Skip to main content

Nautic Destination

Porto Club Náutico de Pontecesures

Provincia de

Sobre este porto

O porto de Pontecesures está situado ao norte da provincia de Pontevedra, na marxe esquerda do río Ulla, xa próximo á súa desembocadura na Ría de Arousa. Cabe destacar os numerosos cruceiros da zona, como o da Obra Pía de S. Lázaro construído no século XIV, o de Carreiras e o de Alfoli da Cova. Ademais, dentro da arquitectura civil destacan o Pazo da Cova, do século XVIII, e o conxunto típico do Caldeirón, situado no barrio de Porto. A igrexa parroquial, de nave única, conserva restos románicos. A antiga tradición artesá do municipio está presente no Taller de Velas, na Escola Ceramista ou nas figuras da cerámica celta.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

Debemos ir cara a Vilagarcía de Arousa deixando a Illa de Arousa a estribor dentro do canal principal de navegación.

Ao chegar á boca de entrada do porto comercial de Vilagarcía, tomar rumbo ao norte da illa de Cortegada. aparecerán as boyas de entrada ao río Ulla e ao porto de Carril.

A navegación do río require contar con marea e é só posible subir en embarcación lixeira de pouco calado.

Na subida polo río pasarase por diante do pantalán de Catoira, Vilarello ata chegar a Pontecesures. O pantalán estará ubicado a estribor na localidade de Pontecesures antes da ponte que une esta localidade con Padrón.

Galería

Porto Club Náutico de PontecesuresPorto Club Náutico de PontecesuresPorto Club Náutico de Pontecesures

Localización

Enderezo
Av. Eugenio Escuredo, 3
Concello
Pontecesures
Provincia
Pontevedra
País
España
C. postal
36640

Contacto

Coordenadas

Latitud
42.72381680
Longitud
-8.65329527

O porto

Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Rural
Cultura mariñeiraEnogastronomíaMotorNaturezaVelaKayak / Surf