Skip to main content

Nautic Destination

Illote de Sálvora. Con de Lapegar

Sobre este patrimonio

O Con de Lapegar é unha rocha de gran tamaño situada á dereita do Faro de Sálvora meténdose un pouco cara ao mar. Esta rocha ten unha forma ovalada e alongada e pódese ver bater as ondas do mar cando a marea está baixa. Cando sobe afúndese case completamente e só se pode intuir. O feito de que sexa de gran tamaño e estea moi preto da superficie entraña un gran perigo para os barcos que en noites de temporal poden topar coa desgraza fronte ás costas de Sálvora. Tal foi o caso do Santa Isabel", un 2 de xaneiro de 1921, en medio dunha tormenta, fronte ao antigo faro, un gran estrondo escoitouse na negra noite de Sálvora. O farero sobresaltado saíu e puido adiviñar polos berros que se escoitaban xunto ao bater das ondas que se producira un naufraxio. O "Santa Isabel" era un buque correo a vapor que partira o 1 de xaneiro de 1921 do porto da Coruña. Viña desde Bilbao, Santander e A Coruña cargado de ilusións e esperanzas de prosperidade cara a unha nova vida pois naquela época a emigración cara ás américas era a solución a unha situación de pobreza e estancamento. Este buque tería que parar en Vilagarcía e proseguir ata Vigo e despois Cádiz para facer transbordo ao transatlántico Reina Victoria Eugenia. O tráxico accidente levou as ilusións de 213 persoas que, intentando nadar ata as costas de Sálvora, chocaban coas súas rochas irremediablemente. Unhas 56 persoas das cales 29 eran tripulantes puideron salvarse grazas á acción de socorro das mulleres de Sálvora. Concretamente foron catro as hoxe coñecidas como heroínas de Sálvora que con todo o coraxe colleron unha dorna e saíron a ese mar embravecido e dispuxéronse a socorrer aos naufraxados."

Para saber máis

O naufraxio do Santa Isabel" produciuse na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 durante un terrible temporal. Naquel momento na illa dos 60 habitantes que tiña só estaban 25 persoas maioría mulleres, nenos e anciáns, xa que os homes e algunhas familias foran vender o marisco e pasar a entrada de ano en terra. Por mor do temporal, aínda non regresaran como ocorría moitas outras veces. O "Santa Isabel" era un buque correo a vapor que partira o 1 de xaneiro de 1921 do porto da Coruña. Viña desde Bilbao, Santander e A Coruña cargado de ilusións e esperanzas de prosperidade cara a unha nova vida pois naquela época a emigración cara ás américas era a solución a unha situación de pobreza e estancamento. Este buque tería que parar en Vilagarcía e proseguir ata Vigo e despois Cádiz para facer transbordo ao transatlántico Reina Victoria Eugenia. O primeiro en decatarse foi o farero ao escoitar un terrible estrondo e os berros do pasaxe do barco. Este ao decatarse saíu correndo cara á aldea para pedir socorro. Tres pequenas barcas lanzáronse ao perigoso mar para intentar salvar algunhas vidas. Unha das barcas dirixiuse a Ribeira para dar aviso do naufraxio, pois o buque quedara sen electricidade e non puidera emitir ningún mensaxe de socorro de feito a mensaxe que puideron enviar por telégrafo foi "Estamos Salv..." o que deu a entender "Estamos salvos". Noutra navegaban tres homes, mariñeiros da illa. E na terceira, botáronse ao mar tres mulleres, case tres nenas: Cipriana Oujo Maneiro (25 anos), Josefa Parada (16 anos) e María Fernández Oujo (14 anos). A outra Cipriana Crujeiras achegou o seu gran de area alertando do naufraxio para que o operativo de salvamento se puxese en marcha e tratando en terra aos rescatados. Os nenos tamén tiveron un papel fundamental xa que colleron todas as velas da aldea e colocáronas nas rochas, en zonas seguras onde os naufraxados puidesen chegar a nadar. Das 213 persoas que levaba o buque, 56 persoas das cales 29 eran tripulantes puideron salvarse grazas á acción de socorro das mulleres de Sálvora. Luis de Cebreiro, o segundo oficial do buque do "Santa Isabel" tamén foi un heroe que pasaría á historia xa que Cebreiro, con gran valentía, decidiu non subir ao bote salvavidas para non desestabilizalo, era un home corpulento que media case dous metros, e decidiu chegar a nadar a terra. Foi o impulsor dos estudos marítimos e do servizo de salvamento marítimo e foi o mariño mercante máis condecorado do século pasado pola súa heroicidade."

Para coñecelo mellor

A illa de Sálvora era un refuxio para piratas e corsarios ata o século XIX. Hoxe en día, conta cunha paisaxe espectacular, con praias e dunas rodeadas de flora e fauna mariña. No ano 1921, produciuse un naufraxio e o afundimento da embarcación Santa Isabel debido ás malas condicións meteorolóxicas. A nave levaba consigo 266 persoas a bordo entre tripulantes, pasaxeiros e pasaxeiras, das cales só 56 sobreviviron grazas á axuda de moitas persoas locais da propia illa. Ribeira é un municipio da provincia da Coruña que conta cun dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Pertence á comarca da Arousa Norte e divídese nas seguintes parroquias: Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira. Fronte á boca da ría de Arousa, no mesmo concello de Ribeira, atopamos a Illa de Sálvora. Esta illa inclúese no Parque Nacional das Illas Atlánticas e é a única que pertence á provincia da Coruña.

Galería

Illote de Sálvora. Con de LapegarIllote de Sálvora. Con de Lapegar

Localización

Localidade
Ribeira
Concello
Ribeira
Provincia
A Coruña
País
España

O ben

Tipo
Illa
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Natural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
1,200 km

A visita

Visitábel
Si
Interpretación
Paneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Sálvora un panel informativo de benvida ao final do porto. Contén un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral c
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.45923200
Longitud
-9.01958000