O nome científico da lamprea é, Petromyzon marinus, o seu peso pode chegar aos 2,5 quilos e as súas dimensións van desde os 80 centímetros ata 1 metro 20 centímetros, tamén se lle chama lamprea de mar e é un peixe azul. Vive en augas cuxa profundidade está entre os 200 e 400 metros. É un peixe agnato, estes peixes carecen de mandíbula, a orixe da lamprea remóntase a 500 millóns de anos e non evolucionou practicamente. A larva da lamprea, vive preto de cinco anos no río, logo despraza ao mar, vive alí durante un tempo e regresa ao río para reproducirse e morrer, é un peixe anádromo. A larva ten unha morfoloxía moi diferente á do adulto, nesta fase carece de dentes e aliméntase succionando organismos microscópicos. Despois dunha longa metamorfose convértese nun animal parasitario, dotándoa de dentes agudos e dunha lingua áspera que lle permiten perforar o corpo das súas vítimas e succionar o seu sangue e líquidos corporais. Cando é adulta vive fixada a tiburóns, salmóns, bacallás e mamíferos mariños. Ata que se sacia ou morren as súas vítimas non se despega deles. Se son peixes de gran tamaño, pode fixarse e alimentarse deles durante días ou semanas. Unha lamprea adulta na súa etapa de maior actividade é capaz de matar 10 quilos de peixes, como curiosidade para decatarnos da súa voracidade pode matar unha troita en 4 horas. Unha Pesqueira é unha construción romana de interese arquitectónico e etnográfico, que os romanos xa utilizaban para a pesca da lamprea, na actualidade forma parte da vida, cultural e gastronómica dos habitantes de Arbo, sendo utilizadas aínda para este mesmo fin e podendo gozar da súa pesca durante todo o ano coas mesmas técnicas artesanais, sostibles e respectuosas co medio ambiente.
O corpo da lamprea é anguiforme, a súa pel é lisa e non posúe escamas. Posúe unha boca en forma de ventosa con uns dentes pequenos e córneos. Os seus ollos son de pequeno tamaño. Respiran a través dunha fila de sete aberturas que teñen en cada lado do seu corpo. O seu corpo non ten esqueleto óseo e sostéñense nunha notocorda cartilaxinosa. Mentres son novos teñen dúas aletas dorsais, cando van sendo adultos estas dúas aletas, acaban uníndose. Alimentan da sangue e carne de presas vivas (peixes de diferentes tamaños) nas que se fixa, para evitar que o sangue do animal anfitrión se coagule, produce unha substancia anticoagulante. Entre o tempo que viven entre o mar e o río poden chegar a vivir 18 anos. A súa tempada de pesca dura todo o ano e lévase a cabo en lugares chamados pesqueiras. As pesqueiras tamén reciben o nome de Pescos", atópanse no curso baixo do río Miño, nunha lonxitude aproximada de 25 quilómetros, podes coñecelas todas se segues a "ruta das Pesqueiras". Datan da época dos romanos, xa que a pesca da lamprea conta con séculos de antigüidade. Na Idade Media a posesión das pesqueiras estaba ligada a mosteiros e casas feudais, xa no século XX, en concreto no ano 1979 son declaradas monumento artístico e figuran na documentación municipal como elementos etnográficos inventariados. Nas pesqueiras empregan diferentes artes de pesca, a principal é a coñecida como biturón, butrón, voitirón, voteirón, masoura ou nasoura. A pesca da lamprea realízase durante a noite, e é preciso revisar o estado das redes polo menos, cada dúas horas. Para gozar da lamprea, o último fin de semana do mes de abril, celébrase en Arbo a "Festa da Lamprea", a festa gastronómica máis antiga de Galicia, declarada 'Festa de Interese Turístico Nacional', na que se dan a coñecer todas as formas de cociñar este peixe azul.
A lamprea é un peixe azul e un dos primeiros vertebrados na Terra, incluso anterior aos dinosauros e, actualmente, pódese atopar a uns 200 metros e 400 metros de profundidade. Este peixe tamén é coñecido como a vampiresa da auga" ou "a raíña do río" e habita nos cursos fluviais galegos desde hai xa máis de 500 millóns de anos. Os habitantes de Arbo conviven con esta especie desde hai moitos anos e convertérona nun verdadeiro ícono desta terra, ademais dun dos motivos de visita a través de distintas receitas con lamprea. Pódese preparar de diferentes formas "á arbense" cociñada no seu propio sangue, "á bordelesa", rechea, guisada, asada á brasa e, incluso, en empanada. A mellor tempada para tomar este produto é de xaneiro a abril. De feito, precisamente no cuarto mes do ano é cando se celebra no municipio "A Festa da Lamprea", declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Outra das peculiaridades da lamprea pasa pola peculiar técnica que hai que utilizar para capturala e que se remonta séculos atrás. Os romanos construíron no río Miño uns muros de pedra encarados uns aos outros e suxeitos a ferros que se chaman "Pesqueiras". Polo medio de cada muro pasa a auga, onde os pescadores colocan unha rede en forma de cono chamada "Butrón". Deste xeito, a corrente fai que as lampreas se vaian introducindo na rede, sendo, así, capturadas. O municipio de Arbo atópase no sueste da provincia de Pontevedra. Limita co país veciño, Portugal, do que o separa o río Miño.