Skip to main content

Nautic Destination

Adega Viña Costeira

Sobre este patrimonio

Castrelo de Miño é un concello que pertence á provincia de Ourense, está situado no noroeste peninsular e no corazón da comarca do Ribeiro. A adega Viña Costeira ten as súas orixes no ano 1968, e é froito da unión dun grupo de visionarios e rebeldes que romperon coas tendencias vitícolas da época, co fin de recuperar as variedades de uva históricas de Galicia: Loureira, Godello, Albariño e Treixadura, entre outras. Desde o mesmo inicio, tradición e innovación estiveron sempre presentes en Viña Costeira, e é a combinación deses dous factores a que hoxe nos consolida como unha sólida referencia no panorama galego.Como adega situada nas cuncas do río Miño e os seus afluentes Arnoia e Avia, pertence á Denominación de Orixe do Ribeiro, que cabe sinalar como a máis antiga de Galicia e unha das máis antigas de Europa.A situación xeográfica na que se atopa esta adega é de excepcional aptitude para o cultivo da vide e foi tradicionalmente a principal fonte de riqueza da comarca.A viticultura na zona foi impulsada polos monxes do Mosteiro de San Clodio, xunto cos monxes de Osera, Melón, Celanova e o clero de Santiago de Compostela e tamén coa conexión do Camiño de Santiago con outras grandes rexións vitícolas europeas. Incluso existen indicios, tal e como acreditan os textos do Arquivo de Simancas do ano 1500, de que o primeiro viño que Cristóbal Colón levou a América foi un Ribeiro.

Para saber máis

O concello de Castrelo de Miño está situado no corazón do Ribeiro, na marxe esquerda do río Miño. Está rodeado de relevos montañosos e resgardado da influencia oceánica, o cultivo da vide, que dá lugar ao famoso viño do Ribeiro, é a característica dominante da paisaxe, ocupando case a totalidade das ladeiras e honduras nos terreos de Castrelo de Miño, así como as pendentes mellor orientadas e soleadas. A terra atópase regada por unha densa rede fluvial, cun microclima seco e cálido, pero cunha humidade durante o período invernal. O punto máis alto do concello é o Coto de Novelle cunha altura de aproximadamente 800 metros sobre o nivel do mar. A adega Viña Costeira elabora viños con D.O Ribeiro e D.O. Valdeorras.A Denominación de Orixe Ribeiro, ou viño do Ribeiro, significa "ribeira do río", é unha das cinco denominacións de orixe de viños existentes en Galicia. A zona de produción está situada na parte meridional da comunidade autónoma, no bordo noroccidental da provincia de Ourense, nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño.A denominación de orixe Valdeorras é unha denominación de orixe (DO) cuxa zona de produción se atopa situada na parte Nor-Oriental da provincia de Ourense. A compoñen 8 concellos. Regada polo río Sil, obtivo a cualificación de denominación de orixe no ano 1945.Conta con varios recoñecementos en concursos internacionais, entre eles cinco medallas de ouro en dous dos certames históricos e de maior prestixio a nivel mundial obtidos no ano 2020.Destacamos entre todos os seus viños, dous deles, Viña Costeira ten unha longa traxectoria e posiciónase tanto a nivel internacional como nacional sendo un dos mellores viños de España, sendo un viño moi equilibrado sen deixar de transmitir todas as características da viticultura do Ribeiro.O mellor godello de España, tamén se produce nesta adega, Tambora, cuxa produción comezou no ano 2020, obtendo tamén varios premios o Bacchus de Ouro concedido pola Unión Española de Catadores. Este ano 2021 tamén obtivo unha medalla de ouro no Mundus Vini de Alemaña. Un viño equilibrado en boca, amplo e saboroso, cun final persistente.

Para coñecelo mellor

Os viñedos que dan lugar aos viños de Viña Costeira están repartidos por toda a comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense. É unha zona onde os solos, de orixe granítico, dan lugar á riqueza deste viño pois contan cunha equilibrada combinación de aromas e matices. Os viños de Viña Costeira están enmarcados na denominación de orixe máis antiga de Galicia e probablemente unha das máis antigas de Europa: a Denominación de Orixe Ribeiro. A adega Viña Costeira ten os seus inicios no ano 1968, e grazas a un grupo de persoas que traballaron constantemente e mostrando paixón no seu día a día polo seu traballo, púidose crear este viño que foi recuperando as variedades de uva históricas de Galicia como a Loureira, Godello, Albariño ou Treixadura, entre outras. Coidan cada día os seus viñedos con gran mimo e esa é a clave para que estas adegas cumpran 50 anos. No ano 1968 embotellaban a primeira botella de viño Ribeiro do mundo e actualmente, venden un total de 5 millóns de botellas ao ano. Ademais, a propia Adega Viña Costeira creou diferentes proxectos. Un deles é a aposta por cultivar nas terras de Valdeorras, tamén na provincia de Ourense. Onde o río Bibei e o clima, crean unhas condicións favorables para a vide. Outro destes proxectos, é o Pazo de Toubes, espazo de viñedos onde xorden viños de autor elaborados de forma artesanal e tradicional. A día de hoxe Viña Costeira é un claro referente a nivel mundial e conta co premio da Mellor Adega de España.

Galería

Adega Viña Costeira

Localización

Localidade
Ribadavia
Concello
Ribadavia
Provincia
Ourense
País
España

O ben

Tipo
Adega
Eco-destino
Río Miño
Contorna
Rural
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por terra
Distancia
4,2 km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.30544610980918
Longitud
-8.11922581626038