Sanxenxo é un referente turístico de primeira magnitude en Galicia. A calidade dos seus mariscos e peixes é insuperable e en calquera dos restaurantes e tabernas do porto pódense degustar excelentes caldeiradas e mariscadas.
Nos seus arredores podemos gozar de fermosas praias como Silgar, Baltar, Caneliñas, Montalvo, Foxos ou A Lanzada. Resultan de interese os conxuntos arquitectónicos civís e relixiosos de Adina, Nantes, Padriñán, Bordóns e Gondar. Neste municipio abundan restos arqueolóxicos do Paleolítico, como por exemplo o bifaz achelense de Randulfe e unha serie de mámoas que van desde a Punta de Montalvo ata o Faro de Noalla.
O porto de Sanxenxo atópase na mesma enseada que o porto de Portonovo. O porto consta de 421 amarre, para barcos con esloras de 6 a 44 metros. O calado mínimo da instalación é de 2,50 metros e máximo é de 10 metros.


