O porto fluvial de Pontesures foi un dos portos máis antigos de Galicia, estaleiro da Armada de Castilla na loita contra sarracenos e normandos, e base do monopolio do comercio de sal no século XV. Lugar de paso e entrada desde tempos inmemoriais, en Pontecesures atopáronse pegadas de fenicios, gregos, cartaxineses e o Imperio Romano.
A pesar de non ter mar, Pontecesures foi unha potencia marítima. Están documentadas relacións comerciais cos fenicios e cos cartaxineses desde arredor do século VI a. C. O porto fluvial de Pontecesures fixo as veces de porto exterior de Iria Flavia. Esta relación co mar continuou na Idade Media, cando o porto funcionou como estaleiro de barcos de guerra para a loita de Castilla contra os musulmáns. A orixe do seu nome está probablemente na ponte que construíu Roma entre as dúas beiras do río Ulla, navegable ata ese punto, e na palabra latina cesuris" e fai referencia a que, na época do Imperio Romano, era nesta vila onde se facían os censos de poboación. Polo cauce do río Ulla, segundo a lenda, chegaron a Galicia os restos do apóstolo Santiago. A ponte de dez arcos, que segue vertebrando hoxe esta zona, foi reformada na Idade Media polo Mestre Mateo, creador do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, e consolidada co seu aspecto actual a principios do século XX. En Pontecesures consérvanse catro castros: Castro Cortinallas, moi próximo ao río
O Castro, no barrio do mesmo nome e hoxe de propiedade privada