dos pazos galegos e aos seus espléndidos xardíns. Realizando este percorrido poderemos coñecer as marabillas paisaxísticas marítimas na ría de Arousa, a beleza dos xardíns de camelias no val do viño albariño de O Salnés. Se hai unha localidade do territorio de Rías Baixas na que o viño Albariño forme parte da súa idiosincrasia, é Cambados, na comarca de O Salnés. Trátase dunha poboación que atesoura un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia pola gran cantidade de pazos, monumentos e rúas nobres polas que dar un agradable paseo. Nesta vila da provincia de Pontevedra, este viño branco (que ten na D.O. Rías Baixas o seu principal referente) con ese punto ácido tan galego está presente por todos os seus recunchos durante todo o ano. O seu protagonismo elévase ao máximo a principios de agosto con motivo da Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas, a celebración vinícola máis importante en Galicia.
- Neste val de O Salnés atoparemos varios Pazos que albergan algúns dos mellores xardíns singulares de Galicia e que se atopan no marco da ruta da Camelia. Ademais, durante a nosa viaxe coñeceremos varias das vilas mariñeiras da marxe norte da ría de Arousa como, Boiro e A Pobra do Caramiñal. Esta ruta inclúe durante a travesía pequenas paradas no mar para descubrir en vistas panorámicas o patrimonio de interese a través do uso da aplicación de realidade aumentada NAR.
Itinerario
Barrio marinero de San Tomé y torre de San Sadurniño; Cambados. Centro histórico; Cambados. Pazo bodega de Fefiñáns. Plaza, puente e iglesia; Barco mejillón. General
Que inclúe
- Travesía de 3 días en veleiro privado segundo itinerario descrito.
- Patrón instructor durante todas as travesías.
- Guía acompañante para o día 1º.
- Estanza 2 noites a bordo.
- Os traslados terrestres indicados no itinerario.
- Entradas a Pazo e adega indicado.
- Aplicación móbil para vistas panorámicas en Miradoiros de realidade aumentada con audioguías en 5 idiomas.
- Combustible e amarre nos portos
- Seguro básico de viaxe.
Non inclúe
- Almorzos, comidas e ceas.
- Entradas aos Museos detallados no itinerario.
Actividades complementarias
.- Visita ao museo do viño albariño e/ou Visita a adega con degustación.- Visita ao museo do escritor Ramón María del Valle-Inclán- Visita doutro xardín de camelias- Visita á casa natal do escritor Ramón María del Valle-Inclán
Recomendacións
Aconséllase roupa de abrigo, chubasqueiro, calzado cómodo (tipo náutico con sola non negra), crema e lentes de sol. Maleta de viaxe branda para estibar no barco.
Observacións
O itinerario é orientativo e podería variar segundo as condicións meteorolóxicas e segundo criterio do patrón que é o responsable da seguridade da tripulación.