Skip to main content

Nautic Destination

RUTA XACOBEA MAR DE AROUSA EN KAYAK. AS ILLAS E ENSENADAS DA RÍA DE AROUSA E RÍO ULLA

Descrición

  • Con este itinerario descubrirás unha experiencia Slow Adventure" en kayak dos lugares polos que, segundo conta a lenda, o corpo do Apóstolo Santiago chegou desde Xerusalén ata Galicia. Este itinerario forma parte da ruta Xacobea Mar de Arousa e do río Ulla que logo continúa por vía terrestre ata Santiago.
  • Conta a tradición que Santiago o Maior, un dos apóstolos predilectos de Xesús, que foi decapitado por orde de Herodes Agripa, foi trasladado polos seus discípulos nunha barca sen timón, que Deus guiou desde Palestina ata as costas galegas, onde foi enterrado. Sobre a tumba ergueuse un mausoleo segundo o modelo das necrópoles romanas, formado por unha pequena construción rodeada de columnas, cuxos restos permanecen no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.
  • Nace esta ruta en kayak en Ribeira, porta norte de entrada á ría de Arousa e finaliza en Rianxo, continuando cunha posible subida ao río Ulla en embarcación lixeira a motor ata Pontecesures. Durante o itinerario descubriremos as praias, e as illas que xalonan a parte norte da ría de Arousa.
  • Aproveitaremos para visitar os barrios mariñeiros de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Escarabote (Boiro) e Rianxo. Realizaremos escalas en praias e illas como a de Cortegada pertencente ao Parque Nacional Illas Atlánticas. Durante as travesías descubriremos o patrimonio e cultura mariñeira da ría a través da visión aumentada e de audios. Poderemos visitar museos e centros de interpretación da cultura mariñeira e igrexas vinculadas a Santiago Apóstolo acompañados polos nosos guías.
  • Navegaremos buscando a protección da costa, pero isto non nos impedirá observar a illa de Sálvora pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia Esta ruta inclúe durante a travesía pequenas paradas no mar para descubrir en vistas panorámicas o patrimonio de interese a través do uso da aplicación de realidade aumentada NAR"

Itinerario

Muelle fenicio de A Covasa; Puerto de Ribeira. Paseo Litoral; Puerto de Palmeira. Mirador do Castelo. Estatua del emigrante; Corrubedo villa marinera. Faro de Corrubedo. Escultura Grip; Castro da Cidá; Pedra da Rá; Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, lagoas de Carregal e Vixán. Gran Duna; Mirador de A Curota; Centro de A Pobra do Caramiñal. Barrio de los catalanes; Piscinas naturales del río Pedras; Museo Valle-Inclán

Que inclúe

  • 3 días de travesía en kayak con rutas de 8 horas ao día.
  • 1 travesía en embarcación lixeira a motor polo río Ulla
  • Aloxamento en establecementos propostos con transfer ao porto ou punto de inicio de ruta.
  • Pensión completa con xantar segundo itinerario.
  • Guía instructor durante toda a travesía.
  • Embarcación lixeira a motor de apoio e seguridade con patrón.
  • Visitas con guía á Lonxa de Ribeira e á Illa de Cortegada
  • Entradas a Museos e exposicións detallados no itinerario.
  • Aplicación móbil para vistas panorámicas en miradoiros de realidade aumentada con audioguías en 5 idiomas.
  • Combustible
  • Amarres en portos para embarcación auxiliar.
  • Garda de kayaks
  • Seguro básico de viaxe.
  • 1 praza gratis por cada 25 prazas de pago real (25+1) (*Grupos)

Non inclúe

Todo aquilo non especificado no itinerario e en "o prezo inclúe"

Servizos opcionais

Consultar prezo de traslados desde punto de orixe a Galicia.

Recomendacións

É necesario presentar titulación para realización de actividade submarina.

Observacións

O itinerario é orientativo, podendo variar a orde das inmersións en función da climatoloxía e razóns de seguridade.

Galería

RUTA XACOBEA MAR DE AROUSA EN KAYAK. AS ILLAS E ENSENADAS DA RÍA DE AROUSA E RÍO ULLA

Reserva

Prezo
Prezo por persoas: Desde 750EUR (mínimo 6 persoas)Prezo para grupos: Desde 590EUR (grupos a partir de 25 persoas)
Presentación
09:20
Inicio
09:30

A actividade

Duración
4 días / 3 noites
Dificultade
Baixa
Embarcación
Kayak e embarcación lixeira a motor
Accesible
Non
Disponibilidade
Preferentemente outono, primavera e verán

Onde

Encontro
Hotel seleccionado, consultar en axencia
Saída
Puerto A Pobra do Caramiñal
Chegada
Puerto A Pobra do Caramiñal

Operador

Operador
Viento Aparente
Xestor
AnaComercial

Solicitar reserva