Skip to main content

Nautic Destination

Ensenada de San Simón e paseo marítimo

Sobre este patrimonio

A ensenada de San Simón está localizada no interior da ría de Vigo, na desembocadura do río Verdugo. Está situada entre os concellos de Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilaboa. Formando unha gran chaira mariña rica en mariscos bivalvos e numerosas aves de invernada. Nas súas augas flúen séculos de historia, cántigas, ataques piratas, batallas e funestos feitos máis recentes.Ten oito quilómetros de lonxitude por case catro de ancho, que se reduce no estreito de Rande a uns 700 metros. Está catalogada como Zona de Especial Conservación dentro da Rede Natura 2000 cunha extensión de 2252 ha das cales o 94% son augas mariñas costeiras. Ten unha figura de protección como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais ZEPVN. No extremo noroccidental atópanse os restos dalgunhas antigas explotacións salinas, as Salinas do Ulló, hoxe colmatadas e colonizadas por vexetación adaptada á salinidade. O espazo inclúe varios illotes rochosos (Alvedosas, San Simón, Lobeira e San Antón) fronte á desembocadura do río Verdugo entre Arcade e Ponte Sampaio.A ensenada de Vilaboa inclúe máis de 400 ha de explanadas limoso-arenosas e hábitats intermareais cubertos por pradeiras de zostera Zoostera sp.A ensenada alberga o arquipélago de San Simón formado por catro illas: San Bartolomé, San Antonio, San Simón e San Norberto. Na illa de San Simón sucedéronse séculos de historia. Desde o século XII ata o século XIX foi utilizada por diversas ordes relixiosas sufrindo múltiples incursións navais. Estivo funcionando como Lazareto desde 1838 ata 1927. En 1936 foi convertido en campo de concentración para republicanos, que albergou máis de 4000 presos políticos. En 1948 a illa destínase a albergue de Guarda de Franco, morreron nun naufraxio preto do illote Corveiro 43 oficiais que regresaban á illa despois de ver un partido de fútbol en Cesantes. De 1955 a 1963 é reconvertido en orfanato para fillos de mariñeiros onde aprendían o oficio do mar. Nas décadas dos noventa prodúcese a restauración do entorno. A ensenada pódese observar camiñando polo paseo marítimo, duns 800 metros de lonxitude, que vai desde o peirao na praia denominada finca de Cagazó en Arcade ata a ponte medieval de Ponte Sampaio.

Para saber máis

Un dos episodios históricos máis comentados da ensenada de San Simón é a famosa Batalla de Rande. A batalla librouse o 23 de outubro de 1702 entre as alianzas anglo-holandesa e hispano-francesa, durante a Guerra de Sucesión Española. Os galeóns españois chegaron á ría de Vigo cargados co maior tesouro que xamais cruzara o Atlántico: Ouro, prata, xoias e sementes.Antes da súa chegada a Vigo, nas Azores, un aviso informa á flota hispano-francesa que a escuadra combinada anglo-holandesa, ao mando de Sir George Rooke, está atacando Cádiz. Deben buscar un porto alternativo e, tras varias discusións, elixen Vigo. O 22 de setembro entran na ría os galeóns e a flota de guerra. Durante un mes, descárgase a prata e metais preciosos, que son transportados a Lugo en carros de bois. Inténtase formar unha defensa, pero o escaso tempo fai que se monten unhas milicias mal equipadas e famélicas. Restáuranse os fortes de Rande e Corbeiro con canóns dos barcos e cavan trincheiras. No estreito, onde está actualmente a ponte de Rande, fórmase unha barreira con cadeas, mástiles e vergas. O 22 de outubro entrou pola boca sur da ría de Vigo a armada inimiga que constaba de 160 velas e unha forza de desembarco de 14.000 homes. Rooke, despois de ter fracasado en Cádiz, esperaba unha gran vitoria e un colosal tesouro. Só conseguiu o primeiro.O Duque de Ormond desembarca con 4.000 infantes, que en pouco máis dunha hora arrasan aos defensores: As milicias fuxen e son feitos prisioneiros. Aproveitando unha forte ráfaga de vento, o Torbay, do capitán Hopsonn, rompe a cadea. Tras el, entran o resto de buques e comeza un intenso combate, a cañonazos sen posibilidade de manobrar, no fondo da ría.Unos loitan corpo a corpo, mentres a metralla barre as cubertas. Outros xa só pensan en fuxir, a nadar ou en chalupas. É entón cando Chateau-Renault, ao ver que a batalla estaba perdida, dá a orde de queimar as naves francesas. Todos son apresados, afundidos ou incendiados.Esa noite ardeu a ría de Vigo e o lume continuou ata altas horas da madrugada.

Para coñecelo mellor

A ensenada de San Simón está situada ao final da ría de Vigo. Unha parte da mesma pertence ao municipio pontevedrés de Soutomaior e a outra, ao de Redondela. Nesa ensenada atopámonos cun paseo de madeira xusto enriba das marismas.Fai uns 15.000 anos, cando subiu o nivel do mar, formouse a Ría de Vigo. Desde aquela, ríos como Verdugo-Oitavén e Maceiras-Alvedosa, desembocan nela e, por iso, a ensenada de San Simón foi medrando. Neste proceso natural conviven diferentes ecosistemas e especies. Ademais, trátase dunha zona que está clasificada como Zona Especial de Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e como un Lugar de Interese Comunitario (LIC), aparte de formar parte da Rede Natura 2000 pola súa debida protección e conservación.A ensenada do arquipélago de San Simón está formada por 4 illas. Estas son San Bartolomé, San Antonio, San Simón e San Norberto.

Galería

Ensenada de San Simón e paseo marítimoEnsenada de San Simón e paseo marítimo

Localización

Localidade
Arcade
Concello
Soutomaior
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Estuario
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Rural
Relevancia
Nacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.34077900
Longitud
-8.61424900