Illote de Sálvora. Con de Lapegar

O Con de Lapegar é unha rocha de gran tamaño situada á dereita do Faro de Sálvora meténdose un pouco cara ao mar. Esta rocha ten unha forma ovalada e alongada e pódese ver bater as ondas do mar cando a marea está baixa. Cando sobe afúndese case completamente e só se pode intuir. O […]
Illas Cíes. Praia de Rodas

A praia de Rodas atópase no arquipélago de Cíes e une de forma natural a illa norte ou de Monteagudo coa illa do medio ou do Faro. Foi denominada polo xornal británico The Guardian como a mellor praia do mundo, destacando a súa característica area fina e branca e as súas augas cristalinas. Ten aproximadamente […]
Vilanova de Arousa. Escultura faro das Lúas e Castelo de Urraca

Entre a comarca do Salnés e a Ría de Arousa, non existen apenas grandes elevacións no territorio próximas á costa. A paisaxe caracterízase por ser de zonas baixas que, elévanse moi pouco sobre o nivel do mar. Por iso, é lóxico que os poucos montes que existen, puidesen ter sido utilizados para fins defensivos e […]
Castro da Cidá

O Castro da Cidá sitúase no extremo máis occidental da península do Barbanza, nunha pequena montaña que ten unha altitude de 210 metros. Este monte, pola súa panorámica, converteuse nun lugar estratéxico. Dende el, pódense observar a ría de Arousa, cabo Corrubedo, a súa vila e o Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, lagoas […]
Illote de Tambo: Lazareto e edificios

No centro da Ría de Pontevedra atopámonos coa Illa de Tambo cuxa superficie é de 28 hectáreas. A illa forma parte do termo municipal de Poio e aínda que non pertence a ningunha parroquia en concreto, é a Escola da Armada Naval de Marín quen se ocupa da súa vixilancia, se queremos acceder á illa […]
Illas Cíes medio. Historia. Faro

Na illa do medio tamén chamada illa do Faro do arquipélago de Cíes atópanse dous faros, o faro de Cíes e o faro de Porta. En todo o arquipélago existen 4 faros, pero o primeiro en construírse foi o de Cíes en 1852. Os outros tres faros construídos no século XX sinalizan a entrada á […]
Illas Cíes norte. Fauna. Gaivotas

A illa norte ou de Monteagudo do arquipélago de Cíes é un lugar onde moitas colonias de aves elixen establecer os seus niños. Dada a importancia que teñen as aves no arquipélago foi declarado zona ZEPA (Zona Especial Protección de Aves) por parte do Estado Español e da comunidade europea. O arquipélago tamén é un […]
Oia. Centro histórico. Barrio do Arrabal

O barrio do Arrabal xurdiu ao amparo do mosteiro de Santa María de Oia, un pequeno municipio da costa sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, no que se poden atopar numerosas mostras do seu rico pasado, como por exemplo o barrio do Arrabal, un conxunto con gran valor histórico e etnográfico onde o visitante […]
Ría de Vigo

Unha ría é un accidente xeomorfolóxico producido pola penetración do mar na desembocadura dun río. Así, podería definirse unha ría como a forma que toma a desembocadura dun río nos casos nos que un val costeiro aparece sumergido no mar como consecuencia dunha ascensión no seu nivel. Vigo é a cidade máis poboada de Galicia […]
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo, lagoas de Carregal e Vixán. Gran Duna

O Parque Natural pertence íntegramente ao concello de Ribeira (A Coruña). Atópase nunha zona LIC (Lugar de Importancia Comunitaria), que abarca tamén a illa de Sálvora (Ribeira) e esténdese pola franxa litoral do municipio de Porto do Son. Conta cunha superficie total de 996,25 hectáreas das cales 9,265 están catalogadas como LIC. Foi declarado Parque […]