O Castelo de Cabrera é unha fortificación situada no sur de Mallorca, Illes Balears, Actualmente é unha sólida mole hexagonal, lixeiramente alongada, situada sobre a punta oriental da entrada ao seu porto natural, cunha altura de 72 metros sobre o nivel do mar.
O Castelo de Cabrera é un dos principais atractivos que se observan á nosa chegada á illa. Esta fortificación data de finais do século XIV. Dende o alto, nos días claros, pódese ver toda a cordilleira da Tramuntana desde Sa Dragonera ata o Tomir e as montañas de Artà da illa veciña, Mallorca.
No século XIX, tras a Guerra da Independencia, os prisioneiros franceses foron trasladados a Cabrera, que se converteu nun campo de concentración ata a sinatura da paz en 1814.
En 1890, a illa pasa a ser propiedade da familia Feliu, que introduciu o cultivo da vide e impulsou a repoboación da illa.
En 1916, foi expropiada polo Ministerio de Defensa por motivos estratéxicos, e estableceu unha pequena guarnición permanente de trinta homes. Nos anos 40 quedou convertida en base militar e zona de manobras do Exército.
Finalmente, en 1988, o Parlamento Balear iniciou o proceso de declaración do Arquipélago de Cabrera como Parque Nacional Marítimo-Terrestre, que culminou en marzo de 1991.