Vilaxoán é un pobo mariñeiro, hoxe integrado no Concello de Vilagarcía de Arousa. Cara ao ano 1900, grazas á abundancia e exquisitas condicións das rías de Galicia; arriban ás costas galegas os industriais cataláns que, atraídos polas numerosas variedades de peixes e mariscos das costas galegas, introducen de novo a industria da salgadura. Pronto esta industria deriva na actual conserva, onde non só entran a sardiña e a xouba, senón tamén outras moitas variedades de peixes e mariscos. É no ano 1946 cando xorde un fenómeno transcendental para a ría de Arousa que, máis tarde continuará estendéndose por outras zonas do litoral galego: o cultivo do mexillón a flote. Lánzanse ao mar os primeiros "viveiros flotantes de mexillón", xa que aquí radicaba e radica a industria marisqueira do introductor e pioneiro do artefacto, o Marqués de Aranda e Señor de Rubianes, don Alfonso Ozores e Saavedra. Esta industria proliferou enormemente en toda a ría de Arousa, dando aos polígonos da súa instalación, o aspecto de verdadeiras escuadras. O período de maior esplendor comercial, entre 1.798 e 1.850, contabilizou en Vilaxoán preto de vinte fábricas dedicadas ao tratamento e comercio da sardiña. Entre os apelidos cataláns que por aqueles anos se instalaron nestas costas do Salnés, cabe destacar os Martí, Pou, Ricart, Tapias, Sabriá, Mascató, e Curt. Vilaxoán foi sempre pioneira en todo tipo de negocio polos cataláns, sendo os que entón eran os concellos de Vilagarcía e Carril, menos activos, a pesar da notable importancia do porto de Carril. Esa imaxe de pujanza forma parte da historia. O que noutros tempos foron centros industriais cunha febril actividade empresarial, hoxe son ruínas: Malveira, Fundiciones Alemparte, Baltar, de Noroeste SA, Mequinsa ou Gil, foron algúns dos seus exemplos. A nave de Peña quedou en mans de Alfageme e logo pechou; ou máis recentemente Cuca, vendida ao grupo vasco Garavilla que trasladou a actividade a O Grove e pechou a fábrica matriz. As conserveras que operan na comarca a día de hoxe ubícanse en Vilanova de Arousa, Carril, Ribadumia e Vilagarcía.
Vilaxoán pagaba aos seus mariñeiros un salario de 4 reais e medio polo traballo da pesca da sardiña día e noite. O período de maior esplendor comercial desta localidade deuse entre os anos 1.798 e 1.850, onde se chegaron a contabilizar preto de vinte fábricas dedicadas ao tratamento e comercio da sardiña. Un século atrás, os concellos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril uniron os seus destinos. Por aquel entón, o porto carrilexo era un referente en Galicia do que saían barcos cargados de emigrantes para América e no que desembarcaban todo tipo de produtos chegados por mar. Todo iso deu lugar ao asentamento na vila -a primeira galega con liña férrea- dun importante número de fábricas e empresas. A West tería sido posible de non existir os avances tecnolóxicos e loxística. A familia Buhigas, ao igual que outras catalás, non só desenvolve a industria da salgadura, senón que se dedica tamén á importación doutros produtos (xabón, aceite, licor, viño, ferro, brea, etc.), e participa da vida pública. En 1.834, Salvador Buhigas é procurador síndico xeral en Vilaxoán, representando ao resto das factorías para queixarse ante o goberno de súa Maxestade polo elevado prezo do sal. De entre todos os negociantes cataláns que chegaron ao que hoxe é o municipio de Vilagarcía, destacan, con moito, Fidel Curt e Tomás Martí, ambos de Vilaxoán. Entre os apelidos cataláns que por aqueles anos se instalaron nas nosas terras destacan tamén Pou, Ricart, Tapias, Sabriá e Mascató. Os conserveiros cataláns converteron Vilaxoán, a finais do século XVIII, nunha potencia industrial de primeira magnitude, primeiro coa salgadura e logo coa conserva. Esas industrias quedaron posteriormente en mans de