Skip to main content

Nautic Destination

BARRIO MARIÑEIRO. Personaxes relevantes e acontecementos

Sobre este patrimonio

Ao longo da historia Baiona presenciou batallas, ataques piratas e acontecementos históricos de gran relevancia. Unha das datas máis significativas é en 1201 cando o Rei Alfonso IX de León asinou nas illas Cíes unha Carta-Pobra pola que outorgaba a Erizana o nome de Bayona" e concedía aos seus habitantes importantes foros e privilexios para o comercio marítimo e deixaba de depender do señorío do mosteiro de Oia.Outro episodio ocorrido en 1388 foi cando na súa intención de conquistar o trono de Castilla, o Duque de Lancaster chega a Coruña co seu exército, tomando Compostela, Pontevedra e Vigo. Motuax, mariscal do seu exército, logra tamén chegar á porta de Baiona cos seus 1.000 arqueros e consegue, sen derramar unha pinga de sangue, que as autoridades se rindan. En 1425 o Rei Xoán II decide que A Coruña e Baiona sexan os únicos portos galegos nos que se descarguen as mercadorías procedentes do estranxeiro e, posteriormente, autoriza a este porto a importar e exportar calquera clase de mercadoría. Evento importante que afecta ao desenvolvemento económico da Real Vila.Personaxe de gran relevancia foi Pedro Álvarez de Soutomaior, chamado tamén Pedro Madruga que foi unha das figuras máis destacadas da Idade Media galega, considerado hoxe como prototipo de cabaleiro feudal. A data máis sinalada da historia de Baiona é quizais a do 1 de marzo de 1493. Ese día arribou ao seu porto a Carabela Pinta, comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento -natural desta comarca-. Baiona convertíase así no primeiro pobo de Europa en ter noticia do descubrimento de América.Con as posteriores expedicións destaca o mariñeiro Diego Carmona Pérez que no ano 1512 chegou en Sanlúcar de Barrameda coa expedición de Juan Sebastián El Cano, tras completar a primeira circunnavegación ao mundo. E Vasco Gallego, outro mariñeiro da vila, que formaba parte da tripulación de Magallanes e integrante da mesma expedición, morreu nas illas Molucas.Baiona tamén foi atacada por piratas ao longo da historia. Destaca Sir Francis Drake, que non era pirata senón corsario. En 1585 ao mando de 1500 homes, ataca a fortaleza, pero a poboación da comarca, ordenada polo entón conde de Gondomar, Diego Sarmiento de Acuña, conmina a abandonar a baía. De época contemporánea destacan nomes como Ventura Misa de Bertemari (Baiona 1802- Xerez de la Frontera 1885) Foi un empresario adegueiro e filántropo galego. Instalouse en Xerez de la Frontera, e en 1844 creou, xunto co seu irmán, Manuel María Misa e Bertemati (Baiona 1815 - Londres 1904), unha importante firma para o comercio dos viños. O concello de Baiona dedicoulle o nome da rúa Ventura Misa.En Galicia a mediados do século XIX, os galegos optaron por coller as maletas para probar sorte nas Américas. A fame en Galicia conduciu a preto de 1,2 millóns de galegos a emigrar entre 1860 e 1970. A zona de Val Miñor non quedou atrás e moitos foron os emigrantes que despois de prosperar volveron e investiron o seu gañado no desenvolvemento da zona. Tal é o caso do matrimonio Valverde- Cadaval composto por Julián Valverde Pérez (1853- 1931) e Mª Victoria Rodríguez Cadaval (1845- 1922). Gozaron de moito recoñecemento na zona de Sabarís como grandes benefactores do entorno, nomeados polo alcalde Herminio Ramos como "fillos predilectos de Baiona". Tamén lle dedicaron unha rúa e unha praza en Sabarís. Contribuíron en edificacións e infraestruturas como a liña de tranvía cara Baiona e Gondomar."

