O castelo de Monterreal, data do século II antes de Cristo, está situado no monte Boi, unha pequena península ao lado do porto e constitúe un referente patrimonial da vila de Baiona. Os Reis Católicos outorgaron Carta de Poboamento ao recinto, comezando un período de esplendor comercial que pouco a pouco foi perdendo importancia ata ser deshabitada no século XIX. A fortaleza pode visitarse calquera día do ano e gozar das magníficas postas de sol sobre a ría e sobre as illas Cíes. Destacan as portas de acceso á fortificación e as torres (Porta do Sol, Príncipe, Tenaza e Reloxo) e o antigo Pazo de Elduayen do século XIX foi amplamente modificado nos anos sesenta para albergar o actual Parador de Turismo. O Parador de Turismo Conde de Gondomar" é un dos mellor situados de toda a rede de Paradores. Ten 180.000 m2 de superficie e 3 quilómetros de muralla, construída no século XIV polo rei de Castilla, como o resto de Paradores españois, o de Baiona está decorado con mobiliario castelán e complementos doutras épocas. Conta con infinidade de recunchos, estancias de distintos ambientes e espazosas habitacións con vistas á ría. A súa oferta gastronómica é excelente, baseada nunha carta na que se distinguen as especialidades típicas galegas. Mitade fortaleza medieval, mitade pazo galego, o Parador ocupa a península de Monterreal, un espléndido miradoiro sobre o océano rodeado por un fermoso bosque de vexetación autóctona. No seu recinto mantéñense as antigas torres defensivas que formaban parte do castelo."
A fortaleza de Monterreal é o referente patrimonial da vila de Baiona. O primitivo recinto amurallado data do século II a.C. Importantes obras posteriores foron mandadas executar por Alfonso IX de León (finais XII/principios XIII) e Felipe IV, promotor de importantes reformas nas murallas. O edificio actual substituíu ao que mandara levantar o marqués do pazo da Merced, Don José Elduayen, como residencia veraniega, sobre o antigo solar ocupado polas ruínas dun convento franciscano. O actual conxunto distribúese dentro dunha superficie que ronda as 18 hectáreas, combinándose elementos antigos de marcado carácter militar cos modernos creados como consecuencia do establecemento do Parador Nacional. Sobresaen a Porta do Sol - a máis antiga das tres que franxen o acceso ao interior -, a Torre da Tenaza antigamente como polvorín e prisión, a Porta Real do século XVI blasonada cun gran escudo da casa de Austria, a Porta de Felipe IV en honra a este monarca, a Torre do Reloxo de considerable altura e coroada por almenas, e a Torre do Príncipe así denominada probablemente debido ao feito histórico de que nela estivo cara 1137 o príncipe luso Alfonso Enriques, prisioneiro de Alfonso VII. Presenta un excelente estado de conservación, pertencendo na actualidade ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, achándose no seu interior o Parador Nacional Conde de Gondomar, edificio en forma de L e de traza pacega, moi en consonancia co entorno. A fortaleza pode visitarse calquera día do ano. Desde ela é agradable presenciar as magníficas postas de sol sobre a ría e sobre as illas Cíes e a liña marítima sobre a que se estira Baiona.
O municipio de Baiona, localizado na provincia de Pontevedra, conta cunha impresionante edificación, o Castelo de Monterreal ou tamén coñecido como a Fortaleza do Monte Boi. Esta fortificación conta cunha posición estratéxica e privilexiada, o cal facilitaba que Portugal ou diferentes piratas e corsarios atacasen a zona. No século XIV, a vila foi tomada polos nosos veciños e veciñas portugueses e, tristemente, a vila é arrasada. Posteriormente, comezaron as obras nas murallas e nunha torre. Durante o século XV, xa cos Reis Católicos, cabe destacar o 10 de marzo de 1493 como unha data clave. Foi entón cando Baiona se converteu no primeiro porto de Europa en coñecer o descubrimento de América, pois atracou nas súas costas Martín Alonso Pinzón tras a súa viaxe a América. Actualmente, a muralla coa que conta o castelo mantén tres torres que eran desde as que se vixiaba a fortaleza: Torre do Reloxo, Torre da Tenaza e Torre do Príncipe. Esta última é a máis antiga e onde permaneceu preso o príncipe portugués Alfonso Enríquez no século XII. A vila converteuse en residencia de gobernadores militares, entre eles, o conde de Gondomar. Posteriormente, pasou a mans privadas ata que, no ano 1963, instálase o Parador de Turismo Conde de Gondomar" promovido polo por aquel entón Ministerio de Información e Turismo.