Parque Natural de s’Albufera

S’Albufera de Mallorca foi declarada Parque Natural o 28 de xaneiro de 1988 (Decreto 4/1988). É tamén zona húmida de importancia internacional incluída no convenio de Ramsar e na Rede Natura 2000, como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e lugar de importancia comunitaria (LIC). S’Albufera é a zona húmida máis extensa e […]
Marín. Monte e Lago Castiñeiras. Petroglifos das Abelaires. Miradoiro Cotorredondo

O Lago de Castiñeiras é o epicentro do parque da natureza de Cotorredondo. Atópase entre os municipios de Vilaboa e Marín. Aínda que a súa orixe é artificial (remóntase a 1950) o seu encanto é único e completa o contorno como importante zona de refuxio e cría para moitas especies silvestres da zona dando lugar […]
Illa de Arousa. Parque natural Carreirón

O espazo natural de O Carreirón, está situado na zona sur da Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra. Punta Carreirón e a súa lagoa é un lugar privilexiado para as aves, non en balde está recoñecido como zona internacional de especial protección para as aves (ZEPA) pola Unión Europea e a súa integración no […]
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, lagoas de Carregal e Vixán. Gran Duna

O Parque Natural pertence íntegramente ao concello de Ribeira (A Coruña). Atópase nunha zona LIC (Lugar de Importancia Comunitaria), que abarca tamén a illa de Sálvora (Ribeira) e esténdese pola franxa litoral do municipio de Porto do Son. Conta cunha superficie total de 996,25 hectáreas das cales 9,265 están catalogadas como LIC. Foi declarado Parque […]
Parque de Salvaterra

Salvaterra, unha poboación ligada ao río Miño, é unha poboación da área metropolitana de Vigo. Atópase a unha altitude de 150 metros sobre o nivel do mar. Limita cos concellos de Ponteareas, Mondariz, A Cañiza, As Neves, Salceda, Tui e polo sur co Río Miño e Portugal. Salvaterra, xunto con gran parte dos concellos anteriormente […]
Ponte de Lima. Marxe dereita do río Lima

Cruzando a ponte de orixe romana e medieval, deixando atrás o casco histórico vaise á marxe dereita do río Lima. A paisaxe volveuse máis verde debido á vexetación de ribeira e a que se atopan menos construcións. Despois de cruzar, atópanse varios elementos para visitar. Un deles é a igrexa de Santo António da Torre […]