Para saber máis

Personaxe de gran relevancia foi Pedro Álvarez de Soutomaior, chamado tamén Pedro Madruga. Foi unha das figuras máis destacadas da Idade Media galega, considerado hoxe como prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao escalón máis alto do linaxe dos Soutomaior. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Juana a Beltraneja. Entre os seus títulos nobiliarios está o de mariscal de Baiona. En 1474 Pedro Álvarez de Soutomaior cerca a Fortaleza de Monterreal, pasando a coitelo a moitos dos seus habitantes. No máis alto da fortaleza constrúe a súa Casa-Torre, que despois de cinco séculos continúa en pé e co nome que sempre levou Casa de Pedro Madruga". A chegada da carabela Pinta a Baiona chegou nun contexto histórico propicio para a vila xa que en 1425 o Rei Xoán II decidiu que os portos da Coruña e de Baiona sexan os únicos que poidan descargar mercadorías do estranxeiro, autorizando á Real Vila a importar e exportar calquera clase de mercadoría. Grazas a esta orde o porto de Baiona era o máis importante no sur de Galicia e norte de Portugal. E os habitantes da vila gozaban dun bo desenvolvemento socioeconómico.Data sinalada de gran importancia é a do 1 de marzo de 1493 na que a Torre do Príncipe do castelo de Monte Boi avista a chegada dun navío célebre: "A Pinta", capitaneada por Martín Alonso Pinzón e tripulada por Cristóbal García Sarmiento, sendo o primeiro pobo de Europa en ter coñecemento do descubrimento do Novo Mundo. A Pinta bordeou o castelo de Monte Boi, desembarcando Pinzón na praia da Ribeira. O Correxidor da Vila recibe a Pinzón acompañado do piloto da Pinta Cristóbal García Sarmiento, nado nesta comarca, e os habitantes de Baiona, contemplan o paso dos indios das illas de Guanahaní, polas súas empedradas rúas. Un deles falece na Vila e o seu cadáver recibe sepultura no recinto da Fortaleza de Monte Boi.A carabela Pinta estivo uns días reparándose e reabastecéndose. Díxose que enchían a man os tonéis no Pozo da Aguada, pozo que aínda se conserva xunto co resto da fachada da antiga lonxa. A Pinta partiu a Palos de la Frontera para xuntarse con Cristóbal Colón o día 11 de marzo de 1493.Baiona tamén foi atacada por piratas ao longo da historia. Destaca o corsario Sir Francis Drake, que, en 1585 ao mando de 1500 homes, ataca a fortaleza, pero a poboación da comarca, ordeada polo entón conde de Gondomar, Diego Sarmiento de Acuña, conmina a abandonar a baía. O propio conde conseguiu mercar ao rei Felipe II o feudo do Val Miñor, co que así pasaba a gobernar a vinte mil vasalos. Despois o propio monarca axudaría con privilexios á Vila (exención para servir na Armada Real e creación dunha Cátedra de Gramática) e concentraría na baía a unha Armada de 17000 soldados, co fin de derrotar aos piratas que merodeaban as costas galegas.Na época contemporánea destacan personalidades como a de Manuel María Misa de Bertemati (Baiona 1815 - Londres 1904). Foi un empresario adegueiro e filántropo galego, conde de Baiona e Marqués de Misa. Entre outras actividades benéficas, Manuel Misa doou a Baiona unha casa escola, inaugurada en 1886, onde hoxe está a Casa do Mar. Financiou a restauración da Ex -Colexiata de Santa María de Baiona en 1888. Construíu a auga traída. Costeou durante un ano, xunto co seu irmán Ventura, o alumeado público. Doou diñeiro para as persoas necesitadas. Mandou un xiro postal de 3000 reais para as viúvas de orfos de vinte e oito mariñeiros afogados en Porto do Son. En Xerés contribuíu á construción de escolas e o cuartel de infantaría. Puxo diñeiro para os feridos de guerra de Cuba e as inundacións en Murcia e Consuegra e para paliar a traxedia do vapor Cabo Machichaco. Sufragou a creación da cámara de Comercio de España en Londres, da que foi presidente de honra. Costeou as vidreiras da Catedral de Westminster e doou a España un edificio para uso como embaixada.En Galicia a mediados do século XIX, os galegos optaron por coller as maletas para probar sorte nas Américas. A fame en Galicia conduciu a preto de 1,2 millóns de galegos a emigrar entre 1860 e 1970. A zona do Val Miñor non quedou atrás e moitos foron os emigrantes que despois de prosperar volveron e investiron o seu gañado no desenvolvemento da zona. Tal é o caso do matrimonio Valverde- Cadaval composto por Julián Valverde Pérez (1853- 1931) e Mª Victoria Rodríguez Cadaval (1845- 1922). O matrimonio gozou de moito recoñecemento na zona de Sabarís como grandes benefactores do entorno, nomeados polo alcalde Herminio Ramos como "fillos predilectos de Baiona". En 1924 o concello dedicoulles unha praza que conserva o mesmo nome. Ademais, entre as achegas da parella atópanse a mellora do cemiterio parroquial, a construción do Casino de Sabarís, convocaron bolsas de estudo no Seminario Conciliar de Tui para alumnos do entorno e afrontaron a restauración da ponte románica de A Ramallosa. Entre as principais xestións de Valverde tamén consta a doazón do tranvía desde Vigo ata Nigrán, Baiona e Gondomar. Tras a morte da súa esposa, Julián Valverde continuou coa súa labor altruísta e cedeu terreos para a creación do campo de fútbol de Lourido. Quizais pola súa afección ao balompié, formou parte tamén da sociedade que construíu o estadio de Balaídos en Vigo. Faleceu en 1931 aos 78 anos.

Para coñecelo mellor

A localidade de Baiona, localizada na provincia de Pontevedra e ao sur das Rías Baixas, está marcada por unha historia única. Así, en 1201, nomeábase a vila como Bayona e era un lugar estratéxico para todo o relacionado coa vida marítima. En 1331, os reinos de Castela e Portugal estaban en guerra e, como consecuencia, a localidade sufriu importantes danos. Xa en 1388, o duque británico Lancaster conseguiu entrar en Baiona e obrigou a que as autoridades se rendesen ante el e os seus arqueros. Baiona e A Coruña serían os únicos portos que descargarían mercadorías do estranxeiro en 1425.Un dos acontecementos polos que máis destaca Baiona é que foi o primeiro porto de Europa en recibir a noticia do descubrimento de América. En 1493, a nave carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nas súas augas. No século XVI, o pirata inglés Francis Drake, atacou a fortaleza de Baiona, pero a poboación, obrigouno a abandonar a súa loita por este lugar. Ademais, tamén na reconquista de Vigo, os veciños e veciñas axudaron a conseguir que se librasen do dominio francés.

Galería

BARRIO MARIÑEIRO. Personaxes relevantes e acontecementosBARRIO MARIÑEIRO. Personaxes relevantes e acontecementos

Localización

Localidade
Baiona
Concello
Baiona
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Barrio mariñeiro
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
130 metros / 2 min. caminando

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.11921400
Longitud
-8.84714600