Skip to main content

Nautic Destination

Estreito de Rande. Restos ferrocarril e wolframio

Sobre este patrimonio

Preto do estreito de Rande quedan os restos dunha época convulsa onde Vigo estivo involucrado nas artimañas do exército Nazi. Hitler necesitaba un prezado mineral chamado wolframio, metal de gran dureza, que era empregado para o blindaxe dos carros de combate, na cabeza dos seus proxectís e tamén para endurecer os obuses. O tungsteno utilizábase para o filamento das antigas lámpadas xa que ten un punto de fusión maior que outros metais.

En 1925 construíuse, pola Compañía de Minerales de Hierro de Galicia S.A, unha vella estrutura de formigón situada preto da ponte de Rande. Era un antigo cargadoiro onde chegaba o codiciado mineral polas vías do tren e era cargado nos buques para transportalos a Alemania.

Esta estrutura estaba vinculada ao alemán Friedrich Wilhelm Cloos, coñecido en Galicia como Don Federico Guillermo", establecido en Monforte de Lemos para explotar as minas de ferro de Freixo, en Marcelle. En 1926, o vapor Estoril fixo o primeiro cargamento en dirección a Alemania. Pero sería uns anos máis tarde cando o propio "Don Federico Guillermo" poría este cargadoiro ao servizo da Alemania Nazi. Comezando así a batalla económica polo Wolframio.

A explotación deste mineral foi reclamada ao goberno franquista como cobro pola axuda prestada durante a Guerra Civil Española. O wolframio galego converteuse na única fonte de subministro do Reich, convertendo a Galicia nun enclave estratéxico. Entre 1939 e 1944, nas minas da Comunidade traballaron máis de 20.000 persoas que, ocasionalmente, recorrían ao contrabando do prezado metal para aumentar os seus ingresos.

Vigo converteuse nun lugar estratéxico para o terceiro Reich en España e a cidade foi o centro de actividade entre espías, por un lado, axentes alemáns xestionando o material e por outro os aliados boicoteando o tráfico de wolframio cara a Alemania, que facían "compras preventivas" para subir os prezos.

Nalgunhas ocasións os petroleiros alemáns que estaban en Galicia para abastecer a flota, eran utilizados para transportar wolframio, fortemente escoltados polos submarinos.

Pero en agosto de 1944 tras unha reunión do xeneral Franco co embaixador do Reino Unido Sir Samuel Hoare, no Pazo de Meirás, paralizouse a exportación. Nela esíxese, entre outras cousas, que os portos españois deixen de acoller barcos alemáns e a paralización do comercio de wolframio. E dá un ultimátum coa ameaza dunha invasión aliada da Península, posiblemente a través de Galicia.

Neste mesmo ano o Departamento dos EE. UU inclúe Minerales de Hierro de Galicia S.A na súa lista negra na que tamén figuraban outras empresas e cidadáns alemáns residentes en Vigo e algunhas persoas de nacionalidade española, cos que o goberno de EEUU prohibía comerciar a todo cidadán dese país con motivo da Segunda Guerra Mundial.

Con todo, seguiu exportándose este mineral desde un pequeno peirao, o Porto de Valarés en Ponteceso, situado no noroeste de Galicia que se converteu no punto máis importante de Europa de carga de wolframio de contrabando."

