Cabo Estay é un dos puntos máis occidentais do Concello de Vigo. Localízase na parroquia de Oia e caracterízase pola presión urbanística a pé de costa dos últimos anos. A súa orientación ao oeste e a súa ubicación privilexiada cara á saída da ría, fan deste punto, un lugar inmejorable en canto a vistas sobre o Océano e as Illas Cíes.
Ademais das urbanizacións, no mesmo cabo, localízase o Instituto Oceanográfico de Vigo, un radio faro que conforma un conxunto de sinalizacións, xunto con outro das mesmas características; localizado un pouco máis ao interior e pegado á coñecida como autovía
que une Vigo e Baiona pola costa. Moi preto da punta atópase o campo de fútbol de San Miguel de Oia.
Con todo, Cabo Estay destaca por ser unha das zonas xeolóxicas de creación máis antigas da comunidade galega. Alí atopámonos cunha pequena mina antiga que constitúe un xacemento geoarqueolóxico único no seu xénero por varios motivos: o primeiro deles sitúa tanto a escobreira, como as mineralizacións minadas á vista
por efectos da erosión. Algo que non é habitual, ao igual que contar cunha secuencia estratigráfica completa, o que constitúe o ciclo de vida da mina