A cidade de Vigo, ao longo da súa historia, foi integrando na súa identidade o metal". Co nacemento e desenvolvemento da súa industria durante os séculos XVIII e XIX, fóronse conformando os alicerces do que hoxe é, unha das urbes máis importantes e de referencia no sector naval, na península ibérica. A época romana e os seus colonizadores, ao seu paso pola cidade olívica, deixaron a súa impronta con determinadas innovacións aplicadas para a conservación do peixe. Foi o caso das fábricas de salga, conformando na nosa cidade o que sería a máis importante fonte de actividade económica: o mar. Xa co despegue da industria conserveira, así como a chegada de Citröen á cidade nos anos 50, rematou de debuxarse o perfil industrial de Vigo e motor de Galicia. A orixe da industria naval viguesa, atopa o seu despegue coa chegada dos cataláns a Galicia que, na segunda metade do S. XIX, lograron recuperar a cultura romana da salga (abandonada séculos atrás), integrando novas artes de pesca e embarcacións. Ideólogos do cambio das barcas de remo aos "sardineiros", os primeiros barcos construídos en Barreras -un dos estaleiros de referencia na cidade-. Contaban con motores de vapor importados desde Inglaterra, converténdose despois en precursores do modelo "Vapor tipo Vigo" que, supuxo unha revolución para o sector pesqueiro na cidade. Hoxe, Vigo destaca pola súa potente industria naval que, bebe da apertura ao Atlántico e a súa riqueza. Marcou o carácter da cidade e da súa xente, definindo o seu perfil como innovador, aberto e traballador. O porto de Vigo é un punto internacional de comercio e transporte, aspecto que favoreceu o desenvolvemento dos estaleiros, operando na cidade preto dunha ducia deles, e dando servizo a contas internacionais como é o caso de Astilleros Barreras, cos buques cruceiro que constrúen para Ritz Carlton."
A historia industrial de Vigo atopa as súas orixes nos séculos XVIII e XIX, momento no que foron chegando ás Rías Baixas e de forma masiva, emigrantes cataláns procedentes en maior parte da Costa Brava. Emprendedores que atopaban na apertura ao Atlántico, unha importante fonte de beneficios grazas á abundancia da sardiña que ofrecían as costas de Galicia. Nesa época, os pescadores locais do pequeno porto de Vigo, utilizaban artes de pesca de escaso rendemento e supervivencia, comerciando cos produtos obtidos do mar no Mercado de O Berbés. Este emprazamento atopaba o seu repunte de actividade durante algunhas épocas do ano nas que carreteiros chegados do interior, arribaban na procura de polbo e outras especies secas e salgadas. Os cataláns eran chamados fomentadores" polos seus conciudadáns locais, e traían novidades referentes a embarcacións e artes de pesca. Foi o caso da "xábega", rede de arrastre de orixe árabe con copo, de entre 300 e 600 metros que, necesitaba ser remolcada por embarcacións máis grandes das que en Vigo existían. É por iso que botaban man de bois, carros, homes e nenos, para recoller o cerco desde terra. Foron tamén os cataláns os que recuperaron a arte da salga, ou conservación do peixe en salmoura
técnica centenaria que xa recollían os vestixios arqueolóxicos da civilización romana na cidade, sendo unha actividade abandonada séculos atrás. Comezaron a instalar as súas plantas de produción no barrio extramuros de El Arenal, coñecido posteriormente como "Barrio dos cataláns". Nos últimos anos do s. XIX, comezaron a substituír as embarcacións a remo ou "gamelas" polos chamados "sardineiros"