O mexillón Mytilus galloprovincialis é un molusco bivalvo de tons azuis fortes que vive formando agregados nas rochas costeiras, tanto nas máis expostas e batidas polo mar como nas rochas situadas, en augas máis salobres, cara o interior da ría. Adhírese á rocha mediante filamentos do biso que se atopa no seu pé. Non adoita vivir máis aló dos 15 metros de profundidade, aínda que foron atopados en restos de bateas a trinta e cinco metros. O aspecto interno do mexillón adoita ser anaranxado, máis acusado nas femias xa que os machos, na época de reprodución, presentan unha coloración máis blanquecina. As súas dimensións para comercialización están entre 7 e 10 cm. É un organismo filtrador que se alimenta do fitoplancto e zooplancto, e mesmo de partículas orgánicas en descomposición, que se atopa na auga do mar, mediante a filtración da mesma a través das súas branquias. A capacidade de filtración dos mexillóns é enorme, bombeando ata 8 litros por hora. Os seus depredadores son a estrela de mar, un caracolillo perforador que a través do burato que taladra absorbe o seu corpo, os peixes con fortes mandíbulas (sargos e ballestas) e as gaivotas que para comelo déixano caer sobre as rochas facendo que se rompa. Cultívanse en bateas que en xeral, trátase dunha estrutura flotante que consta de proa, popa e os costados, sendo a proa a parte destinada ao amarre. Posúe un enparrillado, normalmente de madeira, do que penduran as cordas, un sistema de flotación, un sistema de suxeición e un sistema de cultivo. O mexillón é un animal de sexos separados e a fecundación é externa pola liberación de gametos ao medio. As larvas teñen vida peláxica durante unhas semanas mentres completan o seu desenvolvemento, logo fíxanse ao substrato mediante os filamentos do biso. En Galicia este proceso ten lugar todo o ano, con dous picos importantes na primavera e no outono, sendo o máis importante o primeiro porque a fixación é moito maior. Unha soa femia é capaz de liberar entre 600.000 e un millón de ovos e tras o desove queda moi enfraquecida.
A familia Mytilidae esténdese por todo o mundo e a ela pertencen multitude de xéneros e especies. Aínda que o hábitat sexa diferente a súa característica común é a fixación mediante o biso. Algúns viven en zonas intermareais e outros por debaixo do nivel mínimo das mareas. Uns aférranse ás rochas, outros á grava das praias e algúns entérranse parcialmente no fango ou na area. Tamén hai especies que escavan e alóxanse no interior de rochas brancas e outras vivindo a grandes profundidades mariñas ao lado das saídas volcánicas alimentándose de bacterias sulfurosas. O mexillón galego Mytilus galloprovincialis é quizais a especie máis resistente de Europa, xa que nunca foi afectada por ningunha praga devastadora como sucedeu con M. edulis en Holanda, Inglaterra e Italia. A explicación máis lóxica é que en Galicia o mexillón está mellor alimentado grazas á riqueza do plancto que teñen as rías. O cultivo de mexillón realízase en estruturas flotantes chamadas bateas. En 1956 instalaron 400 bateas e pasouse a 2537 en 1967. Dez anos máis tarde acádase unha densidade de 3100-3300 bateas e a produción pasou de 51.000-61.500 Tm en 1959-60 a 173.500-192.000 Tm en 1975-76, o que converteu a España no primeiro produtor mundial do mexillón. A colleita de mexillón en España nos últimos lustros mantense entre 170.000 e 240.000 toneladas. A produción é estable e as diferenzas interanuais veñen dadas polos episodios de mareas vermellas que impiden a recollida regular do molusco. A colleita de mexillón en España en 2018 estímase en 273.600 toneladas, que é unha cifra récord na historia da produción desta especie, e un valor total en primeira venda de 133,2 millóns de euros. Cinco son as comunidades autónomas españolas nas que se cultiva mexillón, Cataluña, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Baleares, pero a produción galega representa o 97 % do mexillón total nacional. A acuicultura española destaca como referencia a nivel europeo e mundial pola cantidade e calidade da súa crianza de moluscos.
O mexillón é un molusco bivalvo composto por grandes conchas alongadas negras ou azuis. O seu nome científico é Mytilus galloprovincialis e podemos atopalo en grandes zonas de rocha ás que se pega mediante unhas partes do seu pé. Os mexillóns atópanse a pouca profundidade en zona de mareas, por iso, utilízanse as bateas ou mexilloeiras para a súa recollida. As bateas son estruturas colocadas ordenadamente nas rías, neste caso, na Ría de Arousa onde, grazas ás súas plataformas de madeira, penduran unhas cordas grosas chamadas "maromas" e nelas cultívanse estes proteicos bivalvos. Alimentanse de microorganismos mariños e de plancto e poden chegar a vivir uns 60 ou 70 anos. Para seguir conservando esta especie, é importante que respectemos o seu hábitat e que o seu consumo estea controlado pois, algúns estudos cualifican ao mexillón como unha especie en perigo de extinción.