O arte do marisqueo a pé é o que se exerce sobre todo nas praias e rochas. O aproveitamento destes recursos vén desde tempos moi remotos. Existen evidencias que desde o Paleolítico medio xa se consumía o marisco. E na época romana as ostras, ameixas e berberechos eran todo un manxar co que se comerciaba e coas súas conchas utilizábanse tamén como adornos e abalorios. Por tradición, é un arte realizado maiormente por mulleres e para exercela posúen un Permiso de Explotación (Permex). Na actualidade son cada vez máis os homes que se unen a este arte de pesca. A captura a pé depende das mareas, realízase cando esta baixa e as mariscadoras apenas teñen catro horas para exercer o seu traballo. A marea depende da lúa, e atrasa cada día uns 50 minutos. Así que este arte depende moito do horario e do calendario. A ameixa, o berberecho, o percebe, e as navallas son as especies que principalmente se capturan. Curiosamente o marisqueo a pé adoita utilizar os mesmos aparellos como os utilizados no campo só que adaptados a remover o sedimento en busca dos prezados moluscos. Así o sacho, a rasqueta, as azadas, os rastrillos as foices, os gancheros, a gancha de pé as horquillas ou coitelos son compoñentes fundamentais para realizar este traballo. Son ferramentas sinxelas utilizadas con tesón polas mariscadoras. O Sacho é un arte moi utilizado e simplemente consiste en clavar o sacho na area e removela deixando os moluscos ao descuberto. Por outra banda, nas rochas, empregase a rasqueta que está formada por unha folla rectangular de ferro e un mango de madeira ou de metal. Sólese empregar para arrincar percebes e mexillón das pedras.
A costa galega, pola súa xeografía, representa o 31% dos 4.830 Km de costa que ten España. En Galicia hai unhas 3.970 persoas que se dedican á actividade de marisqueo a pé. É unha actividade realizada maiormente por mulleres representando un 90% no sector. Son traballadoras autónomas, por conta propia, e isto fai que non exista un seguimento das condicións de traballo, riscos laborais e/ou enfermidades profesionais. Co paso do tempo o marisqueo a pé sufriu unha importante transformación que pasou de ser unha actividade individual e meramente extractiva a outra organizada. Xa que á actividade de extracción hai que sumarlle a de produción no cultivo de moluscos. Así xorden traballos complementarios como o traslado das sementes, a limpeza dos bancos marisqueiros, as actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción e outras actividades de coidado, control, seguimento, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros. Este tipo de tarefas complementarias xunto coas normas que regulan a explotación e a súa realización son fundamentais para conseguir unha explotación sostible dos bancos marisqueiros. O marisqueo realízase a pé na praia, no que sería a zona intermareal e denomínase en seco
dentro da auga, na zona submareal, denominada "mollado" onde se mergullan ata o peito ou unha modalidade mixta entre zona intermareal e submareal. En xeral as tarefas desenvolvidas polas mariscadoras co traballo de extracción de cría para a venda ou traslados, a extracción de bivalvos para comercialización e traslados. Tarefas de resembrado, limpeza vixilancia, transporte de ferramentas e capturas.