O porto é unha reducida enseada nun meandro da marxe oriental da ría. Está defendido dos arrastres de area que arrastra o Butrón por dous pequenos diques balizados na súa punta. No seu interior están instaladas dúas liñas de pantalán e un perimetral con capacidade de amarre de 149 embarcacións, A eslora máxima é de 8 m. A ocupación é total. Non se reservan prazas para tránsitos. Na ría fondean moitas pequenas embarcacións.
No pobo contase con todo tipo de servizos, supermercados, restaurantes, médico, farmacias etc.