O oficio tradicional de redeira ou atadeira, iniciábase en idades moi temperás e vinculado principalmente ás mulleres. As nenas aprendían das súas nais a destreza do atado e reparación das redes. O progreso deste aprendizaxe personificábase cando pasaban a traballar fóra de casa, nas chabolas dos peiraos.
Os cambios na materia prima dos fíos: cáñamo, liño, nylon e sedal de plástico determinaron a historia e evolución das artes das redeiras.
As redeiras do Baixo Miño Atalaia desenvolven a súa actividade profesional nunha caseta na Nave de Redes dentro do porto de A Guarda. Están especializadas na confección, armado, preparación e mantemento de diferentes artes e aparellos de pesca como Artes Menores, Lampreiras e Sableiras.
Para diversificar o seu labor tamén traballan realizando dous tipos de actividades como talleres escolares divulgativos onde se dan a coñecer os oficios do mar de A Guarda e a importancia que teñen para o desenvolvemento económico na zona. Os talleres realízanse na Nave de Redeiras da propia asociación e tamén nos propios centros educativos. Outra das actividades que realizan son as visitas para turistas e público en xeral cuxo fin está centrado en dar a coñecer ao público o traballo, oficio, cultura e tradición das redeiras. O punto de encontro é a propia caseta de traballo da asociación. A visita á Nave das Redeiras permite coñecer este traballo artesanal, cos seus diferentes tipos de redes e de usos, o reciclaxe de materiais, poñendo en valor o labor destas artesás. O espazo dispón de fotografías e outro material gráfico ben como elementos reais utilizados polas redeiras na súa exposición permanente.
É interesante coñecer tamén os produtos de artesanía realizados utilizando técnicas artesanais propias do seu traballo, pero adaptadas a complementos persoais como bolsos, bragas de pescozo, colgantes, pendentes, broches e tocados os cales están identificados co distintivo de Artesanía de Galicia.
A Asociación de Redeiras do Baixo Miño está anexada á Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao" creada en 2004 logo dunha procura de contactos doutras redeiras das diferentes localidades desde 2002. O labor realizouse preguntando directamente nas confrarías e á xente do pobo para que lles informaran onde traballaban estas redeiras. Cada unha das asociacións foron creándose no transcurso de varios encontros e, ao asociarse, lograron cambiar a súa situación laboral. Conseguiron novos locais de traballo, adecuouse a formación específica, obtívose información laboral e fiscal e xuntas traballan nesta federación con uns obxectivos comúns: dignificar a súa profesión e sacar ás profesionais redeiras da situación de case invisibilidade na que se atopaban ata agora.
Para diversificar o seu labor tamén traballan realizando dous tipos de actividades como talleres escolares divulgativos onde se dan a coñecer os oficios do mar de A Guarda e a importancia que teñen para o desenvolvemento económico na zona. Os talleres realízanse na nave de Redeiras da propia asociación e tamén nos propios centros educativos. Outra das actividades que realizan son as visitas para turistas e público en xeral cuxo fin está centrado en dar a coñecer ao público o traballo, oficio, cultura e tradición das redeiras. O punto de encontro é a propia caseta de traballo da asociación. É interesante coñecer tamén os produtos de artesanía realizados utilizando técnicas artesanais propias do seu traballo, pero adaptadas a complementos persoais como bolsos, bragas de pescozo, colgantes, pendentes, broches e tocados os cales están identificados co distintivo de Artesanía de Galicia."
As Redeiras son mulleres que desenvolven diferentes tarefas relacionadas coas redes, o mar e a pesca. Tradicionalmente, o traballo do mar era levado a cabo por homes, por mariñeiros. Con todo, pouco a pouco, ao igual que en todos os oficios, a muller foise incorporando a este sector para demostrar que é igual de capaz que os homes para desenvolver toda clase de traballos.
A pesca sempre tivo moita importancia no crecemento do pobo de A Guarda. En Galicia, hai unhas 711 Redeiras, un gran número, especialmente se se compara co resto de España, onde suman un total de 883. Na provincia de Pontevedra, o municipio de A Guarda conta coas Redeiras do Baixo Miño Atalaia, exportan as súas artes a varios países. O colectivo está formado por 9 mulleres. Elas encárganse de reparar, crear e conservar os útiles que os profesionais do mar necesitan para pescar e mariscar. Arman toda clase de redes de baixura. Son redeiras profesionais que, co método de facer unha rede, dedícanse á artesanía. Realizan diferentes cursos onde dan a coñecer aos asistentes os diferentes tipos de redes que se poden elaborar e as artes de pesca que existen na actualidade. Ademais, a través da creación dunha asociación, puxeron á disposición do público unha completa colección de fotografías e diverso material gráfico sobre as súas técnicas, así como unha pequena exposición de ferramentas e utensilios que requiren para realizar o seu traballo.