Skip to main content

Nautic Destination

Pantalán A Recheda

Provincia de

Sobre este porto

Para chegar teremos que realizar un percorrido andando de 2800/3000 m desde a estación do tren de Os Peares, ou baixar andando 1500 m desde onde remata a pista asfaltada de Sandamiro. Esta última lévanos ao que é un camiño de carro. Hai flora vexetal con unhas grandes carballeiras e viñedos próximos en bancais. Nesta zona do río vemos como a auga labra as pedras do fondo e apreciamos moi ben as características do entorno coa panorámica que temos do fronte da outra beira.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

N/A (destino fluvial)

Galería

Pantalán A RechedaPantalán A Recheda

Localización

Enderezo
Pueblo Sandamiro
Concello
A Peroxa
Provincia
Ourense
País
España
C. postal
32448

Coordenadas

Latitud
42.43198
Longitud
-7.75445

O porto

Eco-destino
Río Miño – Ourense
Contorna
A zona é moi boa para gozar: o románico das súas igrexas Santiago de Carracedo, San Xes da Peroxa, etc.; dos Pazos; o Castelo de A Peroxa; as rutas de sendeirismo que nos levan a este castelo; a do campo Amparo coa súa Ermida e os Miradoiros de A Peroxa, etc. Todo elo permítenos gozar dos socalcos (bancais) sobre o río Miño coas súas peculiaridades e variedades de uvas xunto coas adegas e así coñecer como se coidan os viñedos e se elaboran os viños. Poderemos desprazarnos a ver a unión dos ríos Miño e Sil e veremos os embarcadoiros dos Peares e San Estevo para as navegacións. Ourense capital co seu patrimonio é visitable pola súa proximidade.