Skip to main content

Nautic Destination

Club Náutico San Estevo nº2 (Hemisferios)

Provincia de

Sobre este porto

Desde este pantalán aprecíase a impoñente verticalidade dos montes, que dá acceso a diversos lugares de interese. Durante a travesía fluvial, desfrútase dunha espléndida visión da estrutura do encoro, especialmente desde os miradoiros da Presa de San Estevo e do propio embarcadoiro, que permiten observar as augas do Sil, a forma do río e as características da outra beira. Tamén se poden realizar rutas de sendeirismo pola beira do río, a través de soutos (bosques de castiñeiros), ata fervenzas e capelas de gran valor paisaxístico e espiritual.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

N/A (destino fluvial)

Galería

Club Náutico San Estevo nº2 (Hemisferios)Club Náutico San Estevo nº2 (Hemisferios)

Localización

Enderezo
Loureiro s/n
Concello
Nogueira de Ramuín
Provincia
Ourense
País
España
C. postal
32164

Contacto

Coordenadas

Latitud
42.409020
Longitud
-7.642480

O porto

Eco-destino
Río Miño - Sil - Ribeira Sacra
Contorna
Nogueira de Ramuín destaca polos seus paisaxes e características xeolóxicas que nos dá o río Sil cos encoros de San Estevo Ribas do Sil e San Pedro do Sil; cos mosteiros de San Estevo (parador nacional) que desde o Miradoiro Penedos do Castro teremos unha vista aérea do mosteiro e a paisaxe co río Sil. Na proximidade temos a fervenza de San Estevo, a ponte de Gundrei, A Barca, as igrexas románicas de San Martín de Nogueira, San Cristóbal de Armariz, as ermidas da Virxe do Monte, A Barca, Costria, etc. Na cercanía están: os Peares que nos permite subir cara a Pantón para desfrutar dos seus conxuntos históricos do río Miño; Ourense cidade co seu patrimonio e termas e o mosteiro de San Pedro das Rocas, que nos facultaría programar unha ruta circular.