Ruta Xacobea Mar de Arousa

A ruta Xacobea do Mar de Arousa e o Río Ulla é un itinerario que conmemora a chegada a Galicia do Apóstolo Santiago por mar. O traxecto marítimo-fluvial pasa polo mar de Arousa e remonta polo río Ulla ata Padrón. Conta a lenda que o corpo de Santiago acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio, […]
Estaleiros de Vigo

A cidade de Vigo, ao longo da súa historia, foi integrando na súa identidade o metal”. Co nacemento e desenvolvemento da súa industria durante os séculos XVIII e XIX, fóronse conformando os alicerces do que hoxe é, unha das urbes máis importantes e de referencia no sector naval, na península ibérica. A época romana e […]
Arcade. Antiga conserveira

Conservas Sueiro é o nome dunha antiga conserveira fundada por Ramón González Sueiro en 1945. Situada no concello de Soutomaior e pertencente á parroquia de Arcade. A conserveira estivo funcionando ata 1978. Antes de fundar a conserveira, mercou con peixe, xunto coa súa muller Consuelo Rodríguez Mosquera, en Arcade durante 4 meses no outono de […]
Coto da Filloa

A dez quilómetros de Boiro atópase o miradoiro de A Figueira, tamén coñecido como coto da Filloa. A palabra coto”, neste caso, refírese á parte máis alta dun monte, que xeralmente ten forma cónica e lle dá maior verticalidade. Este miradoiro ubícase no lugar de A Figueira e pertence á parroquia de Cures (Santo André).Desde […]
Pontevedra. Ponte das Correntes. Ponte do Burgo. Ponte dos tirantes

Pontevedra é a cidade das pontes, as pontes son símbolos de proximidade e de unión. Todas elas son de gran relevancia, pero imos destacar tres delas. A ponte das correntes, a do Burgo e a dos tirantes. A ponte das correntes atópase situada entre a beira sur e norte do río Lérez, abriu ao tráfico […]
Illas de Sálvora. Vistas desde alto do Milreu

O alto do Milreu localízase uns metros máis arriba do poboado, desde alí cara ao norte a lonxe pódense intuir as illas de Sagres totalmente rochosas que tamén pertencen ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Vese tamén a punta de Lagos e á súa dereita esténdense as praias de Zafra e […]
Pico Muralla

O miradoiro Pico da Muralla está situado na parroquia de Araño (Rianxo), na parte máis alta do monte da Muralla. Conta cunha altitude de 678 metros por riba do nivel do mar sobre a Ría de Arousa. Atópase situado nunha zona limítrofe entre dous concellos, Rianxo (Arousa Norte) e Lousame (comarca de Noia). O miradoiro […]
Sanxenxo. Praia da Lanzada. Torre da Lanzada. Capela da Nosa Señora da Lanzada

A Lanzada, unha das praias galegas máis emblemáticas, ademais de ser unha das de maior extensión con 2,5 km, posuír un gran complexo dunar e estar situada nun espazo natural dentro da Rede Natura 2000, formando parte do Complexo intermareal Umia-O Grove. Unha das lendas máis antigas da cultura popular fala sobre o Baño das […]
Poio. Monte Castrove e campo de golf. Cabalos

O monte Castrove está situado na provincia de Pontevedra e é límite administrativo entre os municipios de Barro, Meis, Pontevedra e Poio. No monte Castrove tamén se atopa o coñecido como Bosque de Colón, trátase dun bosque de Secuoyas único en Galicia. É necesario remontarse ao ano 1992, á conmemoración do 500 aniversario da chegada […]
Castelo da Lúa

O Castelo da Lúa está ubicado no lugar de Pazo, no transcurso do paseo marítimo que enlaza o casco urbano de Rianxo coa praia da Torre na parroquia rianxeira de Taragoña. A Ensenada de Rianxo fórmase pola desembocadura do Río Grande, Beluso e Té. Este último desemboca na praia da Torre. Actualmente, o castelo compóñese […]