O Mosteiro de Santa María de Oia, foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931. A orixe deste mosteiro é un pouco difusa, algúns autores din que foi fundado por San Martiño Dumiense no ano 569 e outros por San Fructuoso de Braga na primeira metade do século VII, o que si está claro é a vinculación de varios privilexios polo rei galego Alfonso VII durante o século XII. Un deles sería a doazón ao mosteiro da metade das igrexas de Erizana (Baiona) e A Guarda e todas as de Mougás, Pedornes, Burgueira, Lourenza e O Rosal. No interior dos seus muros reuníronse monxes que previamente pertencían a comunidades diferentes como a de Oia co seu abade Pedro, a de San Cosme e San Damián co Prior Pelayo e a de San Mamede de Lourenza cos seus monxes negros. Así que en 1149 fusionáronse baixo o cumprimento da Regra de San Benito. Posteriormente, no ano 1185 pasou a formar parte da Orde do Císter. Constitúe o único exemplar de abadía xunto ao mar en Galicia, quedando a fachada do templo e as dependencias do mosteiro do costado occidental situadas ao borde do mar. Posúe unha robusta muralla a cal ten unha estreita estrada bordeando a cala situada xusto debaixo da mesma. A súa ubicación estratéxica convertiuno, en diferentes ocasións, en baluarte defensivo de aí a súa denominación de monxes artilleiros". Debido ás reformas que sufriu desde a súa construción é unha mestura de elementos e estilos arquitectónicos que van do románico, ao gótico e ao barroco. A igrexa presenta tres naves dispostas en planta de cruz latina. A fachada e a torre son de tipo barroco. As dependencias do mosteiro abren no costado sur da igrexa. Por aquí pasa o Camiño portugués pola costa, tamén coñecido como camiño Monacal, onde o peregrino pode camiñar polo barrio do Arrabal que naceu baixo a protección do Mosteiro. Paseando polas súas rúas estreitas pódense contemplar elementos da arquitectura popular como casas de patín, lugares de toponimia reveladora como a Picota e diversas edificacións históricas. Destacan o cruceiro da Praza da Centinela (s. XVIII), a antiga casa do Concello (actual oficina de turismo) e a única lápida coñecida dun abade do Mosteiro (s. XIII) reutilizada como dintel na porta dunha pequena construción. Actualmente é xestionado por un grupo hoteleiro que o está desenvolvendo como espazo de turismo."
Debido ás reformas que sufriu desde a súa construción é unha mestura de elementos e estilos arquitectónicos que van do románico, ao gótico e ao barroco. Así a igrexa presenta planta de cruz latina composto o brazo principal por tres naves curtas de catro tramos, cun marcado crucero. No perímetro do transepto ábrense cinco capelas rectangulares e escalonadas. Inspírase na chamada planta Bernarda", a máis pura das cistercienses. O alzado interior, dos máis austeros e sinxelos, é o que mellor responde aos ideais da primeira arquitectura cisterciense. Así a nave central é de maiores dimensións que as laterais e cúbrese con bóveda de canón apuntado, que se apoia en arcos simples e de aristas vivas sobre ménsulas prismáticas escalonadas. Os piares compostos en forma de T son de gran grosor e apoianse en sinxelas bases. As naves laterais cúbrense tamén con bóvedas de canón apuntado, pero perpendicularmente á bóveda da nave central. Deste xeito os catro tramos das naves laterais comunícanse entre elas por medio de arcos apuntados simples. Ventás con arco de medio punto e rosetóns iluminan o interior pola cara sur e occidental xa que a cara norte e central carecen de iluminación. Algunhas foron tapiadas ou eliminadas cando se engadiu unha sacristía na capela maior durante o s. XVIII e tamén ao renovarse a actual fachada de estilo barroco e a principios do s. XVIII que substituíu á anterior fachada medieval que seguiría as pautas da arquitectura cisterciense. Na mesma época tamén se ergueu a torre de estilo barroco. Os dous últimos tramos tamén foron reformados, cando se levantou o coro alto sostido por bóvedas enervadas, aos pés da igrexa no último terzo do s. XVI Grazas ao seu estratéxico emprazamento este mosteiro xogou un papel importante na defensa da costa. En 1624 os monxes lograron desbaratar un ataque da flota turca, o que levou a Felipe IV a conceder ao mosteiro o título de ""Real"". Tras a Desamortización de 1835 pasou a ser de propiedade privada, aínda que a igrexa funciona como templo parroquial. A partir de entón márcanse os inicios dunha longa época de abandono e deterioro. En 1910 os xesuítas expulsados de Portugal arrendaron o mosteiro, onde se estableceu un colexio. Esta orde permaneceu en Oia ata o ano 1932, data na que tiveron que abandonalo ao ser nacionalizados os bens da Compañía de Jesús e decretar a súa expulsión do territorio nacional. Nos anos da Guerra Civil, Santa María foi campo de concentración (entre 3.500 e 5.000 persoas presas sufriron a represión entre as súas paredes). Este lugar acumula unha enorme carga histórica e tráxica, plasmada nas paredes dalgunhas estancias con grafitos correspondentes a aquela época. Por aquí pasa o Camiño portugués pola costa, tamén coñecido como camiño Monacal, onde o peregrino pode camiñar polo barrio do Arrabal que naceu baixo a protección do Mosteiro. Paseando polas súas rúas estreitas pódense contemplar elementos da arquitectura popular como casas de patín, lugares de toponimia reveladora como a Picota e diversas edificacións históricas. Destacan o crucero da Praza da Centinela (s. XVIII), a antiga casa do Concello (actual oficina de turismo) e a única lápida coñecida dun abade do Mosteiro (s. XIII) reutilizada como dintel na porta dunha pequena construción.
Entre Baiona e A Guarda, na provincia de Pontevedra, localízase o pequeno municipio de Oia. Nel, hai moitos anos, construíuse un mosteiro cunha gran igrexa a moi poucos metros do mar que estaba dedicada a Santa María e, ademais, converteuse no monumento principal de Oia. A construción deste mosteiro comezou no ano 1132 cando o rei Alfonso VII exercía o seu mandato. Tivo diferentes usos. Durante unha primeira etapa era o lugar onde se reunían monxes. Posteriormente, pasou a formar parte da Orde do Císter, para despois comezar a verse abandonado a partir de 1836 coa desamortización de Mendizábal. Durante a Guerra Civil e ata 1942, converteuse nun cárcere. Xa no século XXI acometeron as últimas restauracións para que, a día de hoxe, sexa unha visita turística moi especial. O mosteiro presenta tres naves e todas as súas plantas son de cruz latina. Non obstante, pódense observar nel elementos de distintas épocas -románicos, góticos e barrocos- froito das sucesivas reformas que sufriu. Na igrexa, destaca a bóveda estrelada, así como a súa fachada e o campanario, ambos datados da época barroca (século XVIII).