Entrada ao porto
Derrotero e indicacións de aproximación
Instalación flotante sobre pilotes con cinco fingers e capacidade para 10 embarcacións ata 6 metros de eslora nos fingers e unha de 8 metros acodada. Está unida á terra por unha pasarela con porta de acceso pechada con chave.
Non dispón de vixilancia, auga nin electricidade. A instalación en terra parece abandonada.
O seu uso como punto de tránsito non é viable actualmente ante a posibilidade de desembarcar á terra.
A navegación polo río realizarase buscando o meandro e aos wp: Oliveira, Carnero e Ovejas, baixos máis importantes do Miño, así como o tráfico de piragüistas e remeiros adestrando nesta zona.
En todos os do Miño é moi conveniente lembrar a constante vixilancia sobre posibles ofnis (obxectos flotantes non identificados) como posibles troncos etc. principalmente tras momentos de choiva que arrastra a corrente entre augas.
1 Pantalán pescadores Baixo 41°59'49.34"N 8°40'20.50"O
2 Meandro 42° 0'7.83"N 8°39'45.62"O
3 Pantalán pescadores Outeiro 42° 1'6.28"N 8°39'24.67"O
4 Ancoradoiro de Valença Nosa Senhora da Cabeza 42° 1'25.15"N 8°39'28.62"O