Skip to main content

Nautic Destination

Illas de Sálvora. Aldea e os seus hórreos

Sobre este patrimonio

A aldea está situada ao noroeste da illa de Sálvora, por riba de Punta Pernapraba. Está en ruínas, pero algunhas casas foron restauradas presentando a súa forma orixinal. A illa de Sálvora está declarada como Ben de Interese Cultural BIC Paisaxe Cultural. Ten unha disposición en U para protexerse do norte e dos ventos. É un tipo de arquitectura única da que quedan poucos exemplos. As casas son de planta baixa e presentan os muros de pedra e comparten medianeiras. Algunhas teñen un pequeno xardín de entrada. A disposición en U das casas deixa un espazo central ao que miran todas, como patio comunitario. Este patio posiblemente foi utilizado como curro", lugar onde cercaban aos animais, xa que era posible pechalo á entrada e á saída do pobo. No interior das vivendas a estancia maior corresponde á cociña comedor que constaba de forno de pedra e cociña de ferro, as máis modernas. Aparece que antigamente posiblemente estaban conformadas dunha soa estancia e que posteriormente foron restauradas, facendo divisións de ladrillo para crear as alcobas e estantes de cemento para facilitar o almacenamento na cociña, ao máis tamén se colocaron campás de cemento enriba da lareira para axudar a extraer os fumeiros. Os inquilinos deixaron moitos dos enseres atrás cando abandonaron a illa, como camas e cadeiras, botellas de viño quinado e anís, lareiras e fregadeiros e fresqueiras de granito. A casa á que alguén un día se lle ocorreu bautizar como «fábrica da luz» garda os xeneradores enferruxados nos que aínda se len as letras en relevo dos seus fabricantes: «HMP Riveira» e a vasca Onena, fundada por José María Lasa. Nun galpón colindante o ourín corroe o chasis do tractor cuxo motor se acendía para reforzar a produción eléctrica. A aldea dispón dunha zona con hórreos que son do tipo celeiro coa base pechada e construídos en pedra. Levan cruces e pináculos como adorno no seu tellado a dúas augas.

Para saber máis

Non existen datos nin evidencias de asentamentos de pobos primitivos como celtas, romanos ou suevos. Durante a Alta Idade Media a illa foi doada por Alfonso II o Casto á Igrexa de Santiago. Pero non existen evidencias de que houbera algunha construción dunha igrexa na illa. A illa utilizouse, durante a Baixa Idade Media, como campamento base de ataques invasores como vikingos e sarracenos, o que fixo imposible un asentamento estable. Posteriormente, cando cesan as loitas, xentes da costa desprazáronse a Sálvora para proveito das súas terras. A igrexa entregou a illa a Marcos Fandiño Mariño no século XVI. Instalou un réxime feudal ata principios do século XVII polo cal os poboadores entregaban parte das súas colleitas e do gando ao amo. Entre 1770 - 1779 instalouse unha fábrica de secado e salgadura de peixe coñecida como O almacén" e posteriormente unha pesqueira de atún en 1789 á que se concedeu uso exclusivo da illa de catro lexuas arredor. Xente da costa poboou a illa e agruparse na "Aldea" e en algunhas casas conviviron varias xeracións. Non tiñan igrexa así que todas as celebracións facíanse na parroquia de Aguiño á que pertence a illa. Tampouco tiñan escola, pero os fareros foron bos mestres. Cultivaban millo, centeo, patacas, e cada familia tiña 7 ou 8 vacas máis ovellas, galiñas e coellos

Para coñecelo mellor

todo para autoconsumo. Pescaban coas súas dornas, esta pesca non estaba suxeita a reparto co amo e foi a súa fonte de ingresos. En 1820, Isabel de Mariño, herdeira da illa, casouse con Ruperto Antonio de Otero e con eles a saga dos Otero converteuse nos novos propietarios de Sálvora. A principios do século XX o Estado expropiou a illa por motivos de defensa nacional, e mantiveron nela unha pequena dotación militar ata 1958. Nesta nova situación os poboadores pasaron a ser colonos do Estado sen contraprestacións, o que lles permitiu mellorar a súa vida. Reformar as súas casas, novos establos, mellores embarcacións.... Cando o exército se retirou, os antigos propietarios recuperaron a illa. Introduciron animais, para o exercicio da caza, que malograban as colleitas. Os illanos comezaron o despoboamento por motivo de mellores traballos na costa e ata que nos anos 70 quedou despoboada. Os propietarios instalaronse na antiga factoría de "O Almacén" que reformaron e lle deron un aire a pazo e transformaron a taberna da illa en capela renombrándoa como Capela de Santa Catalina. Utilizaron a illa como coto de caza ata que esta actividade foi prohibida pola administración. No ano 2002, incluíuse na declaración do Parque Nacional pero non foi ata o 2007 cando a totalidade do seu territorio pasa a patrimonio público.

Galería

Illas de Sálvora. Aldea e os seus hórreosIllas de Sálvora. Aldea e os seus hórreos

Localización

Localidade
Si
Concello
Ribeira
Provincia
A Coruña
País
España

O ben

Tipo
Illa
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
Ribeira é un concello da provincia da Coruña que conta cun dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Pertence á comarca de Arousa Norte e divídese nas seguintes parroquias: Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira. Enfronte da boca da ría de Arousa, no mesmo concello de Ribeira, atopamos a Illa de Sálvora. Esta illa inclúese no Parque Nacional das Illas Atlánticas e é a única que pertence á provincia da Coruña. A illa de Sálvora era un refuxio para piratas e corsarios ata o século XIX. Hoxe en día, conta cunha paisaxe espectacular, con praias e dunas rodeadas de flora e fauna mariña. Ademais, na parte norte da illa, podemos atopar a aldea de Sálvora, que quedou deshabitada desde 1970. Era un pobo de agricultores e pescadores onde podemos ver casas, hórreos, lavadoiros, restos de muíños e unha antiga fábrica de salgadura. A illa tamén conta cun faro que se encarga de alertar aos barcos da proximidade á terra. Trátase dunha zona perigosa onde xa se viviron naufraxios como o de Santa Isabel en 1921.
Relevancia
O límite máximo de visitantes diarios para Sálvora é de 150-250 persoas (todo o ano) / Por motivos de seguridade e conservación a visita á aldea de Sálvora só pode realizarse en compañía de guías autorizados polo Parque Nacional. Na tempada estival é habitual a presenza dun guía do Parque que realiza saídas á aldea. / En barco privado: Pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso obter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedidos polo Parque. Unha vez formalizado o permiso de navegación, poderá solicitar os días de fondeo na propia web do Parque. Estes formularios pódense descargar nesta páxina web no apartado de permisos e nelos aparece indicada tamén a documentación que hai que achegar. As solicitudes, unha vez cumprimentadas, pódense enviar por correo electrónico, correo común ou fax. O cota máxima diaria é de 15/20 fondeos ao día nesta illa.

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
1,300 km

A visita

Visitábel
Si
Interpretación
Paneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Sálvora un panel informativo de benvida ao final do porto. Contén un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral c
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.47431900
Longitud
-9.01269000