Skip to main content

Nautic Destination

Aula de Natureza. Praia fluvial de Vilarello. LIC. Ecomuseo

Sobre este patrimonio

Valga posúe varios espazos naturais, agrupándose no Ecomuseo de Valga que consta dunha rede de lugares que gozan de interese natural e que teñen como eixo vertebrador a auga. Na actualidade a rede está formada por catro lugares de interese: as fervenzas do río Valga, a lagoa Mina-Mercédes, o monte Beiro e a praia fluvial de Vilarello.

As fervenzas de Parafita e de Raxoi pódense atopar percorrendo un sendeiro polo río Valga. O itinerario permite gozar dun fermoso paraxe de bosque de ribeira, atópanse muíños de diversas tipoloxías. Dos saltos de Parafita destaca a chamada fervenza Grande onde a auga salva unha parede rochosa de seis metros de alto e forma unha poza de singular beleza. Continuando o percorrido río arriba localízase a fervenza Pequena creando un lugar perfecto para descansar.

Sendo antigamente unha explotación de arxila a ceo aberto na actualidade é unha lagoa dunha extensión de uns 30.000 m2 que a fai a lagoa máis grande da provincia de Pontevedra. Chega a acadar unha profundidade de uns 20 metros na súa zona central. Ao seu redor distribúese un paseo de uns 900 metros con zonas arboradas e diversas áreas de descanso e miradoiros. O miradoiro de Monte Beiro está a 140 metros de altitude desde onde se observa unha ampla panorámica do val do río Ulla, preto da desembocadura que forma a ría de Arousa, da serra do Barbanza e dos montes de Oleirón, Meda e Xesteiras. O miradoiro conta cun muíño de vento, construído a principios do século XIX e restaurado na actualidade. Por último, dentro deste Ecomuseo, atópase a praia fluvial de Vilarello no río Ulla. É unha zona próxima ás marismas do río Ulla, a flora e a fauna deste particular hábitat constitúen ecosistemas de gran valor ecolóxico como brañas, vegas e xuncais. Esta zona está incluída na Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación (ZEC) Sistema fluvial Ulla-Deza.

A praia, aparte do areal, dispón dun pantalán, duchas, bar-cafetería e unha gran extensión de zonas verdes.

Para saber máis

O Ecomuseo comprende espazos dentro da Rede Natura 2000 que coas súas 1.633 ha abarca unha importante rede hidrográfica arredor do río Ulla. Está declarado como Zona de Especial Conservación (ZEC) Sistema fluvial Ulla-Deza e atravesa tanto os municipios de Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Rianxo dentro da provincia da Coruña como os de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces da provincia de Pontevedra.

Respecto á flora circundante, o carballo Quercus robur é a árbore dominante na cunca do Ulla, aínda que pola acción humana vese fortemente reducido a pequenas manchas fundamentalmente enclavadas nas marxes fluviais e os escarpes máis inaccesibles. O tojal-brezal é a formación de matogueira máis frecuente nas ladeiras desarboradas e a súa variedade cromática constitúe un atractivo paisaxístico en case todas as épocas do ano. O bosque de ribeira está formado por amieiros Alnus glutinosa, freixos Fraxinus spp., bidueiros Betula alba e saucos Salix spp.

Aínda se atopan salmóns Salmo salar buscando lugares para desovar, sendo a cunca Ulla-Deza unha das máis salmoneras de Galicia. A troita Salmo trutta, a lamprea Petromyzon marinus ou a anguía Anguilla anguilla son recursos piscícolas de enorme importancia ecolóxica e económica nesta cunca.

Especies de aves e mamíferos adaptados á vida nos ríos merecen especial mención. Destaca a presenza de mirlo acuático Cinclus cinclus, martín pescador Alcedo atthis, lavandeira cascadeña Motacilla cinerea, garza real Ardea cinerea, nutria Lutra lutra, desmán dos Pireneos Galemys pyrenaicus e texón Meles meles.

Para coñecelo mellor

A praia fluvial de Vilarello, na parroquia de Cordeiro, en Valga, é un pequeno espazo de 70 metros de lonxitude. Dita praia está localizada augas arriba da Ría de Arousa, xa no comezo do Río Ulla.

Esta zona permite achegarse ao río Ulla e a flora e a fauna que podemos atopar é de gran valor ecolóxico como as brañas, as vegas e o xuncal. Todo iso fai que a desembocadura do río Ulla se converta nunha zona natural de interese. Non en balde, está incluída na Rede Natura 2000 por ser Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Ademais, esta praia fluvial conta con diferentes servizos para pasar un día do máis agradable: cafetería, zona de comedor con asador, un parque infantil, zona de baño e incluso un auditorio ao aire libre.

Valga é un concello que pertence á provincia de Pontevedra que conta con menos de sete mil habitantes. A súa localización limita ao norte cos concellos de Dodro e Pontecesures e con Catoira e Caldas de Reis ao sur.

Galería

Aula de Natureza. Praia fluvial de Vilarello. LIC. EcomuseoAula de Natureza. Praia fluvial de Vilarello. LIC. Ecomuseo

Localización

Localidade
Cordeiro
Concello
Valga
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Praia
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Natural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcamento
No
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.70564000
Longitud
-8.70598900