Para saber máis

Despois da guerra civil Vigo converteuse nun enclave estratéxico tanto pola proximidade das famosas minas de volframio como pola capacidade como porto refuxio e o seu posicionamento xeográfico no centro da fachada oriental do Atlántico. A colonia alemá en Vigo contabilizábase en máis de 200 persoas que foron instaurándose nos mellores postos da alta sociedade. Atopábanse multinacionais como a do cable Deutsche-Atlantische Telegraphengesellschaft, existían tamén unha forte colonia de industriais e dalgúns comerciantes atraídos pola liña regular marítima que unía Vigo con Hamburgo e empresarios como a tenda de ortopedia Küne, as empresas navais dos Kindling ou os Meyer, a firma química Vorkauf ou a tenda de electrodomésticos Steinbürggen, que perviviron no tempo.En 1933 a presenza e influencia do Partido Nacional Socialista Alemán mostrabase como relevante e durante a Primeira Guerra Mundial, instalouse na rúa Colón o chamado Pasaxe do Faro" onde se podían informar dos avances de Alemaña en pizarras e pancartas xa que non había radio nin prensa escrita. Co ascenso de Hitler ao poder visibilizouse na cidade moito máis a presenza desta colonia. As esvásticas víanse polas principais vías de Vigo e no famoso Colegio Alemán, fundado en 1910, creouse a primeira sección das Xuventudes Hitlerianas de Vigo. No teatro de García Barbón proxectouse a película "O triunfo Nazi en Alemaña". Instalouse un consulado na cidade olívica, que posteriormente sería centro neurálxico da influencia dos nazis na cidade, cos seus propios funcionarios da Gestapo. O goberno franquista local, aínda sendo país neutral, manifestou o seu apoio permitindo e celebrando un desfile militar o 26 de maio de 1929, o embarque da Lexión Cóndor. Cinco mil soldados desfilaron pola Porta do Sol, a Farola de Alfonso e a baixada da rúa de Urzaiz, ata chegar ao Berbés, onde as lexións embarcaron en cinco transatlánticos: o Wilhelm Gutlof, o Sttugart, o Sierra Córdoba e o Robert Ley. A posición de Vigo como refuxio neutral permitía que ambos contendentes puidesen recibir auxilio e apoio durante 24 horas. Alemaña instaura en 1942 unha base permanente de subministro de combustible, co cargueiro Bessel no medio da ría, dese modo, as embarcacións alemás obtían subministro e carga de combustible en tempo récord. O nome en clave da cidade para as comunicacións abertas era "Bernardo". A ría de Vigo era "a guarida dos lobos" como a chamaba o comandante Doenitz, xefe da flota de submarinos U-Boots. Actualmente existen tres pecios afundidos nas proximidades de Vigo. O U-506 afundido polo avión norteamericano Liberator, provocando 48 mortos. O U-134 afundido pola RAF fronte ás illas Cíes. O U-523 afundido por dúas fragatas británicas, con 17 mortos. E outros tantos pecios localizados desde Vigo ata Baiona e A Guarda. Tras a Segunda Guerra Mundial Vigo tomou un papel relevante na historia europea. Os altos mandos alemáns poñen en marcha a operación ruleta "Derr Spinner" que trataba a fuga e posta a salvo dos altos mandos e oficiais alemáns a países neutrales. Do porto de Vigo saían trasatlánticos como principal destino Sudamérica e tivo un papel fundamental ante a pasividade do réxime franquista e certa complexidade do MI6 británico.

Para coñecelo mellor

Redondela é un municipio da provincia de Pontevedra que foi habitado desde tempos inmemoriais pois, no Monte Penide ou Monte Mirallo e Ventosela, atopáronse diferentes restos de dolmens, petroglifos e gravados rupestres que o demostran.Cerca de Redondela, atópase a ponte de Rande que une os municipios de Redondela e Moaña. Nesta zona, produciuse hai moitos anos a coñecida como Batalla de Rande. Esta foi unha importante batalla naval producida o 23 de outubro de 1702 no estreito de Rande. O Estreito de Rande está entre a Punta da Besta e Punta Rande e é a parte máis ancha da Ría de Vigo.Cerca de Rande atopamos as ruínas do antigo cargadoiro da compañía Minerales de Hierro de Galicia S.A. Aquí o mineral de ferro, cargábase en barcos e era destinado a Alemaña pois, tratábase dunha materia prima imprescindible para a industria pesada. Necesaria para o armamento do exército nazi. Ademais, os nazis cargaban un elemento químico en Ponteceso (A Coruña), o volframio.

Galería

Estreito de Rande. Restos ferrocarril e wolframioEstreito de Rande. Restos ferrocarril e wolframio

Localización

Localidade
Rande
Concello
Redondela
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Xacemento
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Marítimo
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.28461000
Longitud
-8.65969000