empresarios locais que mantiveron o pulo durante unhas décadas, pero que logo pecharon ou venderon as súas fábricas a investidores foráneos que, co tempo, demostraron que entre os seus intereses non estaba asentarse na vila. A partir de 1940, Don Alfonso Ozores, Marqués de Aranda, co seu profundo estudo sobre mitilicultura, desenvolve por iniciativa propia varios ensaios para a cría do mexillón a flote, como o uso de empalizadas, ata que en 1946 se decide polo sistema usado en Barcelona. Eran ao principio unhas "bateas" rudimentarias, para as que se empregaban cascos de barcos vellos ou tonéis, pero pouco a pouco foron perfeccionándose ata lograr os actuais viveiros metálicos, patentados por unha empresa de construcións metálicas, "Atlántica, S.L.", presente na localidade mariñeira. Moi pronto, esta industria estenderíase polas demais rías galegas, dando lugar á lenda: "Se un negocio lle vai ben ao veciño, a montar outro igual...". Con todo, o interese e as circunstancias do negocio dos conserveiros, sumados á miseria e á vista xorda das autoridades de posguerra en canto á extracción de moluscos das praias, levaron a unha etapa de explotación sen límites dos recursos marisqueiros. Tras a Guerra viñeron décadas de aproveitamento descontrolado porque as penurias levaron ao marisqueo masivo, animado pola demanda da industria conserveira, e facilitado porque as autoridades encargadas de controlar o respecto ás vedas ou o marisqueo furtivo mostraronse impotentes ou preferiron mirar para outro lado. Grazas ao cooperativismo, o intenso movemento industrial e comercial do mexillón xunto coa nova normativa sobre sanidade do marisco para exportar, deriva na instalación de dúas depuradoras no porto, unha delas a máis importante de Europa. Montáronse tamén interesantes cetáreas, que fan factible que, en calquera época do ano, se poidan saborear os exquisitos mariscos da ría, xa que o mar segue fomentando industrias, e así, hai anos, xurdiu a importante "Compañía Industrializadora del Bacalao", que distribúe, con constantes demandas, os seus produtos por toda a xeografía española e estranxeira. Hoxe, os locais apenas poden lembrar aquel esplendor vendo as ruínas da conserveira Malveira. Nada queda do que foi Fundiciones Alemparte, da conserveira de Baltar, de Noroeste SA, de Mequinsa ou de Gil. Como honrosa excepción que confirma a regra, segue traballando Fundiciones Rey, que deu os seus primeiros pasos en Carril, aínda que agora teña a fábrica en Rubiáns. Daquela pujanza de antano non quedan nin os restos, porque nos solares que antes ocupaban as industrias levantáronse agora urbanizacións residenciais. A nave de Peña, que quedou en mans de Alfageme e logo pechou, ou máis recentemente Cuca, vendida ao grupo vasco Garavilla que trasladou a actividade a O Grove e pechou a fábrica matriz. Como símbolo daquel esplendor que hoxe é ruína quedan as pedras espidas da Atlántica, que na Segunda Guerra Mundial foi unha moderna e pioneira fábrica química.
Vilaxoán é unha localidade do municipio do Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Destacou desde hai moitos anos pola súa industria das conservas e por conservar, a día de hoxe, o Pazo de Sobrán e o Pazo do Rial. A finais do século XVIII e principios do XIX, Vilaxoán era un concello propio e foi alcanzado polos empresarios cataláns para crear salgaduras (onde utilizaban a técnica da salgadura para conservar alimentos durante máis tempo) e para crear fábricas conserveiras. Con todo, en 1913, Vilaxoán uníuse a Vilagarcía de Arousa e perdeu tanto empresas como a súa propia condición de administración local. Vilaxoán contaba con empresas como Conservas Peña, que pertenceu ao grupo Alfageme, a conserveira Costas e Miñán e Atlántica S.L. Actualmente, atópanse abandonadas e son propiedade da Consellería de Economía.