Skip to main content

Nautic Destination

Porto de Vilagarcía de Arousa

Provincia de

Sobre este porto

O porto de Vilagarcía de Arousa está ubicado nas augas resgardadas da Ría de Arousa, é unha excelente base de operacións para visitar o municipio homónimo, que concentra unha gran oferta gastronómica, comercial e de lecer. Dispón de 6 prazas de 11 metros cada unha.

Entrada ao porto

Derrotero e indicacións de aproximación

Para entrar na Ría de Arousa desde o sur aconséllase utilizar o canal principal que está entre a illa de Sálvora e a península do Grove. Con fondos de 60 a 70 metros e cun ancho de 2,5 millas, o seu centro está exento de perigos. Desde o norte pódese utilizar o canal de Sagres cunha anchura mínima de 200 metros entre o illote Torán e a ínsua de Maiador en Sagres. Só utilizar as embarcacións a vela este paso con ventos favorables. Despois deberase cruzar o paso entre o Con de Vieiras e as pedras do Sargo, próxima á Illa Vionta.

Unha vez na ría, xa sexa desde o norte ou desde o canal principal ou sur, continuarase con rumbo ao canal que forma a illa de Rúa co illote Xidoiro Pedregoso. Teremos a estribor varios polígonos de bateas e posteriormente a Illa de Arousa. Ao pasar a boya verde preto de Punta Cabalo na Illa de Arousa enfilaremos rumbo directo ao porto de Vilagarcía de Arousa.

Ao chegar ao porto de Vilagarcía de Arousa e pasar o espigón principal deixaremos a estribor o peirao comercial e cun derrotero de 115 graos dirixirémonos ao pantalán de pasaxe de Vilagarcía de Arousa situado na dársena sur na zona de O Cavadelo.

Galería

Porto de Vilagarcía de ArousaPorto de Vilagarcía de ArousaPorto de Vilagarcía de Arousa

Localización

Enderezo
Peirao de Pasaxeiros, 1 (OFICINAS AUTORIDAD PORTUARIA) Muelle-pantalán dársena 2 (Parque do Centenario)
Concello
Vilagarcía de Arousa
Provincia
Pontevedra
País
España
C. postal
36600

Contacto

Coordenadas

Latitud
42.59690900
Longitud
-8.77075600

O porto

Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Urbano
Cultura mariñeiraEnogastronomíaMotorNaturezaVela