Skip to main content

Nautic Destination

Lonxa de O Grove

Sobre este patrimonio

A lonxa está nun edificio situado no Porto de O Grove ao lado do mercado municipal e moi preto do centro da vila. Pódese acceder a ela camiñando ou en coche. É onde obrigatoriamente se efectúa a primeira venda de todos os produtos da pesca e do marisqueo, todo iso xestionado desde a Cofradía de Pescadores San Martín" de O Grove. A lonxa está aberta os días laborais e dá servizo tanto a provedores como a clientes. Así que mariñeiros, mariscadores e mariscadoras, acheganse cos seus produtos recentemente extraídos do mar para vendelos aos intermediarios. Comeza o día ás 11:00 da mañá e lévase a cabo o pesado, etiquetado e colocado en caixas do produto pesqueiro para a súa posterior subasta. A subasta da Lonxa de O Grove realízase pola tarde e ten os seguintes horarios:

o 15:30 h.: subasta do ourizo, navalla e longueirón.

o 16:00 h.: subasta de ameixas e berberechos.

o 17:00 h.: subasta de percebe, camarón, nécora e centolo.

o 17:30 h.: subasta de zamburiñas, polbo e peixe en xeral. A propia Cofradía ten un punto de venda, a peixería "San Martiño" que desde 2009 se puxo en funcionamento para poder vender produto directamente ao consumidor baixo unha marca de calidade denominada Baixura Galega e así dese xeito rendibilizar o produto e non depender de intermediarios. Ademais, nesta lonxa de O Grove un pode ter a oportunidade de coñecer en primeira persoa como se realiza a subasta con visitas guiadas e tamén presenciar como se capturan os peixes e mariscos xa que a Cofradía de pescadores de "San Martín" ofrece a posibilidade de vivir un auténtico día no mar da man dos profesionais do mar. Pescanatur é o nome polo que se dan a coñecer estas actividades de turismo mariñeiro, as cales se realizan durante todo o ano."

Para saber máis

A Cofradía de Pescadores San Martín" é unha corporación de dereito público e sen ánimo de lucro que, desde 1980, actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro, marisqueiro e de acuicultura e representando tamén os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector. O ámbito territorial da cofradía en canto ao marisqueo é moi extenso, abarcando unha zona comprendida entre punta Borrelo, no municipio de Cambados, e punta Faxilda, no municipio de Sanxenxo. É por iso que contan nesta entidade con profesionais do mar de catro concellos diferentes da comarca do Salnés (O Grove, Cambados, Meaño e Sanxenxo). A pesca de baixura desenvólvese no interior das rías onde se atopan barcos dunha eslora de entre 15 metros, pero tamén se realiza fóra de ría onde levarían barcos de maior envergadura. Os mariñeiros de O Grove que se dedican á pesca de baixura na súa maioría fano dentro da ría de Arousa. Os compoñentes da Cofradía de O Grove agrúpanse en diferentes sectores en función do produto que extraen do mar. Así está o marisqueo a pé que recollen ameixas e berberechos a pé polos areais

Para coñecelo mellor

marisqueo a flote: marisquean os mesmos produtos, pero desde pequenas embarcacións utilizando unha arte coñecida como o raño. Recurso específico que se divide entre os que recollen navalla e ourizo de mar desde pequenas embarcacións en mergullo e con subministro de aire desde a superficie e entre os que recollen percebe, ben a pé ou desde pequenas embarcacións, das rochas. E a pesca de baixura onde pescan todo tipo de peixe e ademais marisco desde grandes barcos e con diferentes artes de pesca como redes ou nasas."

Galería

Lonxa de O GroveLonxa de O GroveLonxa de O Grove

Localización

Localidade
Visita guiada con personal
Concello
O Grove
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Lonxa
Eco-destino
Ría de Arousa
Contorna
O Grove, na provincia de Pontevedra, é un municipio que se caracteriza pola actividade pesqueira, cultivo de mexillóns e o marisqueo. A lonxa de O Grove, en galego Lonxa, é onde se subasta o peixe e o marisco capturado neste mesmo municipio e en toda a Ría de Arousa. Cada porto pesqueiro dispón dunha lonxa onde os profesionais do mar teñen que realizar a primeira venda dos seus produtos. Dada a súa importancia para a economía local, este lugar tamén se converte en lugar de reunión para os comerciantes. A edificación que alberga a lonxa de O Grove chama a atención dos e das visitantes á súa chegada ao porto grovense. As grandes dimensións deste edificio, composto por moitos arcos, e o seu chamativo cartel fan que non pase desapercibido. Esta lonxa está xestionada por pescadores e pescadoras que se agrupan formando a Cofradía de pescadores "San Martín" de O Grove". Os socios e socias que forman parte dela agrúpanse dependendo do tipo de produto recollido no mar.
Relevancia
Apertura lonxa: 11:00 h. Subastas: -Ourizo, navalla, longueirón: 15:30 h. -Ameixas e berberechos: 16:00 h. -Percebe, camarón, nécora, centolo: 17:00 h. -Zamburiñas, polbo, peixe en xeral: 17:30 h. Duración: sobre 1 hora e 30 minutos

Como chegar

Acceso
Por mar
Distancia
Caminando 3 minutos. 2 minutos en coche

A visita

Visitábel
Visita guiada con persoal
Interpretación
Folleto http://www.turismogrove.es/folletos/produtos_mar.pdf
Accesible
Aparcadoiro
Sinalizado
Si

Coordenadas

Latitud
42.49743400
Longitud
-8.86386200