Skip to main content

Nautic Destination

Lubina

Sobre este patrimonio

A lubina Dicentrarchus labrax (Linneo, 1758) é un peixe magro de corpo alongado, ovalado e esbelto, con unhas aletas dorsais separadas e 2 espiñas planas no opérculo e unha mancha negra difusa no ángulo superior. Mide entre 20 e 55 cm de lonxitude, pódense atopar individuos de maior tamaño, pero non é habitual a súa pesca para o consumo.

O color é variante, desde gris escuro no dorso, ata chegar a ser branco na parte ventral, aínda que na auga vese prateado brillante, máis plumizo no dorso con irisacións verde oliva. Os xuvenís poden presentar algúns puntos escuros sobre a parte superior do corpo que logo desaparecen coa idade. Posúe unha mancha negra difusa na parte superior traseira do opérculo.

Ten unha boca enorme, de gran depredador, está revestida de dentes moi pequenos en ambas mandíbulas. Son especies voraces que se alimentan principalmente doutros peixes e unha ampla gama de invertebrados incluíndo camaróns, langostinos, cangrexos, calamares e moluscos. A súa época de reprodución vai desde o mes de xaneiro ata finais de marzo. Sendo os meses fríos os de maior captura.

Vive en fondos tanto rochosos como de area ou guijarros ata 100 metros de profundidade, preferindo os cantís e rompentes, onde a auga ferve" e arranca das pedras crustáceos e moluscos. Os exemplares novos forman bancos. A lubina comercialízase enteira e fresca. O seu tamaño mínimo legal é de 36 cm."

Para saber máis

Os individuos salvaxes da lubina viven no Atlántico norte desde Noruega e as Illas Británicas cara ao sur de Marrocos e Canarias, Mediterráneo e Mar Negro. Pódese atopar tamén ao sur de Senegal.

É unha especie necton bentónica, tipicamente litoral e atópase en todo tipo de fondos. Incluso pode chegar a atoparse a 100 metros de profundidade. É unha especie anádroma, é dicir, pódese atopar en augas salobres ou doces de lagoas litorais e desembocadura dos ríos que remonta. En ocasións parece cazar en grupo nunha aparente gran coordinación, é unha especie depredadora voraz que se alimenta de pequenos peixes gregarios, crustáceos e moluscos. Presente en todo o litoral galego, pero captúrase en maior medida na boca das rías de Vigo e Pontevedra, nas proximidades de Malpica e en toda a zona Cantábrica de Galicia.

Captúrase mediante palangre e, en menor medida, con redes de emmallar.

A lubina non ten vedas nin paros biolóxicos. A única limitación está nos 36 cm de lonxitude total de tamaño mínimo de extracción e comercialización.

O promedio de capturas, nos cinco últimos anos, da lubina Dicentrarchus labrax foi dun 7.870,49 kg/ano, o que representa un 3,02 % do total anual de capturas na lonxa de Baiona. Isto xerou, para o mesmo período, uns ingresos promedio de 84.202,91 EUR anuais.

A lubina é un luxo na cociña e debe cociñarse o máis fresco posible. A súa carne branca e compacta admite tantas preparacións como se desexe: asada, ao forno, barbacoa, á prancha. A finura da súa carne permite apostas atrevidas, como marinála en cru; e, como non, tamén a pode probar en caldeirada".

Ata fai ben pouco non se lle dera tanta importancia culinaria na península. Ten renome internacional a cocción en papillote, preparación que foi inventada polo cociñeiro do Papa León III no século VIII e que foi servida na coroación de Carlo Magno."

Para coñecelo mellor

A lubina, tamén coñecida como róbalo, é un peixe branco ou semigraxo que pertence á familia Percichthydae. É un peixe de gran tamaño, con corpo redondo, alongado, con cabeza puntiaguda, conta cunha boca ancha e a súa talla 40-80 centímetros.

A súa pel é de cor gris, o seu ventre é máis branco e canto máis novo sexa, máis puntiños negros podemos atopar no seu corpo. Ademais, conta cunha raia lateral ata a cola de cor negra que lle fai potenciar a sensibilidade para detectar vibracións e sons ao seu redor. É un animal que se alimenta de calquera peixe que atope, vermes, crustáceos, polbos e incluso de algas.

En Baiona este produto atópase facilmente pois, as lubinas adoitan habitar nas costas rochosas, en portos e mesmo, en augas salobres. As larvas adoitan estar en zonas estuarias durante o primeiro e segundo ano de vida. Debe terse en conta que as mellores épocas para a súa captura son a primavera e o outono.

Galería

Lubina

Localización

Localidade
Baiona
Concello
Baiona
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Produto pesqueiro
Eco-destino
Ría de Vigo
Contorna
Urbano
Relevancia
Rexional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
0 km

A visita

Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.11818400
Longitud
-8.84484700