Skip to main content

Nautic Destination

Pontevedra. Ponte romana Ponte Sampaio. Batalla de Sampaio

Sobre este patrimonio

A ponte romana de Ponte Sampaio é unha ponte de orixe medieval que dá nome á parroquia pontevedresa onde se atopa, Pontesampaio. Une os termos municipais de Pontevedra e Soutomaior e está situada na desembocadura do río Verdugo. A ponte sufriu modificacións e reconstruccións nos séculos XVI e XVII e a pesar da súa antigüidade na actualidade segue soportando o tráfico de vehículos. Por este lugar pasa o Camiño portugués cara Santiago de Compostela. Conta a lenda que esta ponte foi cruzada por Almanzor no 977, para seguir cara Compostela pola calzada romana da Canicouva. A ponte romana ten 144 metros de longo e está formada por dez arcos semicirculares e robustos tajamares que se apoian sobre rocha. Nos séculos X-XI a ponte era propiedade dos condes de Borgoña e as referencias desa época denomínana Ponte de San Paio de Lodo, xa que se di que nas proximidades se atopaba a lendaria fortaleza de San Paio de Lodo onde se enfrontaron os exércitos de Dona Urraca e o Arcebispo Gelmírez. Por aquel entón para poder cruzar o río pola ponte había que pagar un peaxe ata que coa chegada do Arcebispo Gelmírez rematou no século XII. A batalla de Sampaio foi a última batalla en Galicia contra o exército de Napoleón durante a Guerra de Independencia. Tivo lugar nesta ponte romana e ocorreu durante o 7 e 8 de xuño de 1809 e con ela finalizou a ocupación francesa de Galicia xa que o exército francés ao mando do mariscal Michel Ney, duque de Elchingen foi derrotado.

Para saber máis

A ponte romana de Ponte Sampaio é unha ponte de orixe medieval formada por dez arcos semicirculares que se atopa na desembocadura do río Verdugo. Preto da ponte atópase unha área recreativa formada por un parque infantil, merendeiro con mesas e campo de fútbol e unha praia fluvial á beira do río. Conta a lenda que esta ponte foi cruzada por Almanzor no 977, para seguir cara Compostela pola calzada romana da Canicouva. Ademais, nos arredores tamén se poden observar vivendas rústicas con motivos ornamentais como placas conmemorativas da batalla que alí tivo lugar. A batalla que alí tivo lugar é a batalla de Sampaio, un acontecemento onde se enfrontaron as tropas francesas de Napoleón comandadas por Ney e Soul contra o exército español e as milicias populares. En 1809 a finais de marzo en Galicia recuperáronse as prazas de Vigo, Tui e Pontevedra ata que o sexto corpo do exército francés se retirou. Pero uns meses máis tarde, o 7 e 8 de xuño, as tropas francesas volveron co obxectivo de recuperar o perdido e para iso tiñan que cruzar a ponte. As milicias que non posuían apenas armas de guerra, crearon uns troncos grosos que parecían canóns de verdade aos que chamaron "canón de pau" grazas aos que resistiron ata doce explosións que provocaron os disparos. Así, grazas ás milicias e ao empuxe popular lograron deter as tropas francesas e conseguir que se retiraran de forma definitiva. No ano 2009 celebrouse o douscentos aniversario desta batalla.

Para coñecelo mellor

Pontesampaio ou Ponte Sampaio é unha parroquia de Pontevedra cuxo nome provén da ponte do concello no río Verdugo. Esta infraestrutura, de orixe medieval, une os termos municipais de Pontevedra e Soutomaior. Ademais, aquí foi onde Galicia e o exército de Napoleón libraron a última batalla durante a Guerra da Independencia. Ocorreu os días 7 e 8 de xuño do ano 1809 e, con ela, derrotouse definitivamente ao Sexto Corpo do exército francés, finalizando, deste modo, a ocupación gala de Galicia. A derrota foi grazas a heroes e heroínas de Pontesampaio que, xunto coas tropas do exército español, destruíron parte da ponte para cortar o seu acceso e impedir o avance dos franceses. Situada ao noroeste da Península Ibérica, Pontevedra é unha cidade administrativa, monumental, turística e de servizo. Urbe de arte e historia, conta cunha zona monumental que, tras a de Santiago de Compostela, é a máis importante de Galicia.

Galería

Pontevedra. Ponte romana Ponte Sampaio. Batalla de Sampaio

Localización

Localidade
Ponte Sampaio ( Santa María)
Concello
Pontevedra
Provincia
Pontevedra
País
España

O ben

Tipo
Ponte
Eco-destino
Ría de Pontevedra
Contorna
Rural
Relevancia
Internacional

Como chegar

Acceso
Por mar Por terra
Distancia
1,100km

A visita

Visitábel
Si
Accesible
No
Aparcadoiro
No

Coordenadas

Latitud
42.34623200
Longitud
-8.60682200