A vida e a cultura mariñeira en Baiona respírase nas súas rúas bañadas pola brisa mariña, estas son estreitas e empedradas, os edificios teñen xeralmente soportais e son de pedra ou granito e cunha planta de pouca altura. Son características as súas balcóns e a entrada a estas casas con portas anchas e de dobre apertura con fiestras baixas apenas á altura da cintura. Enfronte do paseo marítimo esténdense as fachadas das casas, na súa maioría de estilo mariñeiro con cristaleiras con vistas ao mar. Tamén se conservan pazos, pertencentes a épocas de gran auxe económico e comercial e importancia estratéxica do porto de Baiona. Destacando a arquitectura militar da muralla defensiva da Fortaleza de Monterreal que tantas veces defendeu o pobo de Baiona ao longo dos séculos. E tamén aventaxado nas boas novas como a chegada da Carabela Pinta traendo noticias do Novo Mundo. Proba de parte deste legado histórico e patrimonio material de tradición mariñeira consérvase na Casa da Navegación e no museo flotante da Carabela Pinta. Doutra banda, a cultura mariñeira de Baiona tamén se aprecia nos restos de estruturas civís como as cetáreas do paseo de Monte Boi, a parede da antiga lonxa enfronte da praia Barbeita, o pozo onde se recollía a auga e tamén en construcións actuais como o peirao, os pantaláns, a lonxa actual e os portos deportivos. Baiona posúe ademais unha escultura no monte Sansón representante da devoción dos mariñeiros. A Virxe da Rocha, é unha estatua que se ergue na cima do monte e desde alí divisa o mar. É a Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, suxeitando unha barca baixo o seu coidado. Tamén é típico, como en todo pobo mariñeiro, celebrar a festa, sacando á súa santa nunha colorida procesión marítima polas augas da ría. Ao rematar a travesía acostúmase facer unha ofrenda polas persoas falecidas no mar, tirando unha coroa de flores ás augas do porto.
Os mariñeiros bayoneses tiñan á gamela como o seu principal instrumento de traballo. Trátase dunha embarcación pequena, de madeira duns 5 metros. Ten proa e popa achatadas e con fondo plano que se despraza a remo ou a vela. Dependendo do que foran capturar, ían de dous en dous, para a lubina; de tres en tres, para realizar a técnica do trasmallo; de catro en catro, ao racú. Utilizaban artes menores, é dicir, de enmalle, aparellos de anzós e as nasas. Saían cada mañá moi cedo ao mar a por robalizas, abadejos para gañarse o sustento. Remaban de madrugada pasando polas Estelas en fronte de Monteferro, chegando ata as Cíes ou mesmo máis lonxe. Unha vez obtido o peixe comezaba o verdadeiro desafío. Regresaban ao porto a toda velocidade para poder chegar ao tranvía das oito da mañá, no que cargaban a mercadoría do día, que despois sería vendida fresca nos distintos municipios da zona. Alí xogábanse os cartos. Non chegar co peixe a tempo supoñía moitas horas desperdiciadas, e ter que esperar ao día seguinte para volver a intentalo. O regreso ao porto tras a pesca era durísimo xa que os quilos de peixe capturado engadían un peso considerable do que arrastrar. Ademais, antigamente as redes eran de liño e ao mollarse absorbían a auga, adquirindo un peso maior. Entón o esforzo realizado era enorme. Os brazos e as costas reséntense do esforzo, as mans terminan endurecidas tanto de remar como de utilizar as artes de pesca, saíndo algún que outro callo. Pero non remata o traballo aquí, as gamelas necesitaban coidados de mantemento e moitas veces eran subidas ata a praia, as artes de pesca tiñan que ser reparadas para o seu novo uso. Aquí colleron protagonismo as rederas, que, cun traballo menos visible, encargábanse da reparación destes aparellos.
Baiona é un municipio da provincia de Pontevedra que está localizado ao sur das Rías Baixas. A súa situación é inmejorable para actividades relacionadas co mar como a pesca, o marisqueo e deportes náuticos. Por iso, destaca por ser un barrio mariñeiro desde hai moitos anos. As persoas que traballan no mar, na súa gran parte, mariñeiros e mariñeiras, dedican gran parte da súa vida a vivir nun barco para conseguir o alimento que, posteriormente, poderán vender no porto. Trátase dun traballo moi duro, pois gran parte da súa xornada laboral desenvólvese de noite ou de madrugada, cando a luz non ilumina e as ondas poden chegar a ser moi altas e perigosas. En Baiona, viven e viviron moitos e destacados profesionais do mar. Entre eles, atopamos a Juan Leyenda Marcote quen está considerado un heroe nesta vila costeira. Comezou como mariñeiro cando tiña 11 anos. El e o seu pai pescaban en Baiona, aínda que ampliaron territorio cara a Finisterre (provincia da Coruña), onde, desgraziadamente, o seu irmán perdeu a vida nun barco tras un forte oleaxe. Na vila, como en moitos municipios costeiros, atópase un monumento dedicado aos mariñeiros realizado por Manuel Quintas, un popular escultor da